Vilasantar é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Ru | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.232 (2023) (20,75 hab./km²) | ||||
Xentilicio | vilasantarés | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 59,36 km² | ||||
Altitude | 500 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Fernando Pérez Fernández | ||||
Eleccións municipais en Vilasantar | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15807 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15090 | ||||
Páxina web | dicoruna.es… | ||||
O concello de Vilasantar está situado no sur da Comarca de Betanzos, entre as cidades de Santiago, A Coruña e Lugo, a uns 40 km en liña recta das tres. Limita ao norte cos concellos de Curtis e Oza-Cesuras, ao oeste co concello de Mesía, ao leste co de Sobrado e ao sur co de Boimorto. A súa superficie é de 59,2 km². A capital é Ru.
Sitúase nunha zona de altitude media. A maior parte do concello sitúase entre os 400 e os 500 metros sobre o nivel do mar. O punto máis alto do concello atópase no Seixo, con 594 metros.
Ten grande importancia o río Tambre (que delimita a fronteira sur co concello de Boimorto) e os seus afluentes. Entre eles destacan o Cabalar e o río das Gándaras.
O clima de Vilasantar é temperado, con temperaturas suaves no verán e frías no inverno. As precipitacións son abondosas dende o outono á primavera. No inverno son frecuentes as xeadas e ocasionais as nevaradas.
Segundo o Instituto Nacional de Estadística, en 2018 tiña 1.225 habitantes, 645 homes e 580 mulleres. A poboación sofreu un descenso do 70% dende 1950, cando o concello contaba con 4.094 habitantes. No tocante ás vivendas, en 2011 había no concello 998 edificacións, a metade delas construídas antes de 1950, e delas, 267 anteriores a 1900.
Censo total 2018 | 1.225 habitantes |
---|---|
Menores de 16 anos | 72 (5.88 %) |
Entre 16 e 64 anos | 696 (56.82 %) |
Maiores de 64 anos | 457 (37.31 %) |
Evolución da poboación de Vilasantar Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.020 | 3.331 | 4.094 | 2.529 | 1.574 | 1.415 | 1.380 | 1.368 | 1.362 | 1.316 | 1.280 | 1.275 | 1.241 | 1.225 | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Da época prehistórica consérvanse numerosos megálitos e mámoas:
Da cultura castrexa consérvanse máis dunha ducia de castros como os de Ril, Vilariño, Follente, Armental ou o de As Corredoiras.
Da romanización hai restos do campamento romano da Ciadella, o máis extenso dos descubertos en Galicia, entre os concellos de Sobrado e Vilasantar. Ademais, hai evidencias de que a medorra de Fanegas albergou unha construción romana sobre a antiga mámoa. Nas proximidades do campamento atópase tamén a necrópole da Areosa.
No transcurso da Idade Media estas terras pertencían ao condado de Présaras, que tivo a súa orixe nas praessurae romanas, terras desertas ofrecidas aos colonos para que as cultivasen e poboasen.
A zona estivo fortemente vencellada ao mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes e ao mosteiro de Santa María de Mezonzo. A orixe deste último posiblemente estea na época dos suevos, pois a igrexa conserva dous capiteis do século VI ou VII e aparece en documentos latinos como mosteiro de Mosontio. A mediados do século X ingresou nel Pedro de Mezonzo, quen chegaría a abade e, posteriormente, a bispo compostelán. O mosteiro de Sobrado, pola súa banda, foi fundado polos condes de Présaras, Hermenexildo Aloitez e Paterna Gundesindez, en 952. O conde acabaría entrando no convento como monxe trala morte de Paterna. O fillo do matrimonio, Sisnando II, bispo de Iria Flavia, liderou a resistencia contra os viquingos na batalla de Fornelos.
Na Idade Moderna era numerosa a fidalguía, como testemuñan as diversas casas señoriais repartidas polo concello.
Vilasantar foi constituído como concello en 1834. A súa poboación foi medrando até 1950, cando empezou a descender por mor da emigración.
