Conservadorismo: Ideoloxía política

O conservadorismo é unha filosofía política e social que defende o mantemento das institucións sociais tradicionais no contexto da cultura e da civilización.

Segundo algunhas definicións, os conservadores procuraron varias veces preservar as institucións, incluíndo a relixión, a monarquía, o goberno parlamentario, os dereitos de propiedade e a xerarquía social, enfatizando a estabilidade e a continuidade, mentres que os elementos máis extremos chamados reaccionarios opóñense ó modernismo e buscan unha volta á "maneira como eran as cousas".

O primeiro uso estabelecido do termo nun contexto político orixinouse con François-René de Chateaubriand en 1818, durante o período de restauración borbónica que procurou reverter as políticas da Revolución Francesa. O termo, historicamente asociado coa política de dereita, dende entón foi usado para describir unha ampla gama de puntos de vista.

Non hai un único conxunto de políticas que sexan universalmente consideradas como conservadoras, porque o significado de conservadorismo depende do que é considerado tradicional nun determinado lugar e tempo. Deste xeito, conservadores de diferentes partes do mundo, cada un mantendo as súas respectivas tradicións, poden discordar nunha ampla gama de cuestións. Edmund Burke, un político do século XVIII que se opuxo á Revolución Francesa, mais apoiou a Revolución Americana, é acreditado como un dos principais teóricos do conservadorismo na Gran Bretaña da década de 1790. De acordo con Quintin Hogg, Presidente do Partido Conservador británico (Partido Conservador) en 1959, "o conservadorismo non é tanto unha filosofía senón unha actitude, unha forza constante, desempeñando unha función intemporal no desenvolvemento dunha sociedade libre e correspondente a unha esixencia profunda e permanente da propia natureza humana". En contraste coa definición de conservadorismo baseada na tradición, teóricos políticos como Corey Robin definen o conservadorismo principalmente en termos dunha defensa xeral da desigualdade social e económica. Nesa perspectiva, o conservadorismo é menos unha tentativa de defender as institucións tradicionais e máis "unha meditación sobre, e unha interpretación teórica, da experiencia sentida de ter poder, velo ameazado e tentar recuperalo".

Orixes

Malia que os conservadores ás veces reivindican filósofos tan antigos como Aristóteles e Cicerón como seus devanceiros, o primeiro teórico político explicitamente conservador é xeralmente considerado Edmund Burke. En 1790, cando a Revolución Francesa aínda parecía prometer unha utopía sen sangue, Burke preveu na súa obra Reflections on the Revolution in France - e non por sorte, mais por unha análise do rexeitamento da tradición e dos valores herdados - que a revolución decaería no terror e na ditadura. No seu desprezo racionalista polo pasado, el acusou ós revolucionarios de estaren destruíndo as institucións testadas polo tempo sen neingunha garantía de que poderían substituílas por algo mellor.

Para o conservador, as tradicións son a base de calquera actuación política e social, pois elas ofrecen ó axente algo sobre o cal a sociedade pode operar, criticar e, consecuentemente, mudar. Sendo así, é preciso respectar un principio seguro de conservación e un principio seguro de transmisión, sen excluír un principio de melloría. Ó non crer na "bondade natural do home", os conservadores consideran que son as restriccións introducidas polos hábitos e tradicións que permiten o funcionamento das sociedades, polo que calquera réxime duradeiro e estable só poderá funcionar se se asenta nas tradicións.

Polo tanto, de acordo coa visión conservadora, non ten sentido elaborar proxectos universais de sociedade ideal - non só tal sociedade será inalcanzable (debido á suposta imperfección intrínseca da natureza humana), como, debido a diferentes pobos teren diferentes historias e tradicións, o modelo social máis axeitado a un pobo non será o máis apropiado a outro - criticando os revolucionarios franceses, Joseph de Maistre escribiu:

    "A Constitución de 1795 (...) foi feita para o home. Ora, non existe home no mundo. Teño visto na miña vida franceses, italianos, rusos, etc., mais en canto ó homem declaro nunca o ter encontrado na miña vida"

Ou Metternich acerca da revolucióno napolitana:

    "Un pobo que non sabe ler nin escribir, cuxa última palabra é o puñal - belo material para principios constitucionais!... A constitución inglesa é a obra de séculos... Non hai unha receita universal para constitucións.").

Notas

Véxase tamén

Bibliografía


Conservadorismo: Orixes, Notas, Véxase tamén 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Conservadorismo OrixesConservadorismo NotasConservadorismo Véxase taménConservadorismoFilosofía políticaFilosofía socialModernismoMonarquíaParlamentarismoXerarquía social

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Número piBipartito galegoElizabeth TaylorHolocaustoCarlos VII de FranciaReino de GaliciaSanta CompañaAnthony GiddensA esmorgaIrene VillaShirley ChisholmParacaídasLista de filmes con versión en galego/CBenito VicettoSexo analPosición do misioneiroCroaciaGuerra civil españolaCabana de BergantiñosVómito (grupo musical)TartánCastro de Punta do BicoCharles PéguyCallitriche stagnalisEconomía de GaliciaNetflixDistritos de PortugalManuela ReyNacionalismoLista de paísesDitadura do proletariadoLuís Espada RecareyLontreiraAlicúnAnggunCasa BaillyTarazonaÁreas lingüísticas do galegoDeputación da CoruñaReloxoPasaporte de Fidxi.geTeixugoLeymaLugoRío UllaComunismoAlfonso SotoCarles PuigdemontA Trabe, San Román de Montoxo, CedeiraBiblioteca Básica SalvatEstocolmoFidel CastroAWStatsEva CárdenasConil de la FronteraIlyushin Il-76Dallas MavericksAmancio López SeijasUlpiano VillanuevaLista de castelos de PortugalVilagarcía de ArousaCarlos X de FranciaXogoManuel Gago MariñoClara AndradaCulturaAlaine AgirreDaniel BasteiroRamiro CarregalJosé Pérez-ArdáCreative CommonsPortugalA.C. MilanHoratio Nelson🡆 More