Clara Clemens

Clara Langhorne Clemens Samossoud, anteriormente Clara Langhorne Clemens Gabrilowitsch, nada en Elmira (Nova York) o 8 de xuño de 1874 e finada en San Diego (California) o 19 de novembro de 1962, foi unha cantante estadounidense, filla do escritor Samuel Clemens, máis coñecido como Mark Twain.

Foi contralto de concerto e, como única filla supervivente do seu pai, xestionou a súa herdanza e preservou o seu legado despois da súa morte. Casou dúas veces, a primeira co pianista ruso-estadounidense Ossip Gabrilowitsch, e logo (despois da morte de Gabrilowitsch) con Jacques Samossoud. Escribiu biografías de Gabrilowitsch e do seu pai. Ao final da súa vida converteuse en científica cristiá.

Infotaula de personaClara Clemens
Clara Clemens
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1874 Editar o valor em Wikidata
Elmira, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 1962 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
San Diego, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaWoodlawn Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónCiência Cristã (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , biógrafa , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1906 Editar o valor em Wikidata -
TesituraContralto Editar o valor em Wikidata

InstrumentoPiano e voz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOssip Gabrilowitsch
PaisMark Twain Editar o valor em Wikidata  e Olivia Langdon Clemens (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJean Clemens (en) Traducir e Susy Clemens (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 854f1fbc-03f8-4467-97b8-7b259825b995 WikiTree: Clemens-14 Find a Grave: 6093118 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Clara foi a segunda das tres fillas nadas do matrimonio de Samuel Clemens e a súa muller Olivia Langdon Clemens en Elmira, Nova York. A súa irmá máis vella, Susy, morreu cando Clara tiña 22 anos. O seu único irmán, Langdon, morreu sendo aínda un bebé antes de que ela nacese. A súa irmá máis nova foi Jean. Clara tivo un grave accidente de pequena, cando baixaba nunha zorra acabou sendo lanzada contra un gran carballo. Isto provocou unha grave lesión na perna que case provocou a súa amputación.

Inicio da súa carreira

Clara Clemens 
Twain coa súa filla Clara e a súa amiga.

Pasou o período comprendido entre setembro de 1897 e maio de 1899 vivindo en Viena cos seus pais. Mentres estivo alí, educou a súa voz co propósito de pasar aos escenarios de concerto. A súa voz era caracterizada por ser infrecuentemente doce e atractiva. Tamén estudou piano en 1899 con Theodor Leschetizky. En decembro de 1900, foi invitada pola xente de Hartford para actuar no gran concerto ofrecido pola Boston Symphony Orchestra. Estudou durante varios anos con mestres de Europa, antes de realizar o seu debut profesional en Florencia. O seu debut nos Estados Unidos, asistido pola violinista Marie Nichols, como contralto de concerto tivo lugar na tarde do 22 de setembro de 1906 no Norfolk Gymnasium. en Norfolk (Connecticut) onde en 1905 arrendou Edgewood, Clemens empregou os ingresos do concerto para mercar unha ventá conmemorativa para a súa nai na Igrexa Episcopal da Transfiguración de Norfolk. Charles Edmund "Will" Wark (1876-1954), un pianista clásico oriúndo de Cobourg (Ontario, Canadá), converteuse no pianista acompañante de Clemens dende o inverno de 1906 ata xa entrado 1908. Clemens e Nichols tamén seguiron actuando xuntas, incluíndo unha serie de concertos en Londres e París en 1908. O 30 de maio, Clemens debutou en Londres nun concerto benéfico, recadando cartos para as rapazas estadounidenses que asistían ás universidades de Oxford e Cambridge.

Accidente e matrimonio

Ás 10 da mañá do 20 de decembro de 1908 en Danbury (Connecticut), Clemens foi de paseo en zorra co concertista de piano ruso Ossip Gabrilowitsch, que quedaba con seu pai na súa residencia, Innocence at Home, en Redding. Cando pasaban por Redding Glen, o cabalo asustouse por un xornal axitado polo vento e desbocouse, saíndo do control do condutor Gabrilowitsch. No cumio dun outeiro, ao carón dunha caída duns 18 metros, a zorra envorcou, lanzando a Clemens. Gabrilowitsch saltou ao chan e colleu ao cabalo pola cabeza, parándoo cando estaba a piques de caer polo desnivel, arrastrando a Clemens co seu vestido, que quedara enganchado na zorra. Téndose torcido só o nocello dereito, Gabrilowitsch devolveu a Clemens á súa casa, ilesa excepto polo impacto do accidente. O biógrafo de Twain, Michael Shelden, dubida de que a historia deste acto heroico fora certa e facilitou un motivo polo que a historia puido ter aparecido na prensa, isto foi, para silenciar os rumores de que Clara podía estar mantendo un romance con Charles E. Wark, o seu anterior acompañante, un home casado.

Clara Clemens 
Fotografía tomada na voda de Clara Clemens e Ossip Gabrilowitsch (de esquerda a dereita: Samuel Clemens, Jervis Langdon, Jean Clemens, Ossip Gabrilowitsch, Clara Clemens, Rev. Dr. Joseph Twichell).

