Serra Do Courel

7°10′00″O / 42.58333, -7.16667

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga.

Serra Do Courel
Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós, no concello de Quiroga na serra do Courel.

Topónimo

A etimoloxía é descoñecida aínda que semella ter unha orixe galaica. Algúns relaciónano co latín: quadru, quadra a partir do diminutivo quadrellu, quadrella que dá o portugués courelo: ‘nesga de terra de cultivo’. Mais está documentado o topónimo Courel dende o ano 1000. Por iso considérase que podería ser unha voz prerromana ligada á orografía.

Localización e características

Ten unha extensión de 21 020 ha con fortes variacións de altitude, que van dende os 400–500 m no val do río Lor a máis de 1600 m nos puntos máis altos como monte Montouto, monte Formigueiros (1643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galiza. A poboación da zona é escasa e está moi esparexida, de xeito que os núcleos de poboación son moi numerosos e pequenos.

Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país.

Estas terras foron un gran referente nas obras de Uxío Novoneyra, poeta e escritor natural de Parada de Moreda.

"Terra de Caurel, aspra e forte, de inxente beleza... Terra brava de lobos e águias; terra outa de fragas e devesas." Á lus do candil, Ánxel Fole.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Serra Do Courel TopónimoSerra Do Courel Localización e característicasSerra Do Courel Galería de imaxesSerra Do Courel NotasSerra Do Courel Véxase taménSerra Do CourelCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CornizóIsambard Kingdom BrunelMúsculo lisoPiñeiroBearizMarcello BertinettiCorallium rubrumMúsicaFariseoCabassous unicinctusPigmento biolóxicoSabuguido, Vilariño de ConsoBen-Hur (filme de 1959)Melanie GriffithRoberto II de FranciaMukhannathunComunicación celularCronoloxía da segunda guerra mundialRamiro CarregalOriente MedioFosfatidilglicerolArvicola amphibiusAs Pontes de García RodríguezXabier DeiveLevantamento Kerenskii-KrasnovQuenllaLingua alemáColombiaSteven AdamsMuxe'Lista de episodios de DoraemonBon JoviJan Baptista van HelmontRaleigh, Carolina do NorteGrafenoLogaritmoRibocimaIllas GalápagosXoves SantoADN polimeraseLista das aves de GaliciaManzanedaGallus gallus domesticusEvoluciónLinguas románicasPatacaPegaAmhrán na bhFiannCobaiaHistoria da filosofía occidentalPolpa dentariaGran Premio de Bahrain de 2018Aglais urticaePeixes serraAntioquíaÁcido behénicoRichard SerraMarta DarribaHonoluluPobo galegoCamarón de areaXeoloxíaAmeixónAletaFinancial TimesEd O'BrienFroita silvestreWalt WhitmanDistritos de PortugalA MecaAntigo ExiptoHindemburg Melão Jr.EtanolCelastrina argiolusBloque Nacionalista GalegoLista de nomes femininos en galegoP🡆 More