Grigorii Rasputin

Grigorii Efimovich Rasputin (en ruso: Григорий Ефимович Распутин), nado en Pokrovskoe o 9 de xaneiroxul./ 21 de xaneiro de 1869greg.

Tamén foi coñecido coma o monxe tolo.

Infotaula de personaGrigorii Efimovich Rasputin
Grigorii Rasputin
Rasputín
Nome orixinal(ru) Григорий Ефимович Распутин Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiroxul./ 21 de xaneiro de 1869greg.
Pokrovskoe, Grigorii Rasputin Imperio Ruso
Morte17 de decembroxul./ 30 de decembro de 1916greg.
San Petersburgo, Grigorii Rasputin Imperio Ruso
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Afogamento e ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeRuso
RelixiónKhlysts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porInfluencia na familia de Nicolao II
Actividade
OcupaciónMonxe, místico e curandeiro
LinguaLingua rusa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePraskovia Fedorovna Dubrovina
FillosDmitrii Rasputín
Mariia Rasputina
Bárbara Rasputina

IMDB: nm1391270 WikiTree: Распутин-1 Find a Grave: 7304586 Editar o valor em Wikidata

Pretendía parecerse a Xesucristo e tiña fama de curandeiro mediante o rezo, razón pola que, grazas a unha amiga da tsarina chamada Anna Vyrubova, no ano 1905 foi chamado ante os tsares para que curase o seu fillo, o tsarévich Aleksei, que padecía hemofilia. O tsarévich mellorou (segundo algúns investigadores grazas á hipnose) e a Familia Imperial, especialmente a tsarina Alexandra, caeu baixo a influencia do monxe.

Primeiros anos

Grigorii Rasputin 
Pokrovskoe, preto do Río Tura en 1912. Rasputin recadou fondos para decorar a igrexa que foi construída cara a 1906 e destruída en 1950.

Grigorii Rasputin naceu na pequena aldea de Pokrovskoe, no actual distrito de Iarkovskii. Os rexistros teñen unha entrada datada o 9 de xaneiro de 1869 que di: Na aldea de Pokrovskoe, na familia campesiña de Efim Iakovlevich Rasputin, naceu un fillo, Grigorii. Ao día seguinte foi bautizado e nomeado na honra de San Gregorio de Nisa.

Foi o quinto fillo dun total de nove, dos cales só Grigorii e a súa irmá Feodosiia sobreviviron. Nunca asistiu á escola –segundo un censo de 1897, case todos os habitantes da aldea eran analfabetos–. En Pokrovskoe, Rasputin foi visto como un estraño, rodeado de misteriosos agasallos. O pouco que se coñece sobre a súa infancia é grazas á súa filla Mariia, pero todas as súas memorias considéranse de pouca confianza.

O 2 de febreiro de 1887 Rasputin casou con Praskovia Fedorovna Dubrovina, e xuntos tiveron tres fillos: Dmitrii, Mariia e Varvara. En 1892 Rasputin deixou a súa aldea, a súa muller, fillos e pais. Pasou varios meses nun mosteiro en Verkhoture.

Inicio da vida relixiosa

Grigorii Rasputin 
Makarii, Feofan de Poltava e Grigorii Rasputin

Rasputin afirmou que a visión da Nosa Señora de Kazán o levou a escoller a vida dun místico relixioso. Arredor de 1893 viaxou ao monte Atos, pero quedou profundamente desilusionado, como lle dixo a Makarii. En 1900 Rasputin identificábase como un strannik, un errante relixioso, visitando os lugares sagrados a pé, vivindo da caridade, aínda que sempre regresou á súa casa para as sementeiras e as colleitas. Habitualmente é visto como un iurodivyi ou monxe tolo, e moitas veces, de xeito erróneo, como un starets, pero o propio Rasputin nunca chegou a considerarse un deles, posto que vivían en reclusión e silencio.

