a Coruña

A Coruña é unha cidade situada no noroeste de Galiza e bañada polo océano Atlántico, nas rías Altas.

a Coruña
a Coruña

É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Despois de Vigo, A Coruña é o segundo concello galego máis poboado; contaba no ano 2015 con 243 870 habitantes, fronte aos 294 098 habitantes da cidade olívica.

A cidade é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.

O seu emprazamento é privilexiado, xa que se ergue sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da cidade espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Artigo destacado

editar

a Coruña
A Revista Gallega, subtitulado Semanario de literatura é intereses regionales, foi un semanario galego, dominical e bilingüe, publicado na Coruña. Foi fundado en 1895 por Galo Salinas Rodríguez e rematou de publicarse en 1907, cun total de 640 números. Autoproclamado Órgano oficial de la Liga Gallega en la Coruña, durante os seus doce anos de historia constituíuse na publicación emblemática do rexionalismo liberal desa cidade.

Apareceu o 17 de marzo de 1895. Estaba dirixido por Galo Salinas Rodríguez, propietario e fundador do mesmo, como tamén figuraba no cabezallo do semanario, e da súa redacción facían parte Uxío Carré Aldao, Eladio Rodríguez González, Florencio Vaamonde Lores e Francisco Tettamancy Gastón; outros xornalistas, como Salvador Golpe Varela, Waldo Álvarez Insua ou Manuel Lugrís Freire colaboraron moi estreitamente, nas súas respectivas etapas coruñesas, co cadro desta publicación.

Para substituír a Revista Gallega naceu ás poucas semanas na Coruña o semanario bilingüe A Nosa Terra (1907-1908), que aínda chegaría a publicar 60 números erguendo a bandeira dun rexionalismo xa na encrucillada perante novas realidades históricas.

Lugar de interese

editar

a Coruña
O coñecido como Xardín de San Carlos, situado na cidade vella da Coruña, foi construído coma castelo defensivo fóra das murallas no século XIV e quedaría unido á cidade no XVI. Foi declarado xardín histórico o 9 de novembro de 1944.

Pouco a pouco foi perdendo importancia coma baluarte ou "Fortaleza vella" e, tras estalar a polvoreira que contiña, foi abandonado até que xa no século XVIII é recuperado coma xardín por Don Carlos Francisco de Croix. Con todo, o aspecto actual do Xardín de San Carlos débese ao gobernador en 1834 Francisco de Mazarredo, e presenta unhas características de xardín romántico. Foi declarado Conxunto Histórico-Artístico xunto coas murallas da cidade.

O seu valor radica na súa privilexiada situación dende a que se observa, grazas ao seu miradoiro, todo o porto da Coruña, na súa vexetación, e na tumba, un sepulcro proxectado coma monumento funerario, do xeneral inglés Sir John Moore, morto na Batalla de Elviña en 1809. No xardín atópase tamén o Arquivo do Reino de Galicia.

Imaxe destacada

editar

a Coruña
A praza das Bárbaras co convento das Clarisas.
Vexa o artigo Cidade Vella da Coruña.


Categorías
Biografía destacada

editar

a Coruña
Wenceslao Fernández Flórez, nado na Coruña o 11 de febreiro de 1885 e finado en Madrid o 29 de abril de 1964, foi un narrador, xornalista e humorista galego. Comezou a traballar moi novo no diario coruñés La Mañana e posteriormente colaborou en El Heraldo de Galicia, Diario de La Coruña e Tierra Gallega, pasando a dirixir con 18 anos o Diario Ferrolano. Ao longo da súa vida logrou numerosos premios e disticións, conseguindo o premio do Círculo de Belas Artes coa súa novela Volvoreta (1917), en 1926 recibiu o Premio Nacional de Narrativa, en 1945 ingresou na Real Academia Española e en 1959 recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio.

Aínda que de ideoloxía conservadora (seguidor e admirador da política de Antonio Maura), non escatimou críticas, ás veces acerbas, como nas súas obras "El secreto de Barba Azul", Las siete columnas ou El espejo irónico, a propósito da política e dos políticos do reinado de Alfonso XIII.

Publicou unhas corenta novelas e libros de relatos de humor, caracterizados estes por un humor irónico con moita retranca, ás veces próximo ó fantástico. A súa obra amósase moi sensible á paisaxe galaica, que envolve nun profundo lirismo. Moitas das súas novelas e relatos posúen contidos simbólicos.

Sabías que...?

editar

Muralla.


Este mes

editar

Monumento a Curros Enríquez.


Cita destacada

editar


O meu vello piloto, a quen eu informaba de todo, animoume seriamente a que non fose por mar, senón que fose por terra á Coruña e cruzase o golfo de Biscaia ata La Rochelle.

Daniel Defoe, Robinson Crusoe.

Artigos de calidade e bos


Portais relacionados

editar

Galicia
Galicia

Galicia

Ferrol
Ferrol

Ferrol

Lugo
Lugo

Lugo

Ourense
Ourense

Ourense

Pontevedra
Pontevedra

Pontevedra

Santiago de Compostela
Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Vigo
Vigo

Vigo

Proxectos irmáns

editar

Wiki Commons
Wiki Commons

en Commons

Tags:

AbegondoArteixoBergondoCambreCarralComarca da CoruñaCulleredoGalizaOcéano AtlánticoOleirosProvincia da CoruñaRías AltasSadaVigo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Iris Gey LópezMártires de CarralPartido Nazonalista Republicán de OurenseSayenVigoMarta DahlgrenThibaut CourtoisEstripeiroJordi PujolJavier CamuñasIsabel Díaz AyusoXaxún no islamMiguel Anxo BastosFernando Suárez BarciaBloque Nacionalista GalegoDodecágonoJohn TravoltaProvincias de EspañaCastros da provincia da CoruñaCetáceosIker CasillasJason StathamJorge LorenzoJoan Manuel SerratRepública Popular da ChinaIsabel II do Reino UnidoTeoAterínidosMediaWikiWill SmithSuízaCatedral de la Seu d'UrgellMaría Jesús MonteroZakat al-FitrIsmael RamosMoinanteXosé Luís Méndez FerrínLista de ríos de GaliciaLupus eritematoso sistémicoTaboadaRoko (actriz)Eduard del Castillo VelascoPilar AbellaInternetRafael Rodríguez VillarinoEl laberinto del faunoJosé Manuel García-MargalloLeonardo da VinciJosé Luis ValladaresGrândola, Vila MorenaPortadaMaría JamardoPaís VascoNoruegaOrraca de Galicia, Castela e LeónNieves NeiraBetanzosReal Sociedad de FútbolMelgachoCopia por contactoJavier GutiérrezFragas do EumeAranésCurmánXabi AlonsoRamadánImmanuel KantElena CandiaÁureoMaría ReimóndezRomárioFernando Grande-MarlaskaXogos OlímpicosPremios Follas Novas do Libro Galego🡆 More