Xabier Alonso Olano, máis coñecido como Xabi Alonso, nado en Tolosa (Guipúscoa) o 25 de novembro de 1981, é un exfutbolista e adestrador vasco.
Dende outubro de 2022 adestra o Bayer Leverkusen da Bundesliga. Xogaba na posición de centrocampista e foi 114 veces internacional coa selección española, coa que gañou a Copa do Mundo en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.
Alonso comezou a súa carreira na Real Sociedad, de onde foi cedido brevemente ao SD Eibar. John Toshack apostou por Alonso como capitán txuri urdin e o xogador logrou triunfar no seu novo rol, conseguindo levar a Real Sociedad ao subcampionato na tempada 2002-03 que acabou gañando o Real Madrid. O mediocentro tolosarra foi traspasado ao final desa mesma tempada ao Liverpool FC por 10,5 millóns de libras. Con este conxunto conquistou unha Liga de Campións da UEFA na súa primeira tempada nas illas británicas. Na súa segunda campaña en Anfield gañou a FA Cup e a FA Community Shield. Tras cinco tempadas no Liverpool, Alonso fichou polo Real Madrid o 4 de agosto de 2009 a cambio de 30 millóns de libras (máis de 35 millóns de euros).
Club | País | Ano |
---|---|---|
Antiguoko | España | 1997-1999 |
Real Sociedad | España | 1996-2000 |
SD Eibar | España | 2000 |
Real Sociedad | España | 2001-2004 |
Liverpool FC | Inglaterra | 2004-2009 |
Real Madrid | España | 2009-2014 |
Bayern Munich | Alemaña | 2014-2017 |
O seu debut produciuse o 30 de abril de 2003 en Madrid, nun partido amigable no que a Selección de fútbol de España gañou 4-0 a Ecuador.
Participou nas fases finais da Eurocopa 2004 e do Mundial de Alemaña 2006. Neste Mundial marcou o primeiro gol de España na competición, no partido contra Ucraína, que terminaría 4-0 a favor do combinado español.
O 29 de xuño de 2008, Alonso proclamouse xunto ao seu equipo, campión da Eurocopa 2008. Alonso debutou no terceiro partido da fase de clasificación ante Grecia, encontro no que foi elixido mellor xogador. Tamén xogou nas roldas eliminatorias do torneo como suplente.
No 2009, disputou a Copa Confederacións con España, onde no partido de consolación polo terceiro posto contra Suráfrica marcou un gol de libre directo na prórroga, gol decisivo para a vitoria de España por 3-2.
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.
Alonso disputou tamén partidos internacionais amigables coa selección de Euskadi.
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
FA Cup | Liverpool FC | Inglaterra | 2006 |
Community Shield | Liverpool FC | Inglaterra | 2006 |
Título | Equipo (*) | País | Ano |
---|---|---|---|
Liga de Campións | Liverpool FC | Inglaterra | 2005 |
Supercopa de Europa | Liverpool FC | Inglaterra | 2005 |
Eurocopa | Selección de España | España | 2008 |
Copa Mundial de Fútbol | Selección de España | España | 2010 |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xabi Alonso |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Xabi Alonso, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.