Foi unha zona de grande actividade durante a guerra civil española e a posguerra. En 1938 o alcalde e veciño de Présaras, Antonio Iglesias Corral, foi fusilado en Miraz, Friol.
Nos anos seguintes á guerra tivo presenza no concello o Exército Guerrilleiro de Galicia, así como o mítico "Foucellas", quen actuaba pola zona e viviu un tempo agochado na casa dunha curmá en Ru. Na parroquia de Mezonzo naceu o tamén guerrilleiro Manolito Bello.
No concello atópanse xacementos de varias épocas. Están identificados os seguintes:
Nome | Lugar | Parroquia | Tipo |
---|---|---|---|
Castro de Armental | O Castro | Armental | Castro |
Mámoa da Revolta | A Revolta | Armental | Mámoa (3 mámoas) |
Castro de Ril | Ril | Barbeito | Castro |
Mámoa de Guiliade | Guiliade | Barbeito | Mámoa |
Castro de Parrando | Parrando | Barbeito | Castro |
O Castro de Viladarcas | Viladarcas | Barbeito | Castro |
A Roda de Igrexafeita | Igrexafeita | Mezonzo | Castro |
Castro de Cernadas | Cernadas | Mezonzo | Castro |
Castro do Batán | O Batán | Mezonzo | Castro |
Mámoa da Ponte do Sapo | Ponte do Sapo | Présaras | Mámoa |
Os Castros de Cezar | Cezar | San Vicenzo de Curtis | Castro |
Castro de Mourengos/Castro da Pena do Oso | Mourengos | San Vicenzo de Curtis | Castro |
Castro das Corredoiras | As Corredoiras | Vilariño | Castro |
Castro de Follente/A Roda de Castro | O Castro | Vilariño | Castro |
Castro de Vilariño | Eirixe | Vilariño | Castro |
Campamento romano da Ciadella | Días | Vilariño | Campamento romano |
Mámoas de Fanegas | Días | Vilariño | Mámoa (9 mámoas) |
Mámoas de Pedriño | Días | Vilariño | Mámoa (2 mámoas) |
Mámoas do Monte Vilariño | Eirixe | Vilariño | Mámoa (2 mámoas) |
Mámoas da Lagoaceira | A Torre | Vilariño | Mámoa |
Mámoa do Monte da Gándara | A Torre | Vilariño | Mámoa |
Necrópole da Areosa | A Areosa | Vilariño | Vía romana |
Vía romana de Fanegas | Días | Vilariño | Necrópole romana |
No patrimonio relixioso do concello destacan:
A listaxe completa de igrexas, capelas e edificios relixiosos do concello é a seguinte:
Nome | Lugar | Parroquia |
---|---|---|
Igrexa de San Martiño de Armental | Eirixe | Armental |
Santuario de Nosa Señora da Laxe | A Laxe | Armental |
Peto de ánimas da Laxe | A Laxe | Armental |
Igrexa de San Salvador de Barbeito | A Xarela | Barbeito |
Casa reitoral de San Salvador de Barbeito | A Xarela | Barbeito |
Capela de Santo André | Mende | Barbeito |
Mosteiro de Santa María de Mezonzo | O Priorato | Mezonzo |
Casa reitoral de Santa María de Mezonzo | O Priorato | Mezonzo |
Capela de San Pedro | O Campo da Feira | Mezonzo |
Ermida de San Paio | Aguión | Mezonzo |
Igrexa de San Pedro de Présaras | Eirixe | Présaras |
Casa reitoral de Présaras | Eirixe | Présaras |
Igrexa de San Vicenzo de Curtis | Eirixe | San Vicenzo de Curtis |
Igrexa de Santa María de Vilariño | Eirixe | Vilariño |
Casa reitoral de Santa María de Vilariño | Eirixe | Vilariño |
Igrexa de Santiago de Vilasantar | Ru | Vilasantar |
Casa reitoral de Vilasantar | Ru | Vilasantar |
En canto á arquitectura non relixiosa máis destacable do concello temos os seguintes pazos:
O patrimonio arquitectónico rexistrado no concello é o seguinte:
Nome | Lugar | Parroquia |
---|---|---|
Casa do Castro | O Castro | Armental |
Pazo de Zanfoga | Zanfoga | Armental |
Casa de Neira | Ril | Barbeito |
