muller

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida nalgúns países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.

muller
muller

Conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

A primeira celebración do Día Internacional da Muller tivo lugar o día 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, e a súa conmemoración tense estendido dende aquela a numerosos países.

En 1972 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou 1975 Ano Internacional da Muller e en 1977 invitou a todos os Estados a declarar, conforme ás súas tradicións históricas e costumes nacionais, un día como Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional.

Artigo destacado

editar

muller
O feminismo é un conxunto de teorías sociais, movementos políticos e filosofías morais, principalmente motivadas por ou concernentes ás experiencias das mulleres, especialmente referidas á súa situación social, política e económica. Como movemento social, o feminismo principalmente está enfocado a erradicar a desigualdade de xénero e promover os dereitos das mulleres e os seus intereses na sociedade. Isto tamén concirne ao efecto que producen os roles de xénero nos homes, e o estímulo aos homes para trocar os roles tradicionais masculinos.

O feminismo alterou principalmente as perspectivas predominantes en diversas áreas da sociedade occidental, desde a cultura ao dereito. As activistas feministas fixeron campañas polos dereitos legais das mulleres (dereitos de contrato, dereitos de propiedade, dereitos ao voto), polo dereito da muller á súa autonomía e á integridade do seu corpo (dereitos ao aborto e dereitos reprodutivos —incluíndo o acceso á contracepción—), pola protección contra a violencia de xénero e a sexual ou polo remate da discriminación no traballo en todas as súas formas.

Imaxe destacada

editar

muller
Mara Friton (HSG Bensheim/Auerbach) nunha acción fronte ao SC Riesa.


Sabías que...?

editar

Ada Lovelace.


Categorías
Biografía destacada

editar

muller
Prudencia Eugenia Juana Osterberger Luard, coñecida simplemente como Eugenia Osterberger, nada en Santiago de Compostela o 20 de decembro de 1852 e finada en Niza o 8 de febreiro de 1932, foi unha compositora galega do romanticismo. Filla dunha coruñesa e un gravador e litógrafo alsaciano, Eugenia Osterberger pronto amosou interese pola música, aprendendo dende nena a tocar o piano. Anos despois do seu regreso de formarse en Francia casou co enxeñeiro francés Francisco Saunier e instalouse na cidade da Coruña. Na cidade herculina Osterberger mantivo relación non só con destacadas personalidades da música galega do seu tempo, senón tamén da literatura, como Emilia Pardo Bazán, integrándose na sociedade El Folk-Lore Gallego, que presidía a propia Emilia. Polas súas achegas no campo da música foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega cando esta se fundou en 1906. En 1908 trasladouse coa súa familia á cidade de Niza, onde residiu ata a súa morte...
Cita destacada

editar

Schönberg en 1948.
Ás veces sentimos que o que facemos é tan só unha pinga no mar, mais o mar sería menos se lle faltara unha pinga.
Proxectos relacionados
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados

editar

Feminismo
Feminismo

Feminismo

Proxectos irmáns

editar

Wiki Commons
Wiki Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario

Wikiquote
Wikiquote

en Galicitas

Tags:

8 de marzoFeminismoMullerOrganización das Nacións Unidas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Susana FortesCentauroAntónio de Oliveira SalazarJava (linguaxe de programación)Boyanka Kostova (grupo musical)BerrogüettoParadigmas dos verbos irregulares galegosRevolución galega de 1846Biblioteca Gabriel García MárquezNervoDodroBaby ReindeerLJosé Ramón Soraluce BlondLeBron JamesRoberto Vidal BolañoBloque Nacionalista GalegoRaoul VázquezArxentinaOctavio AugustoRevolución dos caraveisSegunda división española de fútbolEstadio Municipal de BalaídosReino de GaliciaHTMLFentoSociedad Civil y DemocraciaPriscilianoProvincias de EspañaGuerras púnicasSanta CompañaQuercusCarlos CuerpoRelación sexual humanaFernando Suárez BarciaEva MejutoDolores O'RiordanAndorraFederico García LorcaJosé Manuel Rodríguez PuenteCharles DarwinRamadánLareiraFrancisco Castro VelosoCandela PeñaPosición do misioneiro invertidaIdade MediaDiego Rivas GutiérrezIsabel Feodorovna RomanovaPRECXaxún no islamTesouro de Saddle RidgeIsabel II do Reino UnidoCurmánRomárioJéssica BouzasAfganistánHorteláIsabel PantojaJerry Lee LewisLista de presidentes da República PortuguesaNordés (vento)Lista de xentilicios de concellos galegosTom Holland (actor)LarraunMuralla de LugoDía do LibroLista das aves de GaliciaMoisés Rodríguez PérezCaixa Rural GalegaUrueñaAWStatsCantinflasOs pronomes persoais galegosXosé Ramón GayosoKarmaCarme Chacón🡆 More