Beariz: Concello da comarca do Carballiño, na provincia de Ourense

Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.

Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O xentilicio é bearizao ou bearicense.

Beariz
Escudo de Beariz
Beariz: Poboación, Xeografía, Arqueoloxía
Casa consistorial
Beariz: Poboación, Xeografía, Arqueoloxía
Situación
Xentiliciobearizao/bearizá
bearicense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Carballiño
Poboación946 hab. (2023)
Área56,0 km²
Densidade16,89 hab./km²
Entidades de poboación3 parroquias
Capital do concelloBeariz
Política (2023 )
AlcaldeManuel Prado López (PPdeG)
Concelleiros
PPdeG: 7

Eleccións municipais en Beariz
Uso do galego (2001)
Galegofalantes64,46%
Na rede
www.beariz.org
editar datos en Wikidata ]

Poboación

Censo total 973 (2018)
Menores de 15 anos 43 (4,42 %)
Entre 15 e 64 anos 467 (48 %)
Maiores de 65 anos 463 (47.58 %)
Beariz: Poboación, Xeografía, Arqueoloxía
Evolución da poboación de Beariz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2226 2744 2653 1460 1404 1285 1205
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra). Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol. Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.

Arqueoloxía

Beariz: Poboación, Xeografía, Arqueoloxía 
Monumento en Beariz

No concello consérvanse máis dunha ducia de mámoas, monumentos neolíticos tamén chamados antas. Destes restos provén o nome do lugar das Antas, lindante co concello do Irixo. Con menos de 20 casas, chegou a formar parte de tres parroquias (Lebozán, O Regueiro e O Regueiro) tres dioceses e tres concellos distintos (Beariz, Boborás e O Irixo).

Da idade de bronce non hai vestixios, pero puido ser moi rica e florecente, dada a cantidade de metal que existe nos montes de Beariz. Da Idade de Ferro salienta o castro de Magros, onde se encontraron restos de cerámica e pedras de moer gran. Da romanización consérvase parte dunha calzada romana e unha ponte sobre o río Verdugo.

Na idade media, Beariz, ao igual que toda a Terra de Montes, foi gobernada polos arcebispos composteláns a través dos Xuíces-Meriños, nomeados por eles, e que tiñan a súa sede e residencia no castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras, onde había unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas.

Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

Na actualidade o concello sofre un proceso de retorno de emigrantes, especialmente de México. Moitos deles regresan con grandes capitais, tratándose este dun dos concellos coa renda per-capita máis alta de Galicia[Cómpre referencia].

Recursos naturais

No concello hai minas de volframio e estaño, se ben ningunha está activa na actualidade. Durante a segunda guerra mundial, axentes dos dous bandos buscaban non só apropiarse do necesario para a fabricación de pezas de artillaría, senón tamén deixar ao outro bando sen esas materias primas. Así, o volframio acadou prezos moi altos, aproveitando moitos comerciantes para cobrar grandes comisións, mudando moita xente o seu oficio polo de mineiro. No concello vendíase como propio volframio obtido nas minas de Silleda, onde os labradores venderan a súa terra.

As minas de estaño deron pé á industria dos fornos de fundición, fornos artesáns que fundían o metal mesturado con pedra recollida nas minas da contorna para elaborar lingotes. Os propietarios mercaban directamente aos mineiros segundo a calidade do material e a forma de pago, pero sempre a un prezo moi superior ao marcado polo goberno.

A explotación das minas foi levaba a cabo non só por compañías, senón tamén por particulares, e nas escombreiras os nenos e mulleres recollían os restos do metal, que unha vez lavado no río achegaba ás familias unha axuda ben importante durante a posguerra.

  • Onte á noite fun á ronda,/ pasei a costa das Antas;/ o que rompín de zapatos/ tamén o aforrei de mantas .

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Beariz

Beariz (Santa María) | Lebozán (Santa Cruz) | Xirazga (San Salvador)

Lugares de Beariz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beariz vexa: Lugares de Beariz.

Notas

Véxase tamén


Beariz: Poboación, Xeografía, Arqueoloxía 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Beariz PoboaciónBeariz XeografíaBeariz ArqueoloxíaBeariz Recursos naturaisBeariz na literatura popularBeariz Galería de imaxesBeariz ParroquiasBeariz Lugares de Beariz NotasBeariz Véxase taménBeariz20032018A LamaAviónBoborásComarca do CarballiñoForcareiO IrixoProvincia de OurenseXentiliciowikt:bearicensewikt:bearizao

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Raquel AtanesMiguel Ángel Zabalza BerazaDeportivo da CoruñaDallas MavericksPartido Popular de GaliciaMelideAmieiroReconquista de VigoDaniel de la TorreXacioBenito KamelasMarcos PereiroKuala LumpurAzorGran Premio do Reino Unido de 2017Alfonso MolinaCornizóRío ObiCarlos II de InglaterraCurtisLuísa VillaltaXúpiterHolocausto1869StellantisAgora RepúblicasCroaciaRubén RiveraIndependenciaFillas de CassandraBandeira de IrlandaDecímetroRastroMecánica clásicaRobert OppenheimerChelsea ManningShakiraDistritos de PortugalAmérica do NorteMoinanteNós (revista)Galería de imaxes de arañas de GaliciaArnold SchwarzeneggerChorimaSalgueiroDiáspora galegaDeclaración BalfourIgrexa de San Carlo alle Quattro FontaneMaldivasFútbol gaélicoAustraliaEstados Unidos de AméricaMiguel de MiguelYan GeÓscar García PatiñoRafael LouzánLista de palabras galegas de orixe celtaAgustín Reguera OcampoContactFascismoLatitudeStephen HawkingRiba-roja de TúriaCopa do SarIn My Head (canción de Jason Derulo)Captain Fantastic (filme)Manuel FragaHototogisuLuís Espada RecareyPasadena, California🡆 More