Lgbt: Acrónimo de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais

LGBT ou LGTB é a sigla composta polas iniciáis das palabras Lesbianas, Gais, Bisexuais e Trans (transxénero, transexuais e travestís).

Agrupa ás persoas coas orientacións sexuais e identidades de xénero relativas a esas catro palabras, así como ás comunidades formadas por elas. A expresión tivo a súa orixe na lingua inglesa nos anos noventa, mais estas iniciais coinciden en varias falas, entre elas a galega. O termo é o resultado dunha evolución na que se lle foron engadindo letras co fin de incluír a diversas comunidades discriminadas pola súa identidade sexual. Nun principio, empregábase a expresión «homosexual» ou «gai», mais algunhas organizacións de persoas bisexuais e lesbianas cuestionárona como insuficiente, dando paso á creación da sigla «LGB». Logo de que as persoas transexuais fixeran unha crítica semellante, engadíuselle a letra «T», creando así o termo «LGBT». A orde das letras pode variar segundo o uso de cada comunidade ou de cada país.

Lgbt: Significado dos termos, Notas, Véxase tamén
Bandeira LGTB: o arco da vella representa a diversidade sexual expresada polo colectivo LGTB.

Nos últimos anos xurdiron novas ampliacións da sigla co fin de incluír a outras comunidades, como ás persoas intersexuais (LGBTI), queer (LGBTQ) ou asexuais (LGBTA), entre outras. Tamén as comunidades de persoas transexuais e transxénero sostiveron que non corresponde fusionalas nunha soa letra, escribindo a sigla con dobre «T» (LGBTT). Esta tendencia a adicionar letras para incluír novas comunidades e disidencias, deu lugar ao emprego do signo «+» a continuación da sigla (LGBT+).

Significado dos termos

Cada termo da sigla refírese a un grupo específico: lesbianas (mulleres homosexuais), gais (homes homosexuais), bisexuais (persoas senten atraídas por persoas de ambos os dous sexos indistintamente) e transexuais (persoas que senten pertencer ao sexo oposto ao que naceron).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Lgbt Significado dos termosLgbt NotasLgbt Véxase taménLgbtBisexualidadeDécada de 1990GaiIdentidade de xéneroIdentidade sexualLesbianismoLingua inglesaOrientación sexualSiglaTransexualidadeTravestismo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ana María Fernández MartínezMalena AlterioGaliciaAmérica LatinaLista de castelos de PortugalAndoriñaRepública ChecaCarlos CasaresFentoReal Club Celta de VigoLisboaBidueiroArceMiguel de CervantesO CarballiñoPorno suaveDe NinghuresRaffaella CarràBeteluVincent van GoghNormativa oficial do galegoAna RomaníJosé María Barreiro GómezDaniel BasteiroCandela PeñaAC-211LeitzaldeaArmando BlancoNarónAmazonAciñeiraMaría Xosé QueizánSupermanFlora invasora de GaliciaDiáspora galegaDavid BeckhamCalorMexacánBrasilLandraO divino saineteMéxicoFerroAtlánticaFrancisco Castro VelosoMiguel SolísChatGPTGuerra civil españolaFC Ilves (feminino)Isabel Díaz AyusoLista de programas de Televisión EspañolaFrancisco PazosSystem of a DownLuísa VillaltaPadrónRebel MoonAdrenalinaLuis Carrero BlancoDos arquivos do trasnoIKEAEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024AsteraceaeBortziriakXosé Luís BernalDoenza de Paget de mamaOs adverbios galegosFauna de GaliciaToxo arnalSete Sabios de GreciaNacho CastañoBolboretaScarlett JohanssonIrene FerrerasIker MuniainCaraveleiraYolanda Díaz2024🡆 More