Tribunal Superior De Xustiza De Galicia: Corte xudicial de Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é o órgano que culmina a estrutura da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma.

Con sede na cidade da Coruña, exerce xurisdición a través de tres salas: Sala do Civil e Penal, Sala do Contencioso-Administrativo e Sala do Social. Ademais, a súa Sala de Goberno desempeña funcións gobernativas sobre a xudicatura galega.

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Tribunal Superior De Xustiza De Galicia: Lista de presidentes, Planta do Tribunal Superior de Xustiza, Sede
Tipotribunal superior de xustiza
Data de fundación1989
SedeA Coruña
PaísGalicia
Na rede
http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Galicia/
Dialnet: 2627486
editar datos en Wikidata ]
Tribunal Superior De Xustiza De Galicia: Lista de presidentes, Planta do Tribunal Superior de Xustiza, Sede
Entrada principal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Nos supostos admitidos polo ordenamento xurídico este tribunal resolve recursos contra as sentenzas das audiencias provinciais, os xulgados do contencioso-administrativo e os xulgados do social. Xulga en única instancia determinadas demandas en procesos civís, contencioso-administrativos e laborais, e instrúe e xulga causas criminais contra autoridades aforadas. O recurso de casación fundado na infracción de normas do dereito propio de Galicia é tamén competencia do Tribunal Superior de Xustiza, mentres que nos