Sputnik 2

O Sputnik 2 foi a segunda nave espacial posta en órbita ó redor da Terra, ás 19:12h do 3 de novembro de 1957, sendo a primeira nave en órbita en transportar un ser vivo.

Era unha cápsula cónica de 4 metros de alto cunha base de 2 metros de diámetro. Contiña varios compartimentos destinados a aloxar transmisores de radio, un sistema de telemetría, unha unidade programábel, un sistema de control de rexeneración e temperatura en cabina e instrumental científico. Nunha cabina selada e separada do resto viaxaba a cadela Laika.

Sputnik 2
TipoTecnolóxico / científico
OrganizaciónOKB 1
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento3 de novembro de 1957, 2:30 GMT
Foguete portadorSputnik 8K71PS
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur
Duración da misión162 días
Obxectivo da misiónSegundo satélite artificial, primeiro ser vivo en órbita.
Decaemento14 de abril de 1958
NSSDC ID1957-002A
Masa508,3 kg
DimensiónsCono de 4 m de altura e diámetro de 2 m na base

Os datos biolóxicos e de enxeñería transmitíanse mediante o sistema telemétrico Tral_D, que podía enviar datos á Terra durante 15 minutos por cada órbita. A bordo había dous espectrómetros destinados a medir a radiación solar (emisións ultravioleta, raios X) e raios cósmicos). O Sputnik 2 non levaba cámara de televisión.

Perfil da misión

O Sputnik 2, mediante un R-7 ICMB practicamente similar ó empregado para o Sputnik 1, foi posto nunha órbita a 212 x 1660 km cun período de 103,7 minutos. Tras acadar a súa órbita, o nariz do cono foi expulsado, pero o núcleo do bloque A non se separou como estaba previsto. Isto inhibiu o funcionamento do sistema de control de temperatura. Ademais, algunhas das placas termoillantes se desprenderon, co que a temperatura interior alcanzou os 40 °C. Crese que Laika só sobreviviu unhas poucas horas, en troques dos dez días previstos inicialmente, a causa da calor. A órbita do Sputnik 2 decaeu e reingresou á atmosfera o 14 de abril de 1958, tras 162 días en órbita.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

19573 de novembroCápsulaLaikaNave espacialTemperaturaÓrbita

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manu ChaoDistritos de PortugalCapitalismoBragaFrancisco Miguel Llanos TrápagaSulfato de cobre (II)Manuscrito VoynichRoscón de CaldasOcéano AtlánticoAna BucetaBermudasLista de palabras galegas de orixe celtaFrancisco Llanos MasFinados en 2024XacioReal Academia GalegaAgoladaNetflixMXosefina de Beauharnais.gePartido políticoLiberalPanteón de RomaEl LuísSegar's RollPonte de RandeGrupo NósFernão de MagalhãesYan GeArboJosé Antonio Primo de RiveraIsaac Vila1401Adrián CastiñeirasNewcastle upon TyneCopa LibertadoresEliseo Seoane BardancaImperio españolToledoLingua galegaKuala LumpurBrad PittHolocaustoCarlos VII de FranciaSantuario de Nosa Señora da PenedaSusana PedreiraGheadaA Trabe, San Román de Montoxo, CedeiraLuísa VillaltaCoímbraMonforte de LemosAmancio OrtegaAmancio López SeijasLuís Pérez BarralToni AcostaDaniel de la SotaSikhÁngel Alvariño SaavedraJagoba ArrasateCasa de BonaparteKanye WestPasaporte de FidxiDecímetroQuercusRepública Social ItalianaAntigo ExiptoMetabolismoIria SobradoZendaya🡆 More