Masonaría

A masonaría, masonería, francmasonaría ou francmasonería é unha organización que se autodefine como de carácter iniciático, filantrópico e filosófico.

Os seus membros e simpatizantes sosteñen que ten como obxectivo a procura da verdade e fomentar o desenvolvemento intelectual e moral do ser humano. Os masóns, tanto homes como mulleres, organízanse en estruturas de base denominadas loxas que, á súa vez, poden estar agrupadas nunha organización de ámbito superior normalmente denominada "Gran Loxa", "Grande Oriente" ou "Gran Priorado". Aparecida en Europa entre finais do século XVII e comezos do XVIII, a masonaría moderna ou "especulativa" foi descrita a miúdo como un sistema particular de moral ilustrada por símbolos. Preséntase a si mesma como unha ferramenta de formación, cun método particular que, baseado no simbolismo da construción, permite aos seus membros desenvolver a súa capacidade de escoita, de reflexión e de diálogo, para transmitir estes valores á súa contorna.

Masonaría
Logo
Masonaría
Tipogrupo social e Fraternidade
Data de fundación1717
Nomeado en referencia aliberdade e albanelaría
editar datos en Wikidata ]
Masonaría
Iniciación á francmasonaría.

A historia institucional da masonaría presenta numerosas disidencias, cuxas principais causas, con importantes matices e derivacións, están relacionadas coa admisión da muller na masonaría, a cuestión das crenzas relixiosas ou metafísicas, a natureza dos temas tratados ou a forma de traballar das loxas, así como coas bases sobre as que se fundamenta a regularidade masónica. A existencia de distintos puntos de vista sobre estes e outros temas deu lugar ao desenvolvemento de distintas pólas ou correntes masónicas, que a miúdo non se recoñecen entre elas. Moitos personaxes da historia foron membros desta organización, por exemplo Mozart, Washington e outros moitos personaxes que tamén chegaron a formar parte dalgunha Loxa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Masonaría NotasMasonaría Véxase taménMasonaríaEuropaFilosofíaSéculo XVIISéculo XVIII

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lucas VázquezBelén do Campo PiñeiroDeportivo da CoruñaClub Deportivo ArenteiroShinovaBarcelonaCanle (enxeñaría)IemenTenda en liñaPobo galegoSevillaPardo de CelaEspañaAbeleiraMatriz cadradaA memoria da choivaXabier DíazCanle (comunicación)AlgoritmoRefraneiro galego sobre o mes de maioCifras e letrasAlexandre BóvedaManuel FragaCill GhallagáinCarrizo (paxaro)Eva MejutoEduardo Blanco AmorLista de nomes masculinos en galego1994A Illa, EntrimoISO 3166-1Posición do canGoretti SanmartínPaulino PereiroCohesiónVilar de Infesta, RedondelaLuis García-ReyCastelo da PicoñaEsther Baamonde DíazIasir ArafatAníbal MalvarXabier DeiveLista de presidentes dos Estados Unidos de AméricaIria MisaPrehistoriaLugares de TaboadaManuel MaríaMediaWikiAntonio LombaPauliñaMéxicoJosé López CamposNoelia ReyManuel Gallego VilaAermacchi MB-326Lista de ríos de GaliciaAlemañaVilarbuxán, Vilarbuxán, BóvedaAustralian Broadcasting CorporationO divino saineteConxunción (gramática)Trasar de Carballo, Cartelos, CarballedoCarlos III de EspañaISBNTaylor SwiftCarlo AncelottiMoisés Rodríguez PérezCarlos MoyáCarlos CasaresFernando de Casas NovoaRocco SiffrediRichard WagnerLos ChichosNós DiarioPolca🡆 More