Arnold Alois Schwarzenegger, nado en Thal, Austria o 30 de xullo de 1947, é un fisicoculturista, actor, e político estadounidense de orixe austríaca.
Schwarzenegger foi o 38º gobernador de California dende 2003 a 2011.
Schwarzenegger comezou un adestramento de musculación con 15 anos. Gañou o título de Mr. Universe con 20 anos e gañou o Mr. Olympia sete veces. Schwarzenegger ficou como unha figura importante do culturismo e escribiu varios libros e artigos sobre esta práctica. Schwarzenegger acadou a fama internacional como unha icona dos filmes de acción de Hollywood. O seu primeiro grande éxito foi o filme épico Conan o bárbaro en 1982, cuxa recadación motivou unha secuela. En 1984, apareceu no filme de ciencia ficción de James Cameron Terminator, que foi un grande éxito de recadación e de crítica. Schwarzenegger retomou o papel de Terminator nos seguintes filmes da franquía en 1991, 2003, 2015 e 2019. Apareceu en gran número de filmes, como Commando (1985), The Running Man (1987), Predator (1987), Twins (1988), Total Recall (1990), Kindergarten Cop (1990) e True Lies (1994). Nos seus tempos de culturista era alcumado "Austrian Oak" (carballo austríaco) ou "Styrian Oak" (carballo de Estiria), "Arnie" na industria do cine, e "The Governator" cando comezou a facer carreira política.
Está casado con Maria Shriver, sobriña de John F. Kennedy, que forma parte do máis prestante clan demócrata do país a pesar de que Schwarzenegger pertence ao partido republicano, en representación do cal foi elixido Gobernador do estado de California en 2003 e reelixido en 2006.
Ano | Filme | Papel | Director | Notas |
---|---|---|---|---|
1970 | Hercules in New York | Hércules | Arthur Allan Seidelman | Nos créditos como Arnold Strong |
1973 | The Long Goodbye | Encarapuchado na oficina de Augustine | Robert Altman | |
1974 | Happy Anniversary and Goodbye | Rico | Jack Donohue | |
1976 | Stay Hungry | Joe Santo | Bob Rafelson | |
1977 | Pumping Iron | Si mesmo | George Butler/Robert Fiore | |
1979 | The Villain/Cactus Jack | Handsome Stranger | Hal Needham | |
Scavenger Hunt | Lars | Michael Schultz | ||
1982 | Conan o bárbaro | Conan | John Milius | |
1984 | Conan o destrutor | Conan | Richard Fleischer | |
Terminator | Terminator | James Cameron | ||
1985 | Red Sonja | Kalidor | Richard Fleischer | |
Commando | John Matrix | Mark L. Lester | ||
1986 | Raw Deal | Mark Kaminsky, aka Joseph P. Brenner | John Irvin | |
1987 | Predator | Major Alan 'Dutch' Schaeffer | John McTiernan | |
The Running Man | Ben Richards | Paul Michael Glaser | ||
1988 | Red Heat | Captain Ivan Danko | Walter Hill | |
Twins | Julius Benedict | Ivan Reitman | ||
Total Rebuild | Si mesmo | Andrew Lesnie | ||
1990 | Total Recall | Douglas Quaid/Hauser | Paul Verhoeven | |
Kindergarten Cop | Detective John Kimble | Ivan Reitman | ||
1991 | Terminator 2: O xuízo final | Terminator | James Cameron | |
1992 | Christmas in Connecticut | Home sentado diante da Media Truck | Arnold Schwarzenegger | Tamén director |
Feed | Si mesmo | Kevin Rafferty/James Ridgeway | Cameo | |
1993 | Dave | Si mesmo | Ivan Reitman | Cameo |
O derradeiro grande heroe | Jack Slater/El mesmo | John McTiernan | ||
1994 | True Lies | Harry Tasker | James Cameron | |
Junior | Dr. Alex Hesse | Ivan Reitman | ||
Beretta's Island | Si mesmo | Michael Preece | ||
1996 | Eliminador | U.S. Marshal John 'The Eraser' Kruger | Chuck Russell | |
Jingle All the Way | Howard Langston | Brian Levant | ||
T2 3-D: Battle Across Time | Terminator | John Bruno, James Cameron, Stan Winston | Theme park attraction | |
1997 | Batman e Robin | Mr. Freeze | Joel Schumacher | |
1999 | End of Days | Jericho Cane | Peter Hyams | |
2000 | The 6th Day | Adam Gibson/Adam Gibson Clone | Roger Spottiswoode | |
2001 | Dr. Dolittle 2 | Lobo branco | Steve Carr | Só voz; uncreditado |
2002 | Collateral Damage | Gordy Brewer | Andrew Davis | |
2003 | Terminator 3: A rebelión das máquinas | Terminator | Jonathan Mostow | |
The Rundown | Bar Patron | Peter Berg | Cameo; uncreditado | |
2004 | Around the World in 80 Days | Príncipe Hapi | Frank Coraci | |
2005 | The Kid & I | Si mesmo | Penelope Spheeris | Cameo |
2006 | Cars | Sven | John Lasseter | Só voz, uncreditado |
2009 | Terminator Salvation | Terminator | McG | Imaxes do Terminator e tomas de arquivo superpostas a Roland Kickinger; uncredited cameo |
2010 | The Expendables | Trent Mauser | Sylvester Stallone | Cameo; uncreditado |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arnold Schwarzenegger |
A Galicitas posúe citas sobre: Arnold Schwarzenegger |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Arnold Schwarzenegger, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.