Lingua Galaica

O galaico, tamén coñecido como hispanocelta do noroeste, foi unha lingua celta (do tipo Q) ou un grupo de linguas e dialectos, emparentados co celtibérico, falada a comezos da era cristiá no cuadrante noroeste da Península Ibérica, máis especificamente entre a costa atlántica do oeste e o norte e unha liña imaxinaria que corta a península de norte a sur, ligando as actuais cidades de Oviedo e Mérida.

Así como ocorre co ilirio e o lígur, o corpus que se conserva está composto de palabras illadas e frases curtas atopadas en inscricións locais (en latín) ou glosadas por autores clásicos, xuntamente con onomástica (antropónimos, etnónimos, teónimos, topónimos) tamén atopada en inscricións, ou que sobreviviu até o presente en nomes de lugares, ríos ou montes. Diversas palabras de orixe céltica tamén foron preservadas polas linguas románicas locais (entre elas, o galego), e é probable que fosen herdadas destes dialectos celtas-Q.

Galaico
Falado en: Gallaecia
Total de falantes: Lingua morta
Familia: Indoeuropea
 Celta
  Celta continental
   Hispanocelta
    Galaico
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Lingua Galaica
Status
Lingua Galaica
Lingua Galaica Lingua Galaica

Distintividade

Tanto Pomponio Mela coma Plinio o Vello escribiron sobre as poboacións celtas e non celtas de Gallaecia e Lusitania. Algúns autores modernos especularon sobre a posibilidade de que ámbalas rexións compartisen unha mesma lingua céltica, mentres que outros autores sinalan dificultades non resoltas dentro desta hipótese, como as características fonéticas incompatíbeis das dúas rexións, como a preservación de *p- e o reflexo inconsistente das consoantes líquidas silábicas. A evidencia filoxenética amosa que a lingua galaica, se ben comparte algunhas características co celtibero, ten evolucións fonéticas que o diferencian do celtibero.

Revitalización

A comezos do século XXI diversos movementos culturais amosaron interese en rescatar a tradición lingüística galaica. Algúns chegaron a propoñer revivir a lingua a través da reconstrución lingüística, baseándose nas evidencias existentes e en linguas celtas como o antigo irlandés ou o reconstruído protocelta. Unha das aspiracións deses movementos culturais é a creación dun dicionario atebivota formado por palabras do galaico. Eses traballos foron apoiados pola Liga Céltiga Galaica, que ademais promove o intercambio con outros movementos pancélticos como a Liga Céltica, aínda que esta última só recoñece movementos ligados a linguas celtas vivas.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Lingua Galaica DistintividadeLingua Galaica RevitalizaciónLingua Galaica GaleríaLingua Galaica NotasLingua Galaica Véxase taménLingua GalaicaAntropónimoCelta QEtnónimoLingua celtaLingua celtibéricaLingua latinaLinguas iliriasLinguas románicasLista de palabras galegas de orixe celtaMérida, EspañaOcéano AtlánticoOnomásticaOviedoPenínsula IbéricaTopónimo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Normativa oficial do galegoGalipediaCachotaríaIrene GonzálezLoureiroLugoÁreas lingüísticas do galegoPexegueiro (árbore)Xogos popularesJean-Claude Van DammeGralla cereixeiraLingua polacaTalía (musa)Román Rodríguez GonzálezSayenVicente PiñeiroTahuataAlberte MománJosé Miñones CondeO derradeiro libro de Emma OlsenRamón CabanillasA Ponte Maceira, Portor, NegreiraXoán Manuel PintosBandeira de GaliciaPrimeira guerra mundialCarbohidratoAvesSerbiaRotacismoXavier Suárez-VenceConcellos de GaliciaDMar TirrenoXosé Manuel PiñeiroLista de palabras galegas de orixe celtaSan Miguel de Presqueiras, ForcareiMinisterio de Sanidade de EspañaAlfonso Basterra CamporroReino UnidoBasilio CegarraHomosexualidadeXulio CésarIrmandades da FalaRamón Vilas GonzálezIránQueiroa54Lagarto arnalSen SenraBillardaJavier LosadaO incerto señor Don HamletChadLuís TorrasProduto interior brutoAlemañaJosé Cornide SaavedraArticulación frontoparietalFrancisco Castro VelosoAntonio ReigosaYouTubeIllas BalearesAtol FangataufaElisa LoncónInstituto de Montes do PennAnticorpoYves MontandChimpínEstrutura terciaria dos ácidos nucleicosMaría PitaMinia ManteigaAA GuardaPolígonoExeria (escritora)Pazos, Verín🡆 More