Samos: Concello da comarca de Sarria, na provincia de Lugo

Samos é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria.

Segundo o IGE en 2014 tiña 1.458 habitantes (1.820 no 2006, 1.897 no 2005, 1.923 no 2004, 1.999 no 2003). O xentilicio é samanense.

Modelo:Xeografía políticaSamos
Samos: Demografía, Localización, Historia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 42°43′51″N 7°19′36″O / 42.7307, -7.32667°19′36″O / 42.7307, -7.3266
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalSamos Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.210 (2023) Editar o valor em Wikidata (8,86 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie136,6 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude700 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataMaría Xesús López López Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Samos Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27000–27999 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27055 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellosamos.es Editar o valor em Wikidata

Demografía

Censo total (habitantes) 1.458 (2014)
Menores de 15 anos 66 (4.53 %)
Entre 15 e 64 anos 803 (55.07 %)
Maiores de 65 anos 589 (40.4 %)
Samos: Demografía, Localización, Historia

Localización

Limita ao norte co concello de Láncara; ao sur cos do Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón; ao leste cos de Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel e ao oeste cos de Sarria e O Incio. Pertence ao partido xudicial de Sarria e á diocese de Lugo.

Samos atópase nos contrafortes das serras orientais de Galiza, montes de Lóuzara, Serra do Oribio e Montes da Albola. O relevo é moi accidentado; a altitude media é superior aos 700 m. e máxima está no Oribio, a 1.443 m. O río Sarria, afluente do Miño, drena a vertente occidental e polo leste baixa o río Lóuzara cara ao Lor e posteriormente o Sil. Poden apreciarse tres zonas ben diferenciadas: a central, zona de asentamento das poboacións máis importantes; a zona norte, máis aberta e con terras en pendente e suaves lombas, e Lóuzara, a zona sur, cunha paisaxe bravía chea de montañas e vales.

A oscilación térmica é grande, uns 13 °C: o clima é frío no inverno e xea con frecuencia. As precipitacións van desde os 900 aos 1.500 mm.

O concello esténdese sobre 136,77 km² e a cidade máis próxima é Lugo, a 43 km.

Historia

Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.

En época sueva Martiño de Dumio fundou o mosteiro, ao que está ligada toda a historia de Samos. O nome provén de Samanos, que posibelmente fai referencia a un lugar habitado por unha comunidade relixiosa. O mosteiro abandonouse brevemente arredor do ano 714 até que Froila I llo asignou ao abade Arxerico. Nel pasou a súa adolescencia o futuro rei Afonso II o Casto após o asasinato do seu pai, Froila I, no ano 768.

Os dominios do mosteiro fóronse ampliando, especialmente desde que o papa Alexandre III lle concedeu unha bula no ano 1175 outorgándolle dereitos e rendas sobre 105 igrexas de todo o reino. Nos séculos XVII e XVIII leváronse a cabo numerosas obras nel, dándolle a súa arquitectura actual.

Economía

Desde comezos do século XX, Samos perdeu o 70% da súa poboación, especialmente entre 1940 e 1980. O 85% dedícase á agricultura, fundamentalmente a gandería, con vacas e tamén porcos e ovellas.

Patrimonio histórico e artístico

Desde hai tempo, moitos peregrinos desvíanse do camiño de Santiago entre Triacastela e Sarria para visitar o Mosteiro de San Xulián de Samos.

Próxima a este está a capela do Salvador, construída a finais do século IX con influencia mozárabe.

Festas e celebracións

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Samos

Castroncán (Santa Marta) | Estraxiz (Santiago) | Formigueiros (Santiago) | Freixo (San Silvestre) | Frollais (San Miguel) | Gundriz (Santo André) | Loureiro (Santa María) | Lousada (San Martiño) | Montán (Santa María) | Pascais (Santalla) | Reiriz (Santo Estevo) | Renche (Santiago) | Romelle (San Martiño) | Samos (Santa Xertrude) | San Cristovo de Lóuzara (San Cristovo) | San Cristovo do Real (San Cristovo) | San Mamede do Couto (San Mamede) | San Martiño do Real (San Martiño) | San Xil de Carballo (San Xil) | San Xoán de Lóuzara (San Xoán) | Santalla (San Xosé) | Suñide (Santa María) | Teibilide (San Xulián) | Zoó (Santiago)

Lugares de Samos

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Samos vexa: Lugares de Samos.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Samos DemografíaSamos LocalizaciónSamos HistoriaSamos EconomíaSamos Patrimonio histórico e artísticoSamos Festas e celebraciónsSamos Galería de imaxesSamos ParroquiasSamos Lugares de Samos NotasSamos Véxase taménSamos20032004200520062014Comarca de SarriaIGEProvincia de LugoXentiliciowikt:samanense

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TeléfonoFranciaRede privada virtualCastelo de PambreFragas do EumeBubelaAnxo AngueiraXosé Antonio TouriñánTeixeiro, Curtis, CurtisVigo1890ArxentinaTelevisión de GaliciaRomán Rodríguez GonzálezClint EastwoodPosicións sexuaisIrmandiñosXXXTentacionLista de cidades de IsraelTaylor SwiftJavier CamuñasMichael DouglasFederico García LorcaLingua inglesaJosé Galera MorenoLie ZiThe ArtistXogo da chaveIria Carreira PazosCLIP (inmunopéptido)PegaVimianzoCastañolaAriadna GilVerónica ForquéA viaxe de ChihiroGacelaIker CasillasOs EoasMaría do Socorro Ortega RomeroBibiana FernándezTotó GarcíaDios ke te crewAranésCarme ChacónCaso Asunta BasterraErnesto ChaoCanle (comunicación)Ricardo BeirasA Pobra do CaramiñalManuel LourenzoLista de WikipediasMartiño de DumioSabugueiroCarlos CasaresChe GuevaraEstrella GaliciaSimón BolívarLorbé, Dexo, OleirosCoordenadas xeográficasConcellos de GaliciaShakiraAdriana LastraApp Store (iOS)Jorge LorenzoAlfonso RuedaDaniel de la TorreRomárioWikiRiro KāingaPadre CasaresDiego González RivasRafael Rodríguez VillarinoTeresa García-Sabell🡆 More