En 1903, Rasputin decidiu pasar un tempo en Kíiv, a 3.000 km da súa aldea, onde visitou o Mosteiro das Covas. En Kazán, atraeu a atención do bispo e membros das clases altas. Aprendeu as Escrituras, e as súas interpretacións foron tan orixinais, que as persoas das clases sociais máis elevadas gozaban escoitándoo. Rasputin viaxou máis adiante á capital para reunirse con Xoán de Kronstadt e adquirir donativos para a construción da igrexa da súa aldea. Foi presentado a Serxio I de Moscova, o reitor da Academia Teolóxica de San Petersburgo. Pierre Gilliard escribiu que Rasputin chegou en 1905, Nelipa pensa que foi no outono de 1904, e Iliodor considera que foi en 1903, Nunha ocasión foi invitado por Milica de Montenegro e a súa irmá Anastasia de Montenegro, que estaban interesadas no misticismo persa, espiritismo e ocultismo. O 19 de outubroxul./ 1 de novembro de 1905greg., Milica presentouno ao tsar Nicolao II e á súa dona Alexandra no palacio de Petergof.

Antes do seu encontro con Rasputin, o tsar tivera que enfrontarse coa Guerra Ruso-Xaponesa, o Domingo Sanguento, a Revolución Rusa de 1905, bombas e unha folga a escala nacional dos ferrocarrís. Nunha cidade sen electricidade, o Emperador e Autócrata de Todas as Rusias viuse obrigado por Sergei Witte a asinar o Manifesto de Outubro, polo que se establecía a Duma Imperial e renunciar a parte do seu poder autocrático.

Chegada á Corte Imperial

Grigorii Rasputin 
Rasputin e os seus fillos

En outubro de 1906, por petición do tsar, Rasputin visitou a ferida filla do Primeiro Ministro Petr Stolypin. Unhas poucas semanas antes, 29 persoas foran asasinadas nun atentado, no que dous fillos de Stolypin resultaran danados.

O 15 de decembro dese ano:

"... Rasputin pediulle audiencia ao Tsar, para cambiar legalmente o seu apelido. Grigorii explicou que seis familias en Pokrovskoie levaban ao apelido Rasputin, e isto estaba producindo todo tipo de confusións. Rasputin pediulle a Nicolao acabar con esta confusión permitíndome a mín e os meus descendentes levar o apelido Rasputin-Novyi, que significa Novo Rasputín.

En marzo de 1907 Rasputin recibiu o permiso para cambiar o seu apelido. En abril foi invitado de novo a Tsarskoe Selo, nesta ocasión para ver ao fillo do tsar, o tsarévich Aleksei Nikolaevich. O neno fixérase dano e isto causoulle unha dolorosa hemorraxia. Non era público, era máis ben segredo de Estado, que o herdeiro ao trono sufría hemofilia, unha enfermidade que afectaba a moitas casas reais de Europa. Cando os doutores non puideron ofrecerlle unha cura, a tsarina desesperada buscou axuda. Rasputin tiña fama de ter a habilidade de curar mediante a oración e foi quen de calmar aos tsares e darlle ao tsarévich un pouco de alivio, a pesar de que os doutores predixeran que ía morrer. Ao día seguinte o tsarévich mostrou signos de mellora.

Pierre Gilliard, a historiadora francesa Hélène Carrère d'Encausse e o xornalista Diarmuid Jeffreys, especularon sobre a posibilidade de que as prácticas de Rasputin incluían a administración de aspirina, un analxésico dispoñible desde 1899.

O 9 de outubro de 1912, Aleksei recibiu a extremaunción durante outra grave crise. Os Romanov estaban pasando uns días no seu palacio de Białowieża, e marcharon a Spala (Polonia). Durante un paseo no bosque, os bruscos movementos da carruaxe provocaron un hematoma interno no tsarévich. Alexandra apenas se separaba do seu lado e desesperada acudiu a súa dama de compaña, Anna Vyrubova para que conseguira a axuda do curandeiro Rasputin, naqueles momentos caído en desgraza. Rasputin respondeu cun telegrama profético: O pequeno non finará. Non deixe que os doutores o molesten moito. A temperatura do tsarévich descendeu e o hematoma desapareceu, pero o neno tardou case un ano en recuperarse por completo.

O médico da corte, o doutor Evgenii Botkin consideraba a Rasputin como un charlatán e que os seus poderes proviñan do uso da hipnose, pero Rasputin non se interesou por esta práctica antes de 1913. Varios inimigos de Rasputin chegaron a suxerir que este drogaba en segredo a Aleksei con herbas medicinais do Tíbet.

Relación coa Familia Imperial

Grigorii Rasputin 
Alexandra Fedorovna cos seus fillos, Rasputin e a enfermeira Mariia Ivanovna, quen máis tarde afirmaría que fora violada por Rasputin.

