Thomas Alva Edison: Inventor e empresario estadounidense

Thomas Alva Edison, nado en Milan (Ohio) o 11 de febreiro de 1847 e finado en West Orange (Nova Jersey) o 18 de outubro de 1931, foi un inventor e empresario estadounidense que desenvolveu numerosos dispositivos en campos como a xeración de enerxía eléctrica, a comunicación de masas, a gravación de sons e a cinematografía.

Estes inventos, que inclúen o fonógrafo, a cámara cinematográfica e as primeiras versións da lámpada eléctrica, tiveron un impacto xeneralizado no mundo industrializado moderno. Estableceu o primeiro laboratorio de investigación industrial. O mago de Menlo Park (en inglés) The Wizard of Menlo Park), como era coñecido, foi un dos primeiros inventores en aplicar os principios da ciencia organizada e do traballo en equipo ao proceso de invención, traballando con moitos investigadores e empregados.

Infotaula de personaThomas Alva Edison
Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións
"O xenio é un un por cento de inspiración e un noventa e nove por cento de transpiración." - Thomas Alva Edison, cit. en Harper's Monthly (1932).
Nome orixinal(en) Thomas Edison Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1847
Milan, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de outubro de 1931 (84 anos)
West Orange, Nova Jersey
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Diabetes mellitus tipo 2 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaThomas Edison National Historical Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
Grupo étnicoEstadounidense Editar o valor em Wikidata
RelixiónDeísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónCooper Union (pt) Traducir - química (1875–1879) Editar o valor em Wikidata
Coñecido porLámpada incandescente, fonógrafo
Actividade
Campo de traballoInventor, científico, empresario
Ocupaciónenxeñeiro , guionista , empresario , director de cinema , emprendedor , inventor , matemático , físico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1877 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorGeneral Electric
Continental Edison (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMary Stilwell (1871-1884)
Mina Edison (1886-1931)
FillosCharles Edison (pt) Traducir
 (Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións) Mina Miller (pt) Traducir
Marion Estelle Edison Oeser (pt) Traducir
 (Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións) Mary Stilwell (pt) Traducir
Madeleine Edison Sloane (pt) Traducir
 (Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións) Mina Miller (pt) Traducir
Thomas Alva Edison Jr. (pt) Traducir
 (Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións) Mary Stilwell (pt) Traducir
Theodore Miller Edison (pt) Traducir
 (Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións) Mina Miller (pt) Traducir
William Leslie Edison (pt) Traducir
 (Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións) Mary Stilwell (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisSamuel Ogden Edison (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Nancy Elliott (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarlisle Snow Edison (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesLewis Miller (pt) Traducir (sogro) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0249379 Musicbrainz: 7ab467a1-d15b-41ea-a4d9-433d7ff64e9d Discogs: 1195433 WikiTree: Edison-1 Find a Grave: 1630 Editar o valor em Wikidata
Documental A Day with Thomas Edison (1922), en galego Un día con Thomas Edison.

Edison creceu no Medio Oeste estadounidense. Ao principio da súa carreira traballou como operador de telégrafo, o que inspirou algúns dos seus primeiros inventos. En 1876, estableceu o seu primeiro laboratorio en Menlo Park, Nova Jersey, onde se desenvolveron moitos dos seus primeiros inventos. Máis tarde estableceu un laboratorio de botanical en Fort Myers, Florida, en colaboración cos empresarios Henry Ford e Harvey S. Firestone, e un laboratorio en West Orange, Nova Jersey, que contou co primeiro estudo cinematográfico do mundo, o Black Maria.

Con 1.093 patentes estadounidenses ao seu nome, así como patentes noutros países, Edison está considerado como o inventor máis prolífico da historia dos Estados Unidos. ao seu nome así como moitas patentes no Reino Unido, Francia e Alemaña. Atribúenselle numerosos inventos que contribuíron á comunicación de masas e, en particular, das telecomunicacións. Estes inclúen un taboleiro de cotizacións, unha gravadora de votación mecánica, unha batería para un coche eléctrico, a enerxía eléctrica, a música gravada e as películas. A maioría destes inventos non eran completamente orixinais del, e eran feitos verdadeiramente polos seus numerosos empregados. Edison foi criticado por non compartir os méritos.

