rusia

rusia
Rusia, (en ruso: Россия, transliteración: Rossiya, ou Federación Rusa (en Ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no Mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangell. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sahalín, as illas Kuriles e as illas Komandorskie. A porción continental limita ao norte co Mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o Mar de Chukchi, ao leste co Estreito de Bering e Mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o Océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta con Xapón, ao sur con Corea do Norte, China, Mongolia, Casaquistán, o Mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está a Turquía, e a oeste limita co Mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co Golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.

Artigo destacado - Избранная Статья

editar

rusia
Laika (ruso: Лайка c. 1954 – 3 de novembro de 1957) foi unha cadela que participou no Programa Sputnik soviético, converténdose nun dos primeiros animais en saír ao espazo e o primeiro en orbitar a Terra. Laika foi atopada nas rúas de Moscova sen dono e foi seleccionada para ser a ocupante do Sputnik 2, lanzado ao espazo o 3 de novembro de 1957.

Anteriormente á súa misión non se tiñan datos do impacto dos voos espaciais nos seres vivos e a tecnoloxía para saír de órbita non se desenvolvera aínda, polo que os científicos non esperaban que Laika sobrevivira á misión. Porén, consideraban esta misión coma un paso previo necesario ás misións tripuladas por seres humanos. O experimento tiña o obxectivo de probar que un pasaxeiro vivo podía sobrevivir o lanzamento e soportar a ingravidez, abrindo as portas aos voos tripulados por persoas e fornecendo os primeiros datos de como os organismos vivos reaccionan en ambientes externos á Terra...

Imaxe destacada - Избранные фото

editar

rusia
O tsar Nicolao II de Rusia xunto ao seu fillo Aleksei durante o exilio en Tobolsk en 1917

Sabías que...? - Знаете ли вы, что...?

editar

Estreito Espacial MIR

Biografía destacada - Избранная Персоналии

editar

rusia
Aleksandr Vasilievich Kolchak (en ruso:Алекса́ндр Васи́льевич Колча́к), nado en San Petersburgo o 4 de novembroxul./ 16 de novembro de 1874greg. e finado en Irkutsk o 7 de febreiro de 1920, foi un mariñeiro, militar e explorador do Ártico ruso, caudillo do movemento antibolxevique coñecido como Movemento branco durante a guerra civil rusa que dirixiu en Siberia un Goberno oposto ao de Lenin desde novembro de 1918 a febreiro de 1920.

Kolchak comezou a súa carreira como oficial, oceanógrafo e hidrólogo da Armada Imperial Rusa e foi membro e logo comandante de varias exploracións polares auspiciadas pola Academia de Ciencias de Rusia. A illa Kolchak, situada no mar de Kara, foi bautizada na súa honra. Durante a guerra ruso-xaponesa (1904-1905) distinguiuse no sitio de Port Arthur cando unha mina lanzada desde o destrutor ao seu mando afundiu o cruceiro xaponés Takasago. Despois da guerra foi un dos renovadores da frota rusa e participou na creación do Estado Maior da Armada, o equivalente da Stavka. Durante os primeiros anos do século XX, alternou os seus estudos científicos e exploracións coas súas tarefas de modernización da Mariña rusa no Estado Maior...

Símbolos históricos - Исторические символы

editar

rusia rusia
Himno da Federación Rusa
interpretado polo Coro do Kremlin de Moscova.

Artigos de calidade e bos
Categorías - Категории
Proxectos relacionados

editar

Wiki:Wikiproxecto Rusia
Wiki: Wikiproxecto Rusia

Wikiproxecto Rusia

Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wiki Commons
Wiki Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ana Luísa BouzaRocco SiffrediParafusoRetorno a Tagen Ata2020Lista de episodios de DoraemonHard GZCorzoNational Portrait GalleryPosicións sexuaisRebeliom do InframundoEva CárdenasRefraneiro galego sobre o mes de maioAvenida da Liberdade (Lisboa)Pablo PicassoTeixugoDonald TrumpXosé Manuel BeirasNarónBerrogüettoNordés (vento)MimosaXabier DíazIgnacio Rivera QuintanaPonte 25 de AbrilXoán Manuel PintosRomariz, Riós, RiósAlexander VórticeReal Academia GalegaIndonesiaVietnamChatGPTReino de GaliciaThibaut CourtoisLista de paísesDeportivo da CoruñaGalipediaAdolfo SuárezMoinanteLingua galegaJosé Manuel Rodríguez PuentePalmaAmy WinehouseRibeira28 de decembroDodroMommy Dead and DearestPili PampínMucha e NuchaLeonardo da VinciRevolución dos CaraveisEsther EstévezComarcas de GaliciaLuísa VillaltaCessna T-37 TweetZeca AfonsoPontedeumePapuxa das amorasTwitterVangardasUcraínaLuís CíliaSlumdog MillionaireMoulin RougeTECOR societarioHolocaustoGrupo SargadelosMaría PitaCouselo (planta)Elvira Fernández BalboaCarrizo (paxaro)🡆 More