Rafaela Hervada Carnerero, nada na Coruña o 24 de xullo de 1917 e finada na mesma cidade o 26 de febreiro de 2010, foi unha avogada e directora de radio galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1917 A Coruña, España |
Morte | 26 de febreiro de 2010 (92 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogada |
Lingua | Lingua castelá |
Filla de Francisco Hervada García Sampedro, un home de negocios coruñés que creou en 1934 a emisora Radio Coruña, a primeira da cidade. En 1942 rematou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, sendo a primeira muller que se licenciou en Dereito na Coruña, e unha das primeiras en toda Galicia.
Á morte do seu pai Pancho Hervada en 1964 fíxose cargo da dirección de Radio Coruña, converténdose na primeira directora dunha radio en España. Dirixiu a emisora ata 1989, cando decidiu deixar paso ao seu sobriño Ángel Gómez Hervada.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Rafaela Hervada Carnerero, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.