A tsarina Alexandra confiaba nos consellos de Grigorii Rasputin, e deu crédito ás súas oracións despois de que axudaran a aliviar as dores de Aleksei en numerosas ocasións. As grandes duquesas e o tsarévich foron criados para ver a Rasputin como o noso amigo e confidente. No outono de 1907 a gran duquesa Olga Aleksandrovna Romanova, foi levada polo tsar ata o cuarto dos nenos para que coñecesen o monxe. A gran duquesa lembraba máis adiante:

«Anastasia, as súas irmás e o seu irmán Aleksei levaban longos camisóns brancos. A todos parecía gustarlles ese home, víaselles cómodos na súa presenza.»
Olga Aleksandrovna.

A complicidade de Rasputin cos nenos facíase patente en moitas das mensaxes que lles enviaba. En febreiro de 1909 escribiulles un telegrama no que lles aconsellaba:

«Amade toda a intensidade de Deus e da súa Creación, en especial nesta terra. A Nai de Deus sempre estaba ocupada cosendo e recollendo flores.»
Rasputin.

Porén, unha das doncelas das grandes duquesas, Sofia Ivanovna Tiutcheva, horrorizouse en 1910 sobre o feito de que se lle permitira a Rasputin entrar nos cuartos das rapazas cando estas só levaban un camisón. O tsar Nicolao tivo que pedirlle ao starets que evitase facelo nun futuro. Os nenos, conscientes da situación, temeron que as palabras de Tiutcheva fixesen enfadar a súa nai:

«Teño medo de que S.I. diga... cousas malas do noso amigo (...) Espero que a nosa doncela sexa amable co noso amigo no futuro»
Carta de Tatiana a Alexandra o 8 de marzo de 1910.

Pouco despois a tsarina despediu a Tiutcheva.

Tiutcheva informou do que vía o resto de membros da familia imperial. Mentres que as visitas de Rasputin ás nenas eran consideradas polo monxe como algo completamente inocente na natureza, o resto da familia estaba escandalizada. Tiutcheva explicoulle á irmá de Nicolao, a gran duquesa Xenia, que Rasputin visitaba as nenas, falaba con elas mentres se preparaban para ir durmir e as abrazaba e acariciaba. Tiutcheva dicía que as nenas foran instruídas para non falar do monxe na súa presenza e para ocultar as súas visitas aos seus cuartos. O 15 de marzo de 1910 Xenia escribiu que non podía entender:

«... a actitude de Alix (a tsarina) e os nenos cara a ese sinistro Grigorii Rasputin, ao que consideraban case como un santo, cando non era máis ca un vulgar "khlistii"».

Na primavera de 1910 María Ivanovna Vishniakova, unha doncela real, denunciou que Rasputin a violara. Vishniakova dixo que a tsarina se negou a crela e que insistiu en que «todo o que Rasputin fai é santo». A gran duquesa Olga Aleksandrovna declarou que as acusacións de Vishniakova foron inmediatamente investigadas, porén «sorprenderon a moza na cama cun cosaco da Garda Imperial». Impediron a Vishniakova acercarse a Rasputin e en 1913 foi despedida.

Grigorii Rasputin 
Caricatura de Rasputín controlando aos tsares de Rusia

Os rumores continuaron, ata o punto que se dicía que Rasputin non só seducira a tsarina, senón tamén as catro grandes duquesas. Estes rumores aumentaron cando o propio Rasputin divulgou as cartas que a tsarina e as súas fillas lle enviaban:

«Meu querido, fermoso, o meu único amigo (...) Cantas ganas teño de verte outra vez. Hoxe soñei contigo. Sempre lle pregunto a Mamá cando virás... Penso en ti sempre, cariño, porque es tan bo comigo...»
Carta de Anastasia a Rasputin.

A estas revelacións seguiron a circulación duns debuxos pornográficos que representaban a Rasputin mantendo relacións sexuais coa tsarina, as súas catro fillas e Ana Vyrubova. A raíz do escándalo o tsar, a pesar da forte oposición da súa esposa, ordenou a Rasputin que abandonase San Petersburgo por un tempo, co que este marchou de peregrino a Palestina. A pesar dos rumores, a unión entre a familia imperial e o monxe continuou ata o asasinato deste o 16 de decembroxul./ 29 de decembro de 1916greg..