Clemens fora presentada a Gabrilowitsch en 1899 en Viena por Theodor Leschetizky que estaba tamén ensinando a Gabrilowitsch. Ao mediodía do 6 de outubro de 1909 casou con Gabrilowitsch na sala de debuxo de Stormfield, a casa de Clemens co Rev. Dr. Joseph H. Twitchell presidindo a cerimonia. Seu pai dixo que o compromiso non era novo, tendo sido "feito e desfeito dúas veces seis anos atrás". Tamén dixo que o matrimonio fora repentino porque Gabrilowitsch acabara de recuperarse dunha operación cirúrxica que sufrira no verán e que estaban a piques de dirixirse á súa nova casa en Berlín onde el comezaría a súa tempada europea.

A súa irmá, Jean Clemens, afogou na bañeira o 24 de decembro de 1909 logo de sufrir un ataque epiléptico. O 21 de abril de 1910, seu pai morreu e deixoulle toda a súa herdanza nun testamento datado o 17 de agosto de 1909 que prevía pagos trimestrais de interese para mantelo "libre de calquera control ou interferencia de calquera marido que ela puidera ter". O 9 de xullo, Clemens anunciou que estaba dando case a totalidade da biblioteca de seu pai, composta por en torno a 2500 libros, á Mark Twain Free Library.

O 19 de agosto de 1910 naceu a súa única filla en Stormfield, Connecticut. Nina Gabrilowitsch, foi a última descendente lineal coñecida de Mark Twain, finada o 16 de xaneiro de 1966 nun hotel dos Ánxeles. Era alcólica, e na súa habitación atopáronse botes de pílulas e botellas de alcol.

Vida posterior

Clara Clemens 
Clara Clemens co seu marido Ossip Gabrilowitsch.

O 23 de abril de 1926, interpretou o papel protagonista nunha dramatización de Xoana de Arco escrita por seu pai, no teatro de Walter Hampden. Esta adaptación e a súa interpretación non foron moi ben recibidas pola crítica. Foi producida de novo en 1927, comezando o 12 de abril para unha serie de representacións especiais de mañá e de tarde no Edyth Totten Theatre.

Gabrilowitsch foi director da Detroit Symphony Orchestra dende 1918 ata 1935, cando caeu enfermo. Ingresou no Henry Ford Hospital o 25 de marzo de 1935, e permaneceu alí ata o 28 de setembro de 1935, momento no cal foi levado convalecente á súa casa. Posteriormente morreu na súa casa o 14 de setembro de 1936 aos 58 anos.

O 11 de maio de 1944, Clara e Jacques Samossoud, un director de orquestra nado en Rusia 20 anos menor que ela, casaron na súa casa en Hollywood. Clara morreu aos 88 anos en San Diego (California).

Clara explorou as relixións orientais durante algúns anos, e finalmente volveuse científica cristiá, aínda que hai algunhas dúbidas sobre a súa seriedade e compromiso con ela. Escribiu un libro sobre o tema: Awake to a Perfect Day, publicado por Citadel Press, NYC, 1956 Despois de opoñerse inicialmente á publicación da obra de seu pai Letters from the Earth en 1939, cambiou de opinión pouco antes de morrer en 1962, e permitiu que foran publicadas. Tamén publicou as biografías de seu pai (My Father, Mark Twain en 1931) e o seu primeiro marido (My Husband: Gabrilowitsch en 1938).

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

  • Artigo sobre Clara Clemens na web Mark Twain in his Times (en inglés).

Tags:

Clara Clemens TraxectoriaClara Clemens NotasClara Clemens Véxase taménClara Clemens

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lingua casteláNarónOrchataLondresMalores VillanuevaSegunda guerra mundialMaría José CaldelasJorge BlassVictoria Álvarez Ruiz de OjedaMuiñeiraLista de palabras galegas de orixe celtaDaniel de la TorreFragas do EumeIndalecio Tizón ReboredaO CarrabouxoCarles PuigdemontRoko (actriz)Laura AñónCompromiso por GaliciaMoscovaA CoruñaVictoria PortasCamba, Castro CaldelasCantigas de Santa MaríaProvincia de OurenseLeite CeltaÁngel García SeoaneO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónSantisoCayetano RiveraSoutomaiorRequiarioCampionato de España de segunda categoríaRevolución galega de 1846Fonteita, O CorgoProxyTeixoCalendario gregorianoAlba ManceboUEusebio Alonso VieitesSexo oralSuso VaamondeLorbé, Dexo, OleirosXesús PisónLenda das SereasTerra GalegaAmanda LearPeixe sapoVómito (grupo musical)CangasPediastrumPablo López JiménezSaneamentoTamar NovasGoián, TomiñoMarina CastañoRubiáDos arquivos do trasnoRicardo Sánchez VarelaMarínCarmen Martín GaiteMediasLago NessGrupo RompenteGonzalo DuránPYSardiñaToubes, A Peroxa1Lingua galegaManuel LourenzoOroso🡆 More