Animal Uro

O uro (Bos primigenius) era un mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos, que se extinguiu en 1627.

Uro
Bos primigenius

Rango fósil: plioceno tardío - holoceno
Animal Uro
Esqueleto de uro
Museo Nacional de Dinamarca
Estado de conservación
Animal Uro
Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Tribo: Bovini
Xénero: Bos
Especie: B. primigenius
Nome binomial
Bos primigenius
(Bojanus, 1827)
Mapa do hábitat orixinal das tres subespecies do uro
Mapa do hábitat orixinal das tres subespecies do uro

Mapa do hábitat orixinal das tres subespecies do uro
Subespecies
  • B. p. primigenius (Bojanus, 1827)
  • B. p. namadicus (Falconer, 1859)
  • B. p. africanus (Thomas, 1881)
Sinonimia
  • Bos taurus
  • Bos indicus
  • Bos urus

Tratábase dun boi de grandes dimensións e comportamento indócil.

Taxonomía

Animal Uro 
Ilustración dun libro de Sigismund von Herberstein, publicado en 1556, e titulada en latín:
Urus sum, polonis Tur, germanis Aurox: ignari Bisontis nomen dederant (Eu son o uro, en polaco tur, en alemán Aurox: os ignorantes chámanme bisonte).

O uro foi clasificado como Bos primigenius, Bos taurus, ou, nas fontes antigas, Bos urus.

En 2003, a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica rexistrou o uso de 17 nomes específicos baseados en especies silvestres, anticuadas, que foron previamente usadas, e contemporáneas baseadas en formas domésticas. confirmando a denominación Bos primigenius para o uro.

Os taxonomistas que consideran o touro doméstico como unha subespecie do uro salvaxe deben usar B. primigenius taurus; os que consideran o touro doméstico como unha especie separada poden usar o nome B. taurus, que a Comisión mantivo dispoñíbel para ese propósito.

Nomenclatura

A palabra romance uro deriva do latín urus (plural uri). Este termo é un préstamo do xermánico (cf. antigo inglés / antigo alto alemán ūr, nórdico antigo úr).

Características

Animal Uro 
Reconstrución dun uro.
Animal Uro 
A copia de C. H. Smith.

A aparencia dos uros foi reconstruída a partir de material esquelético, descricións históricas e representacións contemporáneas, tales como pinturas rupestres, e de gravados ou ilustracións de Sigismund von Herberstein.

Unha obra de Charles Hamilton Smith é unha copia dunha pintura propiedade dun comerciante de Augsburgo, que podería datar do século XVI.

Os estudosos propuxeron que a ilustración de Smith se baseaba nun híbrido touro doméstico/uros, ou dun touro dunha raza semellante ao uro.

O uro foi un dos herbívoros máis grandes na Europa posglacial, comparábel co bisonte europeo.

O seu tamaño parece que variaba segundo as rexións. En Europa, os uros das poboacións do norte eran máis grandes de media que as do sur. Por exemplo, durante o holoceno, encontráronse uros procedentes de Alemaña e Dinamarca que tiñan unha altura media na cruz de 155 a 180 cm nos touros, e de 135 a 155 cm nas vacas, mentres que as poboacións de uros machos atopados en Hungría non pasaban dos 160 cm se altura na cruz.

Historia

O seu hábitat, en épocas prehistóricas, estendíase desde Galiza a Corea e de Siberia á India. Este animal tería sido cazado polos homes no sur e centro de Europa desde a prehistoria, como relatan as pinturas rupestres encontradas nestes lugares. Liñaxes mais dóciles terían sido seleccionadas polas poboacións locais, e terían dado orixe ao boi europeo (Bos taurus). O uro, con todo, xamais sería domesticado, e, após milenios sufrindo coa caza, o último individuo morreu en 1627, nos bosques de Jaktorowka, na Polonia.

Recentemente, tense discutido a separación do uro como variedade distinta do boi doméstico, visto que estudos xenéticos suxiren que pertenceron ambos á mesma especie (Bos taurus).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Animal Uro TaxonomíaAnimal Uro CaracterísticasAnimal Uro HistoriaAnimal Uro Galería de imaxesAnimal Uro NotasAnimal Uro Véxase taménAnimal Uro1627ArtiodáctiloBovinosBóvidosExtinciónFamilia (bioloxía)MamíferoRuminanteSubfamilia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Roberto Vidal BolañoErros e TánatosClint EastwoodEstados Unidos de AméricaEstricninaSantiago CañizaresCasto Sampedro FolgarMelideA Pobra do CaramiñalNormativa oficial do galegoFilipinasContactorAWStatsToñito BlancoNacionalismo galegoSerxio María Rodríguez ÁlvarezAnxo AngueiraPortugalBerta DávilaOU-405Reis de EspañaVilachán, Negreira, NegreiraBeadeFC Bayern MünchenChorimaMelani OlivaresOU-903Rakel WinchesterLista de programas de Televisión EspañolaConstitución española de 1812Wayback MachineRexionalismo galegoBaixa Limia - Serra do XurésJosé Darse SobrinoIlustrísimaDiego CalvoTrabanca Sardiñeira, O Carril, Vilagarcía de ArousaDistritos de PortugalAbel CaballeroGuimarãesArañasHeredeiros da CrusEscola da TebraVincent van GoghPIndiaÁlex FidalgoSonDeSeuAna PeleteiroJosé López CamposAbraham MateoA fonte do xuramentoXXXTentacionMazaricosJuan Constenla CarbónÁbedes, Ábedes, VerínBuxoEuskal Herria BilduOU-622PontedeumeLugoVertoEduardo Blanco AmorOuvigo, Os Blancos, Os BlancosColocación do pronome átono en galegoRenaud SéchanAnatemaInstagramPeaky BlindersXosé Luís Méndez FerrínXoán Vicente ViqueiraPrehistoriaADP-ribosilaciónChenoaPandeiraCarles PuigdemontCandela Peña🡆 More