Inventou o fonógrafo e a bombilla ou lámpada incandescente, logo de experimentar con máis de 1000 materiais diferentes, e conseguiu a industrialización desta cun filamento de bambú carbonizado. Descubriu o chamado efecto Edison, o que permite o funcionamento do díodo de incandescencia.

Edison casou dúas veces e tivo seis fillos. Morreu en 1931 debido a complicacións de diabetes.

Traxectoria

Primeiros anos

Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións 
Thomas Edison de neno, vendedor de xornais.

Naceu o 11 de febreiro de 1847 en Milán, no estado de Ohio (Estados Unidos). Fillo de Samuel Edison, canadense de orixe holandesa e de Nancy Elliot Edison, canadense de orixe escocesa. Foi o fillo pequeno dunha familia modesta con sete pícaros o que chamaron Thomas por un antepasado da familia, e Alva en honor do capitán Alva Bradle.

Al, como chamaban a Thomas Alva Edison, era un neno enfermizo, de grandes ollos azuis, cara redonda, e pelo louro. A súa cabeza era tan anormalmente grande que o médico da aldea chegou a diagnosticarlle unha infección cerebral. A súa nai, Nancy, sentía por el unha gran preocupación; tivera que soportar en 1841 a morte da súa filla Carlile, cando tiña 6 anos. Pouco despois as de Samuel e Eliza, cando só tiñan uns meses. A Edison ensinoulle a ler, escribir e aritmética a súa nai, que era mestra de escola. Foi á escola só uns meses. Con todo, un biógrafo describiuno como un neno moi curioso que aprendía a maioría das cousas lendo pola súa conta. De neno fascináballe a tecnoloxía e pasaba horas facendo experimentos en casa. Al fora considerado polos veciños como un neno difícil. Sempre andaba facendo falcatruadas encontrándose en apuros moitas veces. O celeiro do seu pai foi pasto das chamas porque acendeu unha pequena lumarada (só para ver que pasaba). O incendio estivo a punto de estenderse a toda a aldea; seu pai, Sam, comerciante de madeiras e víveres, castigouno pegándolle publicamente na praza do mercado.

Sendo xa adulto, Thomas Alva falaba da súa nai case con devoción, pero en cambio nunca mencionou nada positivo do seu pai: “Meu pai pensaba que eu era parvo, e eu case cría que en verdade era un idiota”. Á súa vez, o pai tampouco deixou dúbida ningunha de que non podía comprender o rapaz, a súa constante curiosidade, as súas preguntas...

Thomas A. Edison desde pequeno demostrou poder de observación e curiosidade. En 1854 a familia mudouse para Port Huron, Míchigan. No soto da casa Edison instalou un laboratorio de química, onde realizaba experiencias. Aprendeu o código Morse e comezou a construír telégrafos artesanais.

Edison desenvolveu problemas de audición aos 12 anos. A causa da súa xordeira atribúese a un ataque de escarlatina durante a infancia e a infeccións recorrentes no oído medio non tratadas. Posteriormente inventou historias ficticias sobre a causa da súa xordeira. Como estaba completamente xordo dun oído e apenas oía polo outro, dise que Edison escoitaba un reprodutor de música ou un piano cravando os dentes na madeira para absorber as ondas sonoras no seu cranio. A medida que envellecía, Edison cría que a súa perda de audición permitíalle evitar distraccións e concentrarse máis facilmente no seu traballo. Historiadores modernos e profesionais da medicina suxeriron que podería ter TDAH.

