Biblioteca Básica Salvat de libros RTV é unha colección literaria española, publicada por Editorial Salvat en colaboración con Alianza Editorial entre 1969 e 1971.
A colección foi promovida polo Ministerio de Información e Turismo de España, dirixido por entón por Manuel Fraga. Este organismo convocou un concurso entre editoriais privadas, que foi adxudicado á proposta conxunta de Salvat e Alianza Editorial. O proxecto contou co apoio de Radio Televisión Española, que autorizou o uso das iniciais RTV na colección. Os cen volumes escollidos, publicados en lingua castelá, apareceron publicados en encadernación rústica, impresos en Lizarra (Navarra). O prezo de venda foi de 25 pesetas cada exemplar. Vendéronse máis de trinta millón de libros.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblioteca Básica Salvat |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Biblioteca Básica Salvat, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.