diversidade Sexual

A diversidade sexual e de xénero (DSX) ou simplemente diversidade sexual é un termo que se usa para referirse de maneira inclusiva a toda a diversidade de sexos, orientacións sexuais e identidades de xénero, sen necesidade de especificar cada unha das identidades, comportamentos e características que conforman esta pluralidade.

diversidade Sexual
diversidade Sexual

En Occidente, habitualmente utilízanse clasificacións simples e herméticas en torno ao sexo (homes, mulleres e intersexuais), á orientación sexual (heterosexuais, homosexuais e bisexuais) e á identidade de xénero (transxéneros e cisxéneros), reunidas baixo as siglas LGTBI (lesbianas, gais, transxéneros, bisexuais e intersexuais). Con todo, outras culturas posúen maneiras diferentes de entender o sistema sexual.

A diversidade sexual tamén inclúe ás persoas intersexuais, que nacen cunha variedade de características intermedias entre homes e mulleres. Ademais tamén se inclúen todas as identidades transxénero e transexuais que non se encadran dentro do sistema de xénero binario e que, do mesmo xeito que a orientación sexual, poden experimentarse en distintos graos máis aló do cisxénero e a transexualidade, como é o caso das persoas de xénero fluído.

Por último, a diversidade sexual tamén engloba ás persoas asexuais, quen experimentan desinterese na actividade sexual; así como a todas aquelas persoas que consideran que a súa identidade non se pode definir, incluídas no ámbito anglosaxón baixo o termo paraugas queer.

Artigo destacado

editar

A coñecida como rebelión de Stonewall consistiu nunha serie de manifestacións espontáneas e violentas contra unha redada policial que tivo lugar na madrugada do 28 de xuño de 1969, no pub coñecido como o Stonewall Inn do barrio neoiorquino de Greenwich Village. Fálase decote destes disturbios como da primeira ocasión na historia de Estados Unidos en que a que a comunidade LGTB loitou contra un sistema que perseguía os homosexuais co visto e prace do goberno, e son xeralmente recoñecidos como o catalizador do movemento moderno a prol dos dereitos LGTB nos Estados Unidos e en todo o mundo.

Había poucos estabelecementos que acollesen persoas abertamente homosexuais durante as décadas de 1950 e 1960. Os que si o facían eran xeralmente bares, aínda que os seus propietarios e administradores raramente eran gais. O Stonewall Inn, naquela época, era propiedade da mafia. Contaba cunha gran variedade de clientes, e era coñecido por ser popular entre as persoas máis marxinadas da comunidade gai: transexuais, drag queens, novos efeminados, prostitutos masculinos e mozos sen teito. As redadas policiais nos bares gais eran algo rutineiro durante a década dos 60, pero os axentes de policía perderon repentinamente o control da situación no Stonewall Inn e atraeron o xentío, provocando que se rebelasen. A tensión entre a policía de Nova York e os residentes gais de Greenwich Village produciu máis protestas a seguinte tarde, e sucesivamente varias noites despois. En cuestión de semanas, os residentes do Village organizáronse rapidamente en grupos de activistas para concentrar esforzos en prol de establecer lugares para que os gais e lesbianas puidesen manifestar abertamente a súa orientación sexual sen medo a ser arrestados.

Tras os disturbios de Stonewall, a comunidade homosexual de Nova York fixo fronte a obstáculos de índole xeracional, de clase e de xénero para formar unha comunidade cohesionada. O 28 de xuño de 1970 tiveron lugar as primeiras marchas do Orgullo Gai nas cidades de Nova York e Os Ánxeles, conmemorando o aniversario dos disturbios. Co tempo, outras cidades foron organizando marchas similares. Hoxe día celébranse actos do Orgullo Gai anualmente por todo o mundo cara a finais de xuño, para lembrar os disturbios de Stonewall.

Imaxe destacada
Categorías
Biografía destacada

editar

diversidade Sexual
Harvey Bernard Milk, nado en Nova York o 22 de maio de 1930 e falecido en San Francisco o 27 de novembro de 1978, foi un político e activista norteamericano, o primeiro político abertamente gai elixido para un cargo público en California. Milk trasladouse dende Nova York ata San Francisco no ano 1972, coincidindo cun aumento do colectivo gai no Distrito Castro. Axudouse do crecemento político e do poder adquisitivo deste distrito para promocionar os seus intereses, presentandose a un cargo público en tres ocasións. As súas campañas "teátricas" aumentaron a súa popularidade, sendo elixido para o posto de supervisor de distrito no ano 1977. Milk serviu case 11 meses neste posto e foi responsable da aprobación dunha rigorosa ordenanza municipal a prol dos dereitos dos gais. O 27 de novembro de 1978 Milk e o alcalde George Moscone foron asasinados por Dan White, outro supervisor que dimitira recentemente pero quería recuperar o seu posto de traballo.

Malia a súa curta carreira política Milk converteuse nunha icona en San Francisco e nun mártir para a comunidade gai. No ano 2002, Milk foi cualificado como o "funcionario LGBT máis famoso e significativamente aberto nunca elixido nos Estados Unidos". Anne Kronenberg escribíu del: "O que diferenciaba a a Harvey de ti ou de min é que el era un visionario. Imaxinaba un mundo xusto na súa cabeza e entón dispoñíase a crealo na realidade, para todos nos". Sobre a súa vida téñense escrito distintas obras, un extenso documental de televisión (The Times of Harvey Milk) e un filme (Milk) dirixido por Gus Van Sant, con Sean Penn no papel de Milk, estreado en 2008. O presidente Barack Obama impúxolle a título póstumo a medalla presidencial da liberdade o 12 de agosto de 2009.

Sabías que...?

editar

Lili Elbe en 1926.


Artigos de calidade e bos

editar

diversidade Sexual Artigos de calidade (4)

diversidade Sexual Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Feminismo
Feminismo

Feminismo

Proxectos irmáns

editar

Wiki Commons
Wiki Commons

en Commons

Tags:

Identidade de xéneroOrientación sexualSexo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Koulukarun lassikkoGuerra da Tripla AlianzaAIllas BalearesLingua casteláDelegación do Goberno en GaliciaEncoro do EumeMarcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga77A Coruña1999María KodamaFacebookLlerena Perozo PorteiroEva MejutoCachenaPegada ecolóxicaCecilia BaenaXabier DeiveCharo LopesRafaela Hervada CarnereroCalendario gregorianoVulvaDrag Race España (segunda tempada)Ramón CabanillasNosce te ipsumBox Office MojoCuruxa común99Xohana TorresMaría Antonieta de AustriaSegunda guerra mundialAntonio Benito FandiñoBeadePablo Iglesias PosseIrene González27 de marzoCacheiras, TeoTVGJaime Fraiz FernándezMaría CanosaOhridFestas MinervaisGerardo Pardo de VeraFacultade de Ciencias da CoruñaÁlvaro CunqueiroRamón Vilas GonzálezForxásMáis alá!Partido Independentista PortorriqueñoJosé Miñones (homónimos)Doce homes sen piedadeBrasilArnold SchwarzeneggerPazos, VerínPilar de LaraBenito KamelasAutismoFelipe Senén LópezDios ke te crewurlLionel MessiMarta DarribaDominio de primeiro nivelAlfabeto galegoVladimir GudeljTrasar de Carballo, Cartelos, CarballedoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoCristina VillóJean-Claude Van Damme🡆 More