Santiago De La Iglesia Santos: Médico e naturalista galego

Santiago de la Iglesia Santos, nado en Santiago de Compostela o 12 de outubro de 1851 e finado en Ferrol o 9 de novembro de 1931, foi un médico e naturalista galego.

Infotaula de personaSantiago de la Iglesia Santos
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1851 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 1931 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFrancisco María de la Iglesia Editar o valor em Wikidata
IrmánsÁlvaro de la Iglesia e Alfredo de la Iglesia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Santiago De La Iglesia Santos: Traxectoria, Recoñecementos, Vida persoal 
Conferencia de Santiago de la Iglesia no Anuario del Ateneo Ferrolano 1904-1905.

Fillo do mestre e escritor Francisco María de la Iglesia. Ao pouco de nacer a súa familia trasladouse á Coruña onde estudou o bacharelato (1862-1868). Tendo como mestre ao profesor de Historia natural Víctor López Seoane. Fixo a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela que rematou en 1873. Iniciou o traballo de médico na Coruña, traballando co médico Ramón Pérez Costales. En 1874 exerceu de médico en Serantes (actualmente parte do concello de Ferrol). Fixo o doutoramento en Santiago. En Ferrol, xunto á consulta, impartiu clases de física e química no colexio particular do que era titular o seu irmán Alfredo e na Escola de Artes e Oficios. Foi redactor do Diario Ferrolano. Sucedeu a Francisco Suárez na xefatura republicana en Ferrol. Foi deputado a Cortes polo Partido Republicano, tenente de alcalde, masón, impulsor do Centro Obrero de Cultura e presidente da sección de Ciencias do Ateneo Ferrolán. En 1914 accedeu á dirección do Laboratorio municipal de Ferrol e deixou de exercer a medicina.

Doou a súa biblioteca á Universidade de Santiago de Compostela e a súa colección arqueolóxica: vasos campaniformes, torques, machados de bronce, puntas de frecha de cobre etc. Foi o primeiro en atopar un vaso campaniforme en Galicia nunha escavación nas Pontes de García Rodríguez.

Foi membro da Sociedade Española de Historia Natural.

Recoñecementos

A cidade da Coruña ten unha rúa co seu nome, que mantivo durante o franquismo.

Vida persoal

Os seus irmáns Álvaro e Alfredo foron escritores.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Santiago De La Iglesia Santos TraxectoriaSantiago De La Iglesia Santos RecoñecementosSantiago De La Iglesia Santos Vida persoalSantiago De La Iglesia Santos NotasSantiago De La Iglesia Santos Véxase taménSantiago De La Iglesia Santos12 de outubro185119319 de novembroFerrolSantiago de Compostela

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Benito KamelasRaquel AtanesManuel Miñones BarrosRelación sexual humanaPablo DíazSuomen JääkiekkoleijonatA LarachaPremio Burnett Anderson MemorialAlfonso ZarauzaAs Cruces, Sobrado2005Alberto Luis DíazXabier Maceiras86CroaciaO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoAlexandra Fernández GómezEtiopíaMelania CruzXeneÁnxel CasalEscola de Frankfurt76Converxencia Nacionalista GalegaXinzo de LimiaGolfiño comúnAmesCasinoUnión EuropeaVerbos galegos ser, estar e irWDereito de propiedadeGoogleShinovaRebentaboisXeaLista de castelos de PortugalJacobo Buceta1957Malores VillanuevaLoxosceles reclusaNúmero eWikiRafael LouzánEstrutura secundaria das proteínasChadMundial de Fútbol de 2018 - Grupo BLe MondeJosé Miñones (homónimos)Cemiterio de Santo Amaro da CoruñaXosé MonteagudoSabugueiroJosé Miñones CondeDominio de primeiro nivelChinche das camasPotaProvincia de PontevedraBarbadosMoeda da Antiga Roma77Anticorpo1994Campus de EsteiroOríxenesJosé Manuel Baltar BlancoCalendario persaMembrana de ReissnerXosé Antonio TouriñánQueiroaCamilo Díaz BaliñoO Pedrouzo, Arca, O PinoRubén Arroxo🡆 More