Illas Kuriles

As Illas Kuriles (en en ruso Кури́льские острова, /Kuril'skie ostrova/), esténdense en dirección noroeste dende Hokkaido, no Xapón, até Kamchatka, separando o Mar de Okhotsk do océano Pacífico Norte.

Forman parte do óblast ruso de Sakhalin.

Illas Kuriles
Illas Kuriles
Situación das illas Kuriles no Pacífico occidental.

As illas tamén son coñecidas en xaponés como 千島列島 (/Chishima rettō/ Arquipélago das Mil Illas ou o クリル列島 - /Kuriru rettō/, Arquipélago Kuril).

Os ainus habitaron as illas dende tempos remotos até a súa expulsión polos rusos no século XVIII. O Xapón quedou con elas en 1875 (Tratado de San Petersburgo) a cambio de ceder Sakhalin a Rusia. Rusia reclamoullas tras a segunda guerra mundial (Tratado de San Francisco), pero o Xapón mantén a reivindicación sobre as catro illas máis meridionais, coñecidas no Xapón como Territorios do Norte (Conflito das Illas Kuriles).

As illas son famosas pola súa néboa. Son ricas en algas e mais en peixe. A illa máis setentrional, Atlasov, é un cono volcánico case perfecto.

Illas

Nesta táboa lístanse as illas Kurís en dirección Nordés-Suroeste (NE-SO). Alén destas illas existen unha ducia de illotes e penedos menores.

Nome ruso Nome xaponés Superficie
en km²
Altura máx
en m.
Latitude N Lonxitude E
Grupo setentrional
Shumshu Shumushu 388 189 50°45' 156°20'
Atlasov Oyakoba 150 2339 50°50' 155°30'
Paramushir Horomushiru 2053 1816 50°30' 155°40'
Antsiferov Shirinki 7 747 50°12' 154°58'
Makanrushi Makanrushi 49 1171 49°45' 154°25'
Onekotan Onekotan 425 1324 49°25' 154°45'
Jarimkotan Harimukotan 68 1157 49°05' 154°30'
Ekarma Ekaruma 30 1170 48°55' 153°55'
Chirinkotan Chirinkotan 6 742 48°58' 153°30'
Shiashkotan Shasukotan 122 934 48°50' 154°05'
Grupo central
Raikoke Raikoke 4,6 551 48°17' 153°15'
Matua Matsuwa 52 1446 48°05' 153°10'
Rasshua Rasushua 67 948 47°45' 153°00'
Ushishir Ushishiru 5 401 47°30' 152°50'
Ketoy Ketoi 73 1172 47°20' 152°30'
Simushir Shimushiru 353 1539 47°00' 151°55'
Grupo meridional
Broutona Buroton 7 800 46°43' 150°45'
Chirpoy Cherupoi 21 691 46°30' 150°55'
Brat Chirpoyev Buratto Cherupoefu 16 749 46°28' 150°50'
Urup Uruppu 1450 1426 45°50' 149°55'
Iturup Etorofu 3200 1634 44°50' 147°50'
Kunashir Kunashiri 1490 1822 44°05' 146°00'
Shikotan Shikotan 250 413 43°50' 146°45'
Illas Jabomai Habomai 97 45 43°30' 146°05'

Notas

Tags:

HokkaidoKamchatkaLingua rusaMar de OkhotskOcéano PacíficoXapón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel Otero MartínezSonia MéndezVicente RiscoEva MejutoRoberto BautistaAlexandre BóvedaLista de siglas e acrónimosCarmen LovelleVerónica ForquéMéxicoDonicelaRoberto Vidal BolañoPemento de PadrónPaís VascoMaría do Socorro Ortega RomeroGalego-portuguésFillas de CassandraGaliciaMáquina comecartosPosicións sexuaisRexina VegaMalena AlterioDepartamento de ApurímacMamen MendizábalLista de ríos de GaliciaXosé Carlos MorellAdrenalinaAna María Fernández MartínezTeixugoAlfonso RuedaRebeliom do InframundoMovimento das Forças ArmadasOtelo Saraiva de CarvalhoBaby ReindeerEstados Unidos de AméricaWayback MachineCaso Asunta BasterraTaylor SwiftAs Pontes de García RodríguezAs aves na cultura popular galegaPapuxa das amorasSusana FortesZeca AfonsoLista de xentilicios de concellos galegosBlog25 de abrilCamiño de Santiago1868María Xosé QueizánAntónio de Oliveira SalazarC++Parroquias de GaliciaLaurent CantetLuísa VillaltaEduardo PondalManuel Curros EnríquezAntónio de SpínolaLista de palabras galegas de orixe celtaFelaciónPortugalLola FloresIndonesiaEstado NovoJennifer LopezRoko (actriz)Paradigmas dos verbos irregulares galegosValentín García GómezAs dúas MaríasRamón CabanillasHelsingin JalkapalloklubiSri LankaGonzalo Pérez JácomeGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Lipoproteína de BraunLareira🡆 More