«O Noso Amigo está moi satisfeito das nosas nenas, di que teñen pasado por duras probas para a súa idade e que as súas almas están moi desenvolvidas»
Carta de Alexandra a Nicolao o 6 de decembro de 1916.

Nas súas memorias, A. A. Mordvinov escribiu que as catro grandes duquesas quedaron «visiblemente trastornadas» pola morte de Rasputin e que permaneceron sentadas «abrazadas unhas ás outras» nun sofá dun dos seus dormitorios durante toda a noite na que recibiron a noticia. Mordvinov lembraba que as rapazas estaban de moi mal humor e que parecían intuír a axitación política que xa se estaba creando en Rusia. Rasputin foi soterrado cunha icona, asinada no reverso pola tsarina e as súas catro fillas. Anastasia asistiu ao seu enterro, o 21 de decembro de 1917xul./ 3 de xaneiro de 1918greg. e xunto á súa familia idearon edificar unha igrexa sobre o lugar da súa tumba.

Primeira guerra mundial

Trala Primeira Guerra dos Balcáns, a Liga Balcánica planeou a partición do territorio europeo do Imperio Otomán entre eles. Durante a Segunda Guerra dos Balcáns, o Tsar interveu tratando de deter o conflito, xa que Rusia non quería perder aos seus aliados eslavos. Rasputin aconsellou ao Tsar que non se involucrara e promovera as negociacións de paz. Rasputin converteuse así en inimigo do Gran Duque Nicolao Nikolaevich, paneslavista, do seu irmán Pedro Nikolaevich e das súas mulleres, Militza de Montenegro e Anastasia de Montenegro, ansiosos de entrar na guerra e expulsar aos austríacos dos Balcáns.

Pouco despois do estoupido da primeira guerra mundial, Rasputin declarouse en contra de que Rusia fora á guerra contra Alemaña. Rogoulle ao Tsar que fixera todo o que estivera nas súas mans para evitar a guerra. Desde o hospital, Rasputin enviou varios telegramas á Corte, expresando os seus medos polo futuro do país:

Se Rusia vai a guerra, será o final da monarquía, dos Romanovs e das institucións rusas.

Durante a Crise de Xullo, Nicolao II ordenou a mobilización xeral para apoiar o Reino de Serbia. Esperaba que Alemaña xamais atacaría Rusia, Francia e Inglaterra ao mesmo tempo. Porén, Alemaña declarou a guerra a Rusia, comezando así a guerra. Rusia esperaba que a guerra durase até o Nadal, pero despois dun ano a situación volveuse insostible. O tsar tomou o control do exército o 23 de agosto de 1915, decisión que, en gran medida, estivo instigada pola tsarina e Rasputín. Alexandra quedou así ao cargo do goberno. A intervención de Rasputin na política do país, que até entón fora esporádica, aumentou até o punto de que Alexandra se limitaba a enviarlle ao seu marido as decisións de Rasputin para que as aprobase.

Primeiro intento de asasinato

A pesar de gozar do favor da emperatriz, Rasputin comezou a ser visto como un perigo para o país. Segundo Pavel Miliukov, en maio de 1914, Rasputin xa era unha persoa influente na política rusa.

O 29 de xuñoxul./ 12 de xullo de 1914greg. unha campesiña chamada Khionia Guseva intentou asasinalo cando o monxe estaba de visita na súa aldea. Rasputin saíra da súa casa para responder un telegrama cando a muller se lanzou sobre el e lle cravou un coitelo no estómago. Rasputin quedou seriamente danado e durante un tempo non estivo claro se sobreviviría ao atentado. Despois de que un médico local lle practicara unha cirurxía de emerxencia na súa casa e pasar un tempo no hospital de Tiumen, Rasputin recuperouse do ataque.

Guseva era seguidora de Iliodor, un antigo monxe que apoiara a Rasputin antes de denunciar as súas escapadas sexuais e auto-engrandecemento en decembro de 1911. Conservador radical e antisemita, Iliodor formou parte do grupo de persoas notables que trataran de quebrar a relación entre a familia real e Rasputin en 1911. Cando o seu intento fracasou, Iliodor foi exiliado de San Petersburgo. Guseva afirmou que actuara soa, logo de ler sobre Rasputin nos xornais e crer que era un "falso profeta e incluso o anticristo". Tanto a policía como Rasputin, creron que Iliodor xogou algún papel na intentouna de acabar coa súa vida. Iliodor deixou o país antes de que puidera ser investigado, e Guseva foi declarada inocente das súas accións debido á súa loucura.

