Bula

Unha bula é un documento selado con chumbo sobre asuntos políticos ou relixiosos.

No segundo caso, se está autentificada co selo papal, recibe o nome de bula papal ou bula pontificia. O nome bula procede do latín bulla, termo que fai referencia a calquera obxecto redondo artificial, e nun principio utilizábase para referirse á medalla que portaban ó pescozo, na Roma Antiga, os fillos das familias nobres até o momento en que vestían a toga.

Bula
Bula do papa Urbano VIII co selo (bula) de chumbo.

Xeralmente chámase bulas ós documentos pontificios que son expedidos pola Chancelería Apostólica papal sobre determinados asuntos de importancia dentro da administración clerical e mesmo civil, constituíndose nun dos instrumentos máis estendidos nos que se fundamenta e expande a autoridade do pontífice.

Desde un punto de vista formal, a bula é solemne e moi característica. Levaba un selo de chumbo cunha cruz no centro e unha representación de San Pedro e San Pablo, mentres que no reverso incluíase o nome do Papa do momento da súa publicación e o ano do pontificado. Normalmente envíase ó arcebispo da diocese, quen á súa vez a fará chegar á parroquia. Está escrita en latín e se aparece en castelán é pola tradución feita desde o arcebispado; nese caso considérase unha copia.

En canto ó seu contido, as bulas expresan diversos mandatos en materia de ordenanzas e constitucións, condenacións doutrinais, concesión de beneficios, xuízos da Igrexa, decretos de indulxencias, de señoríos eclesiásticos etcétera.

Cando a bula é de extensión e/ou importancia menor denomínase breve.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Bulla (amuleto)PapaRoma AntigaToga (vestimenta)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Amancio OrtegaEster ExpósitoDaniel Castro GarcíaZanfonaO Barco de ValdeorrasAndorraFrancisco Porto MellaJosep CarrerasFran AlonsoOs EoasFernando AramburuReal Academia GalegaAlexandre BóvedaPremios Follas Novas do Libro GalegoInterrogación retóricaDaniel DigesLeninMarta DarribaMedalla da Folga de FameMar MediterráneoBubelaCerdedo-CotobadeHaruki MurakamiEsmeralda CervantesFala de EstremaduraBaloncesto nos Xogos OlímpicosXabier DíazSalgueiroMovemento de independencia da IndiaPaís VascoAWStatsMoinanteAntiga CartagoEspañaSonsoles EspinosaDiego Rivas RegoAndrea MaceirasBreogánArantza PortabalesLista de etimoloxías dos concellos de GaliciaGalicia estremeiraXela AriasOurenseA memoria da choivaPaulino PedretReino suevoSydney SweeneyAmazonShinovaArturo RegueraAna María Fernández Martínez633Amy WinehouseSalvador IllaLista de programas de Televisión EspañolaDidelphis marsupialisJosé Luis GilInfinitivo conxugadoXosé FortesIdade do CobreMáquina de vaporLuís Pérez BarralA fiestra valdeiraParque Nacional das Illas AtlánticasNino BravoDeportivo da CoruñaRedondelaMaría VillamarínVilasantarCohesiónFrancisco Castro VelosoBatalla de CeriñolaAbruñoLicenza de documentación libre de GNU🡆 More