Folgoso Do Courel: Concello da comarca de Quiroga, na provincia de Lugo

Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga.

Segundo o IGE en 2022 tiña 985 habitantes (1310 no 2006, 1346 no 2005, 1397 no 2004, 1448 no 2003). O xentilicio é «courelao».

Modelo:Xeografía políticaFolgoso do Courel
Folgoso Do Courel: Poboación, Xeografía, Patrimonio arqueolóxico
Folgoso Do Courel: Poboación, Xeografía, Patrimonio arqueolóxico
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 42°35′20″N 7°11′43″O / 42.588888888889, -7.19527777777787°11′43″O / 42.588888888889, -7.1952777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalFolgoso do Courel Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.004 (2023) Editar o valor em Wikidata (5,2 hab./km²)
Xeografía
Superficie193 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude612 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataDolores Castro Ochoa Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Folgoso do Courel Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27017 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27017 Editar o valor em Wikidata

Poboación

Poboación 985 (2022) Total (Var. 2021) % (Var.2021)
Menores de 16 48 (+2) 4,87% (+0,22)
16-64 513 (-10) 52,08% (-0,8)
Maiores de 64 424 (+4) 43,04% (+0,56)

A poboación do concello de Folgoso do Courel é eminentemente avellentada cunha idade media de 57,62 anos. Pola contra, a idade media minguou no último lustro en 0,54 anos e a poboación menor de 16 anos pasou de ter un mínimo de 31 censados no 2016 a 48 no 2022-

Folgoso Do Courel: Poboación, Xeografía, Patrimonio arqueolóxico
Evolución da poboación de Folgoso do Courel   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.413 5.785 5.479 2.191 1.397 1.233 1.211 1.160 1.136 1.106 1.089 1.060 1025 1.018 1.024 1.007 989
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1643 m) ou Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.

Patrimonio natural

Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.

A sima de Aradelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seoane), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Seoane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.

Patrimonio arqueolóxico

No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.

Da época da romanización de Galicia consérvase unha Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.

Corporación Municipal

Resultados das eleccións municipais no concello de Folgoso do Courel:

ELECCIÓNS MUNICIPAIS FOLGOSO DO COUREL 1983-2019
1983 1987 1991 1995 1999 2003 2007 2011 2015 2019
PPdeG 1 (15,44%) 5 (40.37%) 6 (48.40%) 5 (47.28%) 4 (42.41%) 3 (37.43%) 4 (38.27%) 5 (54.25%) 5 (50.49%) 5 (52.53%)
PSdeG 6 (50,63%) 4 (35.34%) 4 (38.59%) 4 (45.04%) 5 (51.88%) 5 (49.29%) 5 (51.68%) 4 (37.82%) 3 (35.89%) 2 (25.93%)
CG 4 (33,93%)
IG-Courel Vivo 1 (13.08%) 2 (21.21%)
BNG 0 (7.68%) 0 (5.71%) 1 (13.2%) 0 (9.4%) 0 (7.56%)
CPG/CNG 2 (19.51%) 1 (12.01%)

Galería de imaxes

Lugares de Folgoso do Courel

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Folgoso do Courel vexa: Lugares de Folgoso do Courel.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Folgoso do Courel

Esperante (San Pedro) | Folgoso do Courel (Santa María) | Hórreos (San Pedro) | Meiraos (Santa María) | Noceda (San Pedro) | Seceda (San Silvestre) | Seoane do Courel (San Xoán) | Vilamor (San Vicente) | Visuña (Santa Eufemia)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


Folgoso Do Courel: Poboación, Xeografía, Patrimonio arqueolóxico 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Folgoso Do Courel PoboaciónFolgoso Do Courel XeografíaFolgoso Do Courel Patrimonio arqueolóxicoFolgoso Do Courel Corporación MunicipalFolgoso Do Courel Galería de imaxesFolgoso Do Courel Lugares de Folgoso do CourelFolgoso Do Courel ParroquiasFolgoso Do Courel NotasFolgoso Do Courel Véxase taménFolgoso Do Courel20032004200520062022Comarca de QuirogaIGEProvincia de LugoXentiliciowikt:courelao

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

David MellaCidade do VaticanoLekunberriMXohán Xabier Baldomir CabanasNiloA ira dos mansosGrupo de teatro O FachoPablo PicassoJuana AcostaFernando Salgado GarcíaFiorella FaltoyanoMiguel Anxo BastosVerme da sedaAsunta Basterra PortoLista de nomes femininos en galegoEstragónUniversidade de Santiago de CompostelaSabugueiroMela CasalMiley CyrusPedro ChoscoSilvia SuperstarHelia GonzálezTuiRoberto SalgueiroAC-413Fragas do EumeHannah ArendtMario CaneiroPalas de ReiNoiaGheadaIsabel PantojaAlbert EinsteinGuillermo del ToroShishuo xinyuJosé Antonio Primo de RiveraSantiago de CompostelaXapónAbraham PérezErros e TánatosMediaWikiLa RegiónSegunda división española de fútbolCinema pornográficoCayetana Guillén CuervoDonicelaLingua inglesaTeoManuel MurguíaMemorias dun neno labregoAliança CatalanaLingua piemontesaSelección de fútbol de GaliciaTeixeiro, Curtis, CurtisFrancisco RabalSéculos EscurosRonda de NelleMiguel Ángel Zabalza BerazaLuka ModrićA Pobra do CaramiñalCanle (enxeñaría)Eudoxo de CnidoCarlos García BayónMarta Fernández-TapiasMoisés Rodríguez PérezGame Boy AdvanceLola FloresDomingo García-SabellIsmael RamosJosé Manuel García-MargalloMúsica dos países islámicosChe GuevaraLU-170🡆 More