Asasinato

Tanto no Goberno como na Corte, considerábase que a influencia de Rasputin sobre o tsar e a tsarina era nefasta nun momento no que a situación da monarquía era xa crítica. O Primeiro Ministro Aleksandr Trepov chegou a ofrecerlle, sen éxito, mil rublos para que regresase a Siberia. A comezos de 1916, fracasou un intento de asasinato promovido polo exministro de Interior, Aleksei Khvostov. Finalmente a conxura que triunfou foi a do príncipe Feliks Iusupov, na que tamén estiveron implicados o líder dereitista da Duma Imperial, Vladimir Purishkevich, e dous Grandes Duques, Demetrio Pavlovich e Nicolao Mikhailovich.

Iusupov, Purishkevich e o Gran Duque Demetrio decidiron atraer a Rasputin ao palacio de Iusupov coa escusa de que se reuniría coa esposa deste, a Gran Duquesa Irina Aleksandrovna, sobriña do tsar. Así, a pesar de recibir unha advertencia do perigo o mesmo 16 de decembro, Rasputin presentouse no palacio pouco despois da medianoite. Iusupov fíxoo esperar pola Gran Duquesa mentres esta supostamente atendía outros invitados, nunha estancia do soto onde lle serviron viño e uns pasteis envelenados con cianuro. Exasperado porque o veleno non parecía facer o efecto esperado, Iusupov disparoulle un tiro cunha pistola Browning e deuno por morto mentres se preparaba para saír a desfacerse do corpo. Porén, Rasputin sobrevivira ao disparo e Purishkevich, logo de fallar en dúas ocasións, derribouno con outros dous disparos, un nas costas e outro, o mortal, na fronte. Tras isto ataron o corpo con cadeas e lanzárono ao río Neva, onde foi atopado o 18 de decembro.

Rasputin foi enterrado en xaneiro de 1917 xunto ao palacio de Tsarskoe Selo. Trala Revolución de Febreiro, o seu corpo foi desenterrado e queimado no bosque de Pargolovo, onde se ciscaron as súas cinzas.

Investigacións sobre a morte

Investigacións recentes sinalan que no asasinato de Rasputin estivo involucrado o servizo segredo británico, a través dun axente que residía por aquel entón en Petrogrado, chamado Oswald Rayner, baixo o mandato doutro axente chamado John Scale.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Grigorii Rasputin Primeiros anosGrigorii Rasputin Chegada á Corte ImperialGrigorii Rasputin AsasinatoGrigorii Rasputin NotasGrigorii Rasputin Véxase taménGrigorii Rasputin

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O GroveMario CaneiroCarádridosMaspalomasCarlo AncelottiNoruegaAs NevesFlorentino PérezGuerra de Sucesión EspañolaOuvigo, Os Blancos, Os BlancosLapa (molusco)BifidobacteriumEstación de OrdesSabela RamosADP-ribosilaciónArgimiro Marnotes FernándezCanle (comunicación)TarragonaEduardo Blanco AmorÁnxel CasalConcellos de GaliciaLista de programas de Televisión EspañolaPortugalLaureano Amboage QuiñoyCohesiónCosta da MorteMovella grandeMemorias dun neno labregoSara Vila AlonsoChiclana de la FronteraPorto da LúaTelevisión de GaliciaFernando AlonsoBenito MussoliniCaso Asunta BasterraEnrique Jardiel PoncelaPeneiraPúrpuraCSSXohana TorresPeneAturuxo (folclore)IslandiaOurenseCarballoSabela (Operación Triunfo)Emiratos Árabes UnidosXogo da chaveHerbas de san XoánReino de GaliciaIgualadaAmieiroMar MediterráneoOU-413ManchesterBelén CachafeiroSuso de ToroMaría do Socorro Ortega RomeroNaturezaXinzo de LimiaLana Del ReyOs outros feirantesEl Heraldo Gallego (Montevideo)Santuario de Nosa Señora da PenedaAnxo Lorenzo SuárezLuis ZaheraA Fraga, San Cosmede de Cusanca, O IrixoDía das Letras GalegasCroacia🡆 More