Pazo de Mende | Mende | Barbeito |
Casa de Mera | Vilaboa | Mezonzo |
Pazo de Opa | Opa | Mezonzo |
Pazo do Fachal | O Fachal | Mezonzo |
Pazo de Panacioi | Panacioi | Présaras |
Pazo de Présaras | Eirixe | Présaras |
Casa de Eirixe | Eirixe | San Vicenzo de Curtis |
Casa das Medallas | O Vao | Vilariño |
Casa Grande de Vilariño | Eirixe | Vilariño |
Conta cun importante patrimonio etnolóxico con numerosos muíños á beira dos distintos ríos e regatos do concello, e incluso un batán en perfecto estado, O Batán de Mezonzo, un dos poucos conservados en Galicia e talvez un dos máis antigos. Situado xunto a unha gran cascada do río das Gándaras, crese que foi construído polos monxes do mosteiro de Mezonzo.
Existe unha ruta de sendeirismo chamada Ruta dos Muíños, que discorre xunto a 22 muíños das parroquias de Mezonzo e Barbeito, como o Muíño de Vasques ou o Muíño da Ponte do Sapo.
Segundo datos do IGE do 2011, o 28% dos traballadores do concello adicábanse ao sector primario.
A agricultura está maiormente centrada na produción de millo e herba para prover as explotacións gandeiras da zona, sobre todo bovina (tanto produción leiteira como de carne de rubia galega) e en menor medida porcina, bovina e avícola. O concello conta cunha Escola de Agricultura Ecolóxica situada na parroquia de Vilasantar. Tamén hai unha gran cantidade de superficie forestal, principalmente de cultivo de eucalipto.
No 2011, a porcentaxe de traballadores no sector secundario era do 31%.
Destaca a industria da fabricación de taboleiro de madeira e de chapa de madeira pola presenza do Grupo Losán na vila.
Durante a primeira metade do século XX tivo grande importancia a industria téxtil pola presenza en Présaras da fábrica de tecidos La Arzuana, que funcionou de 1882 a 1962 e na que traballaron centos de persoas, a maioría mulleres.
O sector terciario empregaba no 2011 ao 42% dos traballadores de Vilasantar.
O concello conta cun campo de fútbol de herba natural na parroquia de Vilasantar, onde xoga os seus partidos de local o SD Vilasantar, equipo da Terceira Autonómica de Galicia. Nel celébrase ademais dende 2013 o Campus Álex Bergantiños, coa colaboración do futbolista, con orixes en San Vicenzo, e no que participan rapaces deste concello e de concellos veciños.
A piscina municipal está situada na parroquia de Vilasantar, á beira do río Cabalar.
Conta ademais cun pavillón polideportivo na localidade de Présaras no recinto do CEIP de Présaras.
A Casa do Concello é o centro administrativo do municipio e está situada no lugar de Ru. O pleno do concello está formado por nove concelleiros. Nas primeiras eleccións municipais tras o restablecemento da democracia, celebradas en 1979, foi elixido alcalde Manuel García Novo, de UCD, e que gobernou tres anos. Foi substituído por José Manuel Taboada García, de Alianza Popular (máis tarde Partido Popular), que estivo na alcaldía durante os seguintes 25 anos. Tras as eleccións de 2007 accedeu á alcaldía Manuela García Freire, do BNG. No ano 2011, o PP recuperou a alcaldía, encabezado por Fernando Pérez Fernández, que continúa no cargo.
Os actuais concelleiros son:
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilasantar |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Vilasantar, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.