Porco: Mamífero doméstico

O porco (tamén coñecido como cocho, marrán, chino ou quino) é un mamífero tipicamente doméstico, de nome científico Sus scrofa, aínda que algúns autores danlle o nome de Sus domesticus (ou Sus scrofa domesticus) para o diferenciar do porco bravo ou xabarín, ao cal se lle atribúe o nome de Sus scrofa.

Porco
Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía
Porca co seu leitón
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Suidae
Xénero: Sus
Especie: 'Sus scrofa'
Linnaeus, 1758
Subespecie: S. s. domesticus
Nome trinomial
Sus scrofa domesticus
Erxleben, 1777
Sinonimia
  • Sus scrofa domestica
    Erxleben, 1777
  • Sus domesticus Erxleben, 1777
  • Sus domestica Erxleben, 1777

Historia

O porco domesticouse hai uns 5.000 anos. Chegou a Europa dende Turquía, e hai probas da súa domesticación no sitio arqueolóxico de Çayönü. Aínda que hoxe neste país este animal non aparece na gastronomía tradicional debido a ser agora un país islámico e esa relixión prohibe o consumo deste mamífero. Non existe en estado salvaxe na natureza.

En Galicia, a crianza do porco goza de gran tradición. Isto demóstrase na popular matanza do porco de San Martiño ou a fama de xamóns coma o de Lalín ou o da Cañiza.

Utilidade

O porco críase sobre todo pola súa carne, ben para ser consumida fresca, en salazón ou transformada en embutidos ou outros produtos cárnicos. Entre outros, do porco saen o lacón, o xamón, o touciño ou o chourizo. Este é o seu uso principal sobre todo na cría tradicional doméstica. Pero o porco fai bo o que se di del e ten outros moitos usos:

  • Manufacturas:
    • Pel: coiro suave e xoguetes para animais.
    • Pelo: para facer as cerdas dos cepillos.
    • Vexiga: unha vez limpa, inchada e seca podía ser usada como xoguete para os nenos. Hoxe fai parte da vestimenta das pantallas do entroido de Xinzo de Limia.
  • Medicina:
    • Órganos internos: pola súa similitude cos humanos poden usarse para o estudo e a experimentación
    • Corazón: próteses valvulares cardiacas.
    • Ollos: concretamente as córneas, que se usan como base para crear córneas bioartificiais que poidan ser transplantadas a humanos.
    • Intestino:
  • Industria alimentaria:
    • Pel, tendóns e outros restos: xelatina de uso alimentario, tamén coñecida como aditivo E-441. Neste caso aproveitase o coláxeno presente nos seus tecidos.
    • Graxa: convertida por cocción en manteiga, esta pode ser usada como remedio tradicional, lubricante artesán ou como líquido de fritir ou materia prima doutras preparacións. O seu subproduto, o roxón, úsase para comer directamente ou como ingrediente doutras comidas.

Amais diso, tradicionalmente, sobre todo en Italia, usábase o porco para buscar trufas. O seu olfacto permítelle detectalas e co fociño e as patas foza ata atopalas.

Terminoloxía

Entre outros nomes para porco en galego están o de cocho ou marrán. As crías do porco reciben os seguintes nomes (especialmente cando son moi novos e aínda maman): bácoro ou bacoriño, leitón, marrancho, rancho, reco, rello, relo, rengo, zacote ou marrote. O porco macho adulto denomínase verrón, cacheiro, cachaceiro ou cachazo. Se se dedica a cubri-las femias, porco da semente, porco colludo, porco pai e castal, castizal ou castizo (de aí o alcume de O Castizo que leva Cibrán, o protagonista da novela A esmorga de Eduardo Blanco Amor).

Produción

Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía 
Bacoriños nunha granxa.

Os porcos críanse en numerosos países, aínda que os maiores consumidores de porco a nivel mundial están en Asia. Existe un importante comercio internacional e mesmo intercontinental de porcos e de carne de porco. Aínda que a China ten a meirande produción en termos absolutos, precisa importar grandes cantidades para satisfacer a demanda, que se ten incrementado notabelmente ao longo do seu desenvolvemento como potencia económica. Os principais exportadores de porco son os Estados Unidos, a Unión Europea e o Canadá. Por exemplo, a produción canadense foi de 22,8 millóns de porcos no ano 2008 e máis da metade foi exportada a 143 países.

