O Incio: Concello da comarca de Sarria, na provincia de Lugo

O Incio é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria.

Segundo o IGE no 2014 tiña 1797 habitantes (2236 no 2006, 2297 no 2005, 2358 no 2004, 2406 no 2003). O xentilicio é inciao ou inciense.

Modelo:Xeografía políticaO Incio
O Incio: Xeografía, Cultura, Deporte
O Incio: Xeografía, Cultura, Deporte
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 42°39′24″N 7°21′49″O / 42.656666666667, -7.36361111111117°21′49″O / 42.656666666667, -7.3636111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalA Cruz do Incio Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.524 (2023) Editar o valor em Wikidata (10,43 hab./km²)
Xeografía
Superficie146,09 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude740 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataHéctor Manuel Corujo González Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais no Incio Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27346 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27024 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellodeoncio.com Editar o valor em Wikidata


Xeografía

Ten unha superficie de 146,09 km². Limita ao norte con Sarria e Samos, ao sur con Bóveda e A Pobra do Brollón, ao leste con Samos e ao oeste con Paradela e Bóveda.

No concello do Incio está o encoro de Vilasouto, que subministra auga a toda a zona do Val de Lemos.

  • Montes: Monte da Serna, Serra do Endrano, Monte de Grámea, Óutara, Pena Redonda, Monte da Pelada, Monte das Carballas, Alto de Balbón, As Forcadas, Alto de Santa Bárbara, Alto da Lama, Monte Matanza, Monte das Cozas, Modorriñas (1.162 m) e Monte das Pías (1.131 m).
  • Ríos: Cabe, Mao, Antiga, Cereixido, Carballedo, Teimoi, Castro, Penalva, Riveira, Boqueira e Oporto.
  • Regatos: Vado, Fontán, Cebedozo, Regato da Ribeira (nace na fonte de Penedo Grande, preto do Foxo dos Lobos, na ladeira norte do Alto de Santa Barbara), San Miguel,Trasadehesa, Lameiro, Anduriñas, Pozo Verde, Chao de Pías, Pena Maior, Geda, Muiña, Rivado, Freixeiro e Nogueirido.
  • Precipitacións: 1.000 mm./anuais (zona occidental) e 1.400 mm./anuais (zona oriental).
  • Temperatura media anual: 12 °C (zona occidental) e 9 °C (zona oriental).

Demografía

Censo total 1797 (2014)
Menores de 15 anos 82 (4,56 %)
Entre 15 e 64 anos 896 (49,86 %)
Maiores de 65 anos 819 (45,57 %)
O Incio: Xeografía, Cultura, Deporte
Evolución da poboación de O Incio   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
8137 7010 6253 4155 2358 2.087 1.956 1.875 1.822 1.797 1.777 1.740} 1.667 1.609 1.570 1.533 1.521
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Cultura

Toponimia

O Incio procede da forma medieval Onitio, rexistrada dende o século IX.

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.

Hai petróglifos e castros en Goó, Santa Cristina do Viso, A Cruz do Incio, Trascastro e Vilasouto.

Da idade media destaca a igrexa de San Pedro Fiz, templo parroquial do Hospital, de arquitectura románica.

Patrimonio culturual

Prensa

Etnografía

Festas e celebracións

  • San Eufrasio, romaría que se celebra na parroquia de Santa María do Mao o 15 de maio, na honra de santo Eufrasio que foi un bispo de Xaén que se adicou a evanxelizar Hispania e que morreu como mártir. Segundo a tradición os seus restos foron trasladados a Mao por mor da invasión musulmá no ano 716. Hoxe en día son moitos os devotos que acoden o 15 de maio a pedirlle favores ao santo.
  • Santa Lucía, na Cervela.
  • San Xoán, celébrase o 24 de xuño en Sirgueiros.

Deporte

O Incio conta cun equipo de fútbol, chamado O Incio Terra Brava Club de Fútbol, que milita na Segunda Galicia e que xoga os seus partidos como local no campo do Carboeiro. Anteriormente o concello xa contara con equipo de fútbol, o CD O Incio, que existiu entre 1995 e 2003 e que competiu tamén na tempada 2004-05.

Galería de imaxes

Lugares do Incio

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Incio vexa: Lugares do Incio.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Incio

Bardaos (San Xoán) | Castelo de Somoza (San Tomé) | A Cervela (San Cristovo) | Covela (San Pedro) | Eirexalba (Santo Estevo) | Foilebar (Santa María) | Goó (Santa María) | O Hospital (San Pedro Fiz) | O Incio (Santa Cruz) | Laiosa (San Martiño) | Noceda (San Xoán) | Pacios (Santa María) | Reboiro (Santa María) | Rendar (Santa María) | Rubián de Cima (San Vicenzo) | San Pedro do Incio (San Pedro) | San Román do Mao (San Román) | San Salvador do Mao (San Salvador) | Santa María do Mao (Santa María) | Santa Mariña do Incio (Santa Mariña) | Santalla de Bardaos (San Xulián) | Sirgueiros (San Xoán) | Toldaos (Santiago) | Trascastro (Santalla) | Vila de Mouros (San Miguel) | Vilarxoán (San Lourenzo) | Vilasouto (San Mamede) | O Viso (Santa Cristina)

Notas

Véxase tamén


O Incio: Xeografía, Cultura, Deporte 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

O Incio XeografíaO Incio CulturaO Incio DeporteO Incio Galería de imaxesO Incio Lugares do IncioO Incio ParroquiasO Incio NotasO Incio Véxase taménO Incio20032004200520062014Comarca de SarriaIGEProvincia de LugoXentiliciowikt:inciaowikt:inciense

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Nacionalismo galegoNoruegaJuan Constenla CarbónPublicacións impresas da diáspora galegaInglaterraGatoAriadna GilMarraxoJosé Luis ValladaresLista de programas de Televisión EspañolaKirsten DunstEva MejutoBaby ReindeerLa Voz de GaliciaHoliOs pronomes persoais galegosÁlex AnguloA HabanaVilanova de ArousaAlberto FortesRamón María NarváezJavier CamuñasAlfonso RuedaRede privada virtualCastelo de PambreFaneca bravaCándido Conde-Pumpido VarelaCarlos III de EspañaFrancisco Castro VelosoCarlos García BayónCándido Conde-PumpidoDios ke te crewMuralla de LugoMónica García PérezEsther EstévezBeatriz MatoPatricia Argerey VilarIasir ArafatPosición do canAC-422Pilar AlegríaBiblioteca Gabriel García MárquezThe ArtistSete Sabios da Fraga de BambúDodecágonoTito AsoreyAllarizArredor de siIrene FerrerasA gaita gallega (libro)Isabel PantojaLino LópezIosif StalinTeoOurensePosición aconchegadaSantiago de CompostelaJosé Pablo del Bado RivasEduardo PondalShaquille O'NealMarcos PereiroBugalloAndrés PajaresCidade da Cultura de GaliciaPablo PicassoPegaSanta CompañaSupermartesCatherine Zeta-JonesChristopher WalkenJosé Ernesto Díaz NoriegaManuel Jesús González CapónA EstradaPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Manuel AntonioNapoleón I de Francia🡆 More