Miño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos.
Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 6.056 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «miñés».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | A Carreira | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.753 (2023) (188,11 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 35,9 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel Vázquez Faraldo | ||||
Eleccións municipais en Miño | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15048 | ||||
Páxina web | concellodemino.gal |
O concello, de 32,97 km² , abrangue oito parroquias que son Bemantes, Callobre, Carantoña, Leiro, Castro, Miño, Perbes e Vilanova. Limita ao norte con Pontedeume, ao leste con Vilarmaior, ao sur con Paderne e Irixoa, e ao oeste coa ría de Betanzos. Está situado a 25 km da capital da provincia, e a 72 km de Santiago de Compostela.
O concello está atravesado pola Vía inglesa do Camiño de Santiago.
Polo municipio pasan o río Lambre, que tras cruzar a ponte do Porco forma a praia da Alameda, o río Xarío, que atravesa as parroquias de Vilanova e Perbes e desauga a carón da praia Grande, e o río Baxoi, que tamén desauga na praia Grande e recibe este nome polo seu paso pola Ponte Baxoi. Alí se atopa na súa beira unha fonte gótica e un merendeiro para o descanso dos peregrinos que se dirixen a Compostela.
Censo total 2014 | 5.838 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 798 (13.67 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.651 (62.54 %) |
Maiores de 65 anos | 1.389 (23.79 %) |
Fonte: Instituto Nacional de Estadística INE, 1857-2011
Evolución da poboación de Miño Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.923 | 5.326 | 5.823 | 5.476 | 5.089 | 5.488 | 5.760 | 5.739 | 5.786 | 5.838 | 6.056 | ||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Os vestixios máis antigos atopados en Miño corresponden á era castrexa e aos restos dun porto romano. En 1916 atopáronse na parroquia de Perbes 1500 moedas romanas, o tesouro de Algara. O concello constituíuse en 1836 como Castro, nome dunha das parroquias do Antigo Réxime que conformaron o municipio, dependentes das xurisdicións de Pontedeume, Callobre, Vilachá, Leiro e mais Perbes, que pertencían á provincia de Betanzos. En 1919, trasladouse o consistorio á parroquia de Miño e con el mudou tamén o nome do concello. Na actualidade segue tendo a sede na mesma parroquia, no núcleo chamado A Carreira.
Nos rexistros medievais en latín e en galego, o topónimo Miño xa ten a forma actual, mais con direrentes grafías. Nos séculos XIII e XIV predomina Myno (ás veces Mino): villa de Myno [...] casal q chaman de Ragel, 1287; sancta Maria de Mino, 1354; santa Maria de Myno, 1388; Myno, 1431. Xa a partir do século XV, a forma predominante é Myño: friglia de santa Maria de Myño, 1434; Alfonso da Vila morador en Myño, 1450. Para Gonzalo Navaza, non existe abonda documentación que permita confirmar que a etimoloxía do río Miño e do concello de Miño son a mesma. Para o río admítese unha orixe prerromana e significado hidronímico, derivado da raíz indoeuropea *mei- ‘camiñar, ir, fluír’, presente no nome doutros ríos de Europa. De teren a mesma orixe, o topónimo da parroquia de Miño viría motivado pola súa situación, na confluencia dos ríos Lambre e Baxoi coa ría de Betanzos.
Máis recentemente alá polo 2002 promoveuse unha gran urbanización Costa Anácara/Costa Miño Golf no concello pola inmobiliaria Fadesa e posteriormente Martinsa a cal consistiría en 1200 vivendas e un campo de golf, o goberno municipal de Juan Antonio Maceiras do PPdeG deulle un apoio cego ao proxecto, co tempo coñeceríase que a adquisición dos terreos por parte do concello foi ilegal recibindo este unha sentenza do Tribunal Supremo que lle condenaba a pagar 25 millóns de euros aos 500 veciños afectados pola expropiación, por consecuencia a débeda total do concello de Miño era de 22 millóns de euros.
O concello baixo o mandato de Manuel Vázquez Faraldo chegou a un acordo cos veciños para pagar os xuros de 7 millóns de euros antes do 31 de maio de 2020 mediante un préstamo(que se sumaba aos outros 15 millóns de euros recibidos polo Goberno central) en consecuencia os veciños aceptarían a liquidación de créditos contra a entidade local(recarga de xuros de 8 millóns de euros), con isto evitábase que a débeda creces, Miño con 6000 habitantes tratábase do cuarto concello galego con máis débeda.
Da cultura castrexa consérvase o castro de Loios, castro de Ombre, Centroña, Insua, Santa María de Castro, Carantoña e Leiro
A igrexa de San Xoán de Vilanova é de orixe románica. Comezou a construírse no ano 1040, sendo a portada reconstruída no século XVIII. A súa ábsida semicircular foi restaurada. A igrexa de Santa María de Castro é do século XVI.
Sobre os ríos Lambre e Vixoi (hoxe río Baxoi), hai dúas pontes do século XV, mandadas construír por Fernán Peres de Andrade o Boo, señor de Pontedeume. A que cruza o río Lambre, cun só arco de estilo oxival, é coñecida como Ponte do Porco, por ter esculpido un xabaril, símbolo da casa de Andrade. En Bañobre está o pazo dos Condes de Vigo, que conserva na fachada elementos orixinais do século XVIII.
Santa María de Miño
Ponte do Porco
Bemantes
Callobre
Carantoña
Leiro
Bañobre
Castro
Viadeiro
Perbes
San Xoán de Vilanova
O concello está comunicado a través da estrada nacional N-651 que vai de Betanzos a Ferrol e pola autoestrada AP-9 con acceso directo, que conecta coas cidades da franxa atlántica. Está atravesado pola liña de ferrocarril Ferrol-Betanzos Infesta que liga coa que vai da Coruña a Lugo, conta coa estación de Miño e coa estación de Perbes.
No concello teñen a súa sede os seguintes clubs deportivos:
No concello teñen a súa sede as seguintes asociacións:
Pasei a ponte do Porco,
paseille a man polo lombo,
meu divino San Andrés
o voso camiño é longo .
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miño |
Parroquias do concello coruñés de Miño | |
---|---|
Bemantes (San Tomé) | Callobre (San Xoán) | Carantoña (San Xulián) | Castro (Santa María) | Leiro (Divino Salvador) | Miño (Santa María) | Perbes (San Pedro) | Vilanova (San Xoán) |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Miño, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.