Listaxe dos 10 principais criadores de porcos (2014)
País Produción (millóns)
Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía  China 474,1
Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía  Estados Unidos 67,7
Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía  Brasil 37,9
Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía  Alemaña 28,3
Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía  Vietnam 26,8
Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía  España 26,6
Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía  Rusia 19,1
Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía  México 16,1
Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía  Myanmar 13,9
Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía  Francia 13,3
En todo o mundo 986,6
Fonte: Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura

FAO Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.

Razas de porco doméstico

Porco celta

Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía 
Porco celta.

A raza de porco celta é unha variedade que até comezos do século XX era a maioritaria en Galiza. Despois de estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, en 1999 púxose en marcha a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta. O apoio público coa creación dun rexistro da raza e a difusión das cualidades deste animal está a favorecer o rexurdimento da cabana maioritaria en Galiza, antes de se ver desprazada por novas razas que ofrecían un maior crecemento.

Porco: Historia, Utilidade, Terminoloxía 
Dous porcos vietnamitas.

Outras razas: Berkshire, porco ibérico, porco tamworth, porco vietnamita e porco galés.

Miss Piggy, Babe e Porky Pig son personaxes moi coñecidos no mundo audiovisual. Os tres porquiños, Piglet de A. A. Milne, Wilbur da novela Charlotte's Web, The Sheep-Pig, Zhu Bajie ou Napoleón do libro A revolta dos animais, son exemplos de porcos famosos na literatura.

En Galicia

O porco e os seus produtos constitúen un importante elemento na gastronomía galega. Así, non pode estrañar que estea presente en numerosas festas gastronómicas repartidas por toda Galicia:

  • Festa do Lacón: a mediados do mes de xullo, en Silleda (Pontevedra).
  • Festa do Porquiño á Brasa: último domingo de agosto, en Amil (Pontevedra).
  • Festa do Porquiño á Brasa: 16 de novembro, en Vilaxoán (Vilagarcía, Pontevedra).
  • Festa do Cocido: celébrase, en Lalín, o domingo anterior ó domingo de Carnaval, desde 1969.
  • Festa do Petote: celébrase en febreiro, en Carballedo, no concello de Cerdedo-Cotobade. O petote, tamén chamado bolo de pote ou petelo, é un bolo feito de fariña milla e fariña triga, cocido na auga do cocido.
  • Cocido do Porco Celta: celébrase en Sarria, en febreiro.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos

Tags:

Porco HistoriaPorco UtilidadePorco TerminoloxíaPorco ProduciónPorco Razas de porco domésticoPorco O porco na cultura popularPorco Galería de imaxesPorco NotasPorco Véxase taménPorco

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

VacalouraXavier BlancoRaffaella CarràLíbanoDolores IbárruriFrancisco Porto MellaPartido GalegoRío MiñoTopónimos célticos en GaliciaLibra esterlinaAlba NogueiraAlexandra DaddarioO mexicanoFelaciónCunnilingusXesús Alonso MonteroTeixugoÑEva FernándezChaves, PortugalSexo oralBoyanka Kostova (grupo musical)ValenciaDistritos de PortugalXosé Antonio TouriñánRiotortoLucía LapiedraFingeringCarballoLista das aves de GaliciaEleccións municipais de 2019 en GaliciaBenito KamelasZinedine ZidaneRalph FiennesHijos de RiveraRafael DiesteGame Boy ColorNaufraxio do PrestigeBragaLogroñoConflito das EncrobasJude BellinghamCalendulaIago AspasPalas de ReiRía da CoruñaTorre de HérculesCharo LopesJosé Ángel JuradoGalifontesAntón Avilés de TaramancosIria MorgadeCazónRaúl Santamaría GonzálezClub Deportivo LugoLouis van GaalJulio IglesiasCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2024Laura PreponLuis AvilésRafael NadalLolita FloresBordeosPosicións sexuaisRoger MooreManuel Senra CaamañoVKFernando GuillénBéteraCarlo AncelottiConstantino Nikolaevich de Rusia🡆 More