Primeiros anos de carreira

Thomas Edison comezou a súa carreira como repartidor, vendendo periódicos, doces e verduras, nos trens que ían de Port Huron a Detroit. Aos 13 anos xa gañaba 50 dólares á semana, que destinaba na súa maior parte a comprar equipos para experimentos eléctricos e químicos. Aos 15 anos, en 1862, salvou a Jimmie MacKenzie, de 3 anos, de ser arroiado por un tren fóra de control. O pai de Jimmie, J. U. MacKenzie que era de Mount Clemens, Míchigan e xefe de estación, quedou tan agradecido que formou a Edison como operador de telégrafo. O primeiro traballo de telegrafía de Edison lonxe de Port Huron foi en Stratford Junction, Ontario, no Grand Trunk Railway. Tamén estudou análise cualitativa e realizou experimentos químicos ata que deixou o traballo no canto de ser despedido tras ser considerado responsable dunha case colisión de dous trens.

Edison obtivo o dereito exclusivo de vender xornais na estrada e, coa axuda de catro axudantes, mecanografou e imprimiu o Grand Trunk Herald, que vendeu xunto cos outros periódicos. Edison iniciou así un longo refacho de aventuras empresariais, a medida que descubría o seu talento como home de negocios. En última instancia, o seu espírito emprendedor foi fundamental para a creación dunhas 14 empresas, entre elas General Electric, que é unha das maiores empresas que cotizan en bolsa do mundo.

En 1866, á idade de 19 anos, Edison trasladouse a Louisville, Kentucky, onde, como empregado da Western Union, traballou na oficina da axencia de noticias da Associated Press. Edison solicitaba a quenda de noite, o que lle deixaba moito tempo para dedicarse aos seus dous pasatempos favoritos: ler e experimentar. Co tempo, este último custoulle o posto. Unha noite de 1867, estaba a traballar cunha batería de chumbo e ácido cando derramou ácido sulfúrico polo chan. O ácido correu entre as táboas do chan e caeu sobre a mesa do seu xefe. Á mañá seguinte, Edison foi despedido.

En 1868 patentou o seu primeiro invento, que foi un contador automático de votos, U.S. Patent 90646, concedida o 1 de xuño de 1869. Ao atopar pouca demanda para a máquina, Edison trasladouse a Nova York pouco despois. Un dos seus mentores durante eses primeiros anos foi un compañeiro telegrafista e inventor chamado Franklin Leonard Pope, que permitiu ao mozo empobrecido vivir e traballar no soto da súa casa de Elizabeth, Nova Jersey, mentres Edison traballaba para Samuel Laws na Gold Indicator Company. Pope e Edison fundaron a súa propia empresa en outubro de 1869, traballando como enxeñeiros eléctricos e inventores. Edison comezou a desenvolver un sistema telegráfico multiplex, que podía enviar dúas mensaxes simultaneamente, en 1874.

Sábese que ao principio da súa carreira matriculouse nun curso de química en The Cooper Union for the Advancement of Science and Art para apoiar o seu traballo nun novo sistema de telegrafía con Charles Batchelor. Esta parece ser a súa única inscrición en cursos dunha institución de ensino superior.

Laboratorio de Menlo Park (1876–1886)

Centro de investigación e desenvolvemento

Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións 
Laboratorio de Edison en Menlo Park, reconstruído en Greenfield Village, no Museo Henry Ford de Dearborn, Míchigan

A principal innovación de Edison foi a creación dun laboratorio de investigación industrial en 1876. Construíuse en Menlo Park, unha parte do municipio de Raritan (agora chamado Edison Township na súa honra) no condado de Middlesex, Nova Jersey, cos fondos da venda do telégrafo cuádruplex de Edison. Despois da súa demostración do telégrafo, Edison non estaba seguro de que o seu plan orixinal de vendelo por 4.000 a 5.000 dólares fose correcto, así que pediu a Western Union que fixese unha oferta. Sorprendeulle que lle ofrecesen 10.000 dólares (258.647 dólares en 2022), que aceptou agradecido. O telégrafo cuádruplex foi o primeiro grande éxito financeiro de Edison, e Menlo Park converteuse na primeira institución creada co propósito específico de producir constantes innovacións e melloras tecnolóxicas. A Edison atribuíronselle legalmente a maioría dos inventos producidos alí, aínda que moitos empregados levaron a cabo actividades de investigación e desenvolvemento baixo a súa dirección. Polo xeral, os seus empregados debían seguir as súas instrucións á hora de levar a cabo as investigacións, e el esixíalles con afán que producisen resultados.

William Joseph Hammer, enxeñeiro eléctrico consultor, empezou a traballar para Edison e iniciou as súas tarefas como axudante de laboratorio en decembro de 1879. Colaborou en experimentos sobre o teléfono, o fonógrafo, o ferrocarril eléctrico, o separador de mineral de ferro, a iluminación eléctrica e outros inventos en desenvolvemento. Con todo, Hammer traballou principalmente na lámpada eléctrica incandescente e foi posto a cargo das probas e rexistros dese dispositivo. En 1880, foi nomeado enxeñeiro xefe da Edison Lamp Works. No seu primeiro ano, a planta, baixo a dirección do director xeral Francis Robbins Upton, produciu 50.000 lámpadas. Segundo Edison, Hammer foi "un pioneiro da iluminación eléctrica incandescente". Frank J. Sprague, matemático competente e antigo oficial naval, foi recrutado por Edward H. Johnson e uniuse á organización de Edison en 1883. Unha das contribucións de Sprague ao Laboratorio Edison de Menlo Park foi ampliar os métodos matemáticos de Edison. A pesar da crenza común de que Edison non utilizaba as matemáticas, a análise dos seus cadernos revela que era un astuto usuario das análises matemáticas realizadas polos seus axudantes como Francis Robbins Upton, por exemplo, determinando os parámetros críticos do seu sistema de iluminación eléctrica incluíndo a resistencia da lámpada mediante unha análise da Lei de Ohm, a Lei de Joule e a economía.

Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións 
Edison's Menlo Park Lab, 1880

Case todas as patentes de Edison eran patentes de utilidade, que estaban protexidas durante 17 anos e incluían inventos ou procesos de natureza eléctrica, mecánica ou química. Ao redor dunha ducia eran deseño de patentes, que protexen un deseño ornamental durante un máximo de 14 anos. Como na maioría das patentes, as invencións que describía eran melloras sobre o estado da técnica. A patente do fonógrafo, en cambio, non tiña precedentes ao describir o primeiro dispositivo para gravar e reproducir sons.

En pouco máis dunha década, o laboratorio de Edison en Menlo Park crecera ata ocupar dúas mazás. Edison dixo que quería que o laboratorio tivese "existencias de case todos os materiais imaxinables". Un artigo de xornal impreso en 1887 revela a seriedade da súa afirmación, afirmando que o laboratorio contiña "oito mil tipos de produtos químicos, todo tipo de parafusos, agullas de todos os tamaños, todo tipo de cordas ou arames, pelo de humanos, cabalos, porcos, vacas, coellos, cabras, visóns, camelos...". ... seda en todas as súas texturas, capullos, diversas clases de pezuños, dentes de quenlla, cornos de cervo, casca de tartaruga ... cortiza, resina, verniz e aceite, plumas de avestruz, cola de pavo real, acibeche, ámbar, caucho, todos os minerais ..." e a lista continúa.

Sobre o seu escritorio, Edison exhibia un cartel coa famosa cita de Sir Joshua Reynolds: "Non hai recurso ao que un home non recorra para evitar o verdadeiro traballo de pensar." Dise que este slogan colocouse noutros lugares das instalacións.

En Menlo Park, Edison creara o primeiro laboratorio industrial dedicado a crear coñecementos e controlar a súa aplicación. O nome de Edison figura en 1.093 patentes.

Fonografo

Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións 
O fonógrafo de Edison.
Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións 
Fotografía de Edison coa seu fonógrafo (2º modelo), tomada no estudo de Mathew Brady en Washington, D.C., en abril de 1878.

Edison comezou a súa carreira como inventor en Newark, Nova Jersey, co repetidor automático e outros dispositivos telegráficos mellorados, pero o invento que lle deu a coñecer máis amplamente foi o fonógrafo en 1877. Este logro foi tan inesperado para o gran público que pareceu case máxico. Edison pasou a ser coñecido como "O Mago de Menlo Park".

O seu primeiro fonógrafo gravaba nunha folla de estaño disposta ao redor dun cilindro estriado. A pesar da súa limitada calidade de son e de que as gravacións só podían reproducirse unhas poucas veces, o fonógrafo converteu a Edison nunha celebridade. Joseph Henry, presidente da Academia Nacional de Ciencias e un dos electricistas máis reputados dos Estados Unidos, describiu a Edison como "o inventor máis enxeñoso deste país... ou de calquera outro". En abril de 1878, Edison viaxou a Washington para demostrar o fonógrafo ante a Academia Nacional de Ciencias, os congresistas, os senadores e o presidente dos Estados Unidos Hayes. The Washington Post describiu a Edison como un "xenio"." e a súa presentación como "unha escena... que vivirá na historia". Aínda que Edison obtivo unha patente para o fonógrafo en 1878, fixo pouco por desenvolvelo ata que Alexander Graham Bell, Chichester Bell e Charles Tainter fabricaron na década de 1880 un aparello similar ao fonógrafo que utilizaba cilindros de cartón recubertos de cera.

Transmisor telefónico de carbono

En 1876, Edison empezou a traballar para mellorar o micrófono para teléfonos (naquela época chamado "transmisor") desenvolvendo un micrófono de carbono, que consistía en dúas placas metálicas separadas por gránulos de carbono que cambiaban a resistencia coa presión das ondas sonoras. Faciase pasar unha corrente continua constante entre as placas a través dos gránulos e a variación da resistencia daba lugar a unha modulación da corrente, creando unha corrente eléctrica variable que reproducia a presión variable da onda sonora.

Até entón, os micrófonos, como os desenvolvidos por Johann Philipp Reis e Alexander Graham Bell, funcionaban xerando unha corrente débil. O micrófono de carbono funciona modulando unha corrente continua e, posteriormente, utilizando un transformador para transferir o sinal así xerado á liña telefónica. Edison foi un dos moitos inventores que traballaron no problema de crear un micrófono utilizable para telefonía facendo que modulara unha corrente eléctrica que pasase a través del. O seu traballo coincidiu co transmisor de carbono de contacto solto de Emile Berliner (que perdeu un caso posterior de patente contra Edison sobre a invención do transmisor de carbono) e David Edward Hughes estudan e publican un artigo sobre a física dos transmisores de carbono de contacto perdido (traballo que Hughes non se molestou en patentar).

Inventou un equipamento electromecánico que transmitía telegraficamente as evolucións da bolsa de valores, que lle proporcionou grandes beneficios económicos. Despois produciu moitos inventos que non tiveron gran resultado comercial.

Despois dalgún tempo, Edison inventou un dos seus dispositivos, un aparello que axilizaba as transmisións en código morse. Era unha pena eléctrica que simplificaba a duplicación en mimógrafo. Mudándose para Menlo Park, Nova York, diversificou as súas investigacións, abordando as máis diversas tecnoloxías, iniciando as investigacións en telefonía, perfeccionou o fonógrafo, e creou a primeira lámpada incandescente con filamento de carbón. Xa cun gran equipo de profesionais, construíu o primeiro dínamo de alta potencia e patentou moitas invencións, destacando o xerador de alto vacuo para a fabricación de lámpadas, o medidor de consumo eléctrico ou o regulador de corrente para máquina de solda eléctrica.

En outubro de 1879 a Edison Electric Light Company era unha potencia económica dominando a xeración de electricidade nos Estados Unidos. Porén, o seu creador continuou coa súa produción de inventos. Nesta época patentou a lámpada incandescente de filamento fino de carbón a alto vacuo. O produto, debido á nova tecnoloxía, tivo un aumento substancial da súa vida útil. En 1883, despois de ter descuberto o efecto Edison, patentou o primeiro dispositivo termoiónico, un díodo termoiónico ou válvula de Edison, que foi precursora da válvula de radio, ou válvula termoiónica.

Edison General Electric

Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións 
Mimeógrafo, máquina de escribir da súa invención.

En 1888 fundouse a Edison General Electric, iniciando un dos maiores conglomerados industriais do planeta, fabricando tódolos tipos de dispositivos eléctricos, como xeradores, motores ou xigantescas válvulas solenoides. A empresa transformouse nun dos maiores fabricantes multinacionais.
Durante a primeira guerra mundial, a General Electric entrou no campo da metalurxia naval producindo xigantescas máquinas e equipamentos que viñeron incorporar os novos navíos que estaban sendo producidos nos máis diversos estaleiros dos Estados Unidos. A GE entrou tamén no ramo da industria química perfeccionando os métodos de fabricación de novos produtos e substancias.

Edison está considerado un dos inventores máis prolíficos do seu tempo, pois rexistrou 1.093 patentes co seu nome. A maioría desas invencións non eran completamente orixinais, senón melloras máis adiantadas de patentes anteriores, e foron feitas realmente polos seus numerosos empregados. Edison foi frecuentemente criticado por non repartir os seus beneficios.

Contribucións

Thomas Alva Edison: Traxectoria, Edison General Electric, Contribucións 
Dólar coa imaxe de Thomas Alva Edison, conmemorativo dos 125 anos da súa lámpada incandescente.

Entre as súas contribucións atópanse a lámpada eléctrica incandescente (mediante un sistema de filamento que aínda é utilizado actualmente), o gramófono, o cinetoscopio, o ditáfono e o micrófono de gránulos de carbón para o teléfono; Edison é un dos precursores da tecnoloxía do século XX. Moitos o consideran o maior inventor de todos os tempos e tivo o seu cociente intelectual estimado en cerca de 240. Atribúenselle máis de 1.300 patentes, das cales varias centenas son de feito da súa propia autoría.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía


Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Thomas Alva Edison TraxectoriaThomas Alva Edison Edison General ElectricThomas Alva Edison ContribuciónsThomas Alva Edison NotasThomas Alva Edison Véxase taménThomas Alva Edison

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lingua inglesaPeneNova narrativa galegaLugares de GaliciaGiorgio de ChiricoEpisodios NacionalesChairaLista de paísesEnrique Labarta PoseElena RivoEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Toñito BlancoChris HemsworthNacionalismo galegoArsenal F.C.Paulino PereiroLareiraOcéano ÍndicoRafael NadalProxyXestaDesoxitimidina monofosfatoNordésXironaQLista de aeroportos en ArmeniaMasturbación coas mamasMorgadoMichelangeloGaliciaConcellos de GaliciaOU-903Abril na cultura popular galegaBrais RuanovaBanco de Galicia (oceanografía)Emiratos Árabes UnidosDon Juan TenorioKeanu ReevesSabela (Operación Triunfo)O Castro de Beiro, OurenseNoa PresasTereixa NavazaFragas do EumeLista de WikipediasBugalloInstagramReal Club Celta de VigoÁlex FidalgoJames BrownJosé Caamaño LouroJennifer AnistonMargaret ThatcherRevolución galega de 1846OU-411David BroncanoArxilaCastro de Punta do BicoFachada do ObradoiroAsturiasOs demostrativos galegosManuel Núñez SingalaKPosición do misioneiro invertidaTilacoideAs aves na cultura popular galegaEstación de OrdesGrupo NósDiego VillaresXinzo de LimiaMaría LadoSegunda República EspañolaEstatua de Che Guevara en OleirosAnxo Lorenzo SuárezKevin De BruyneGrupo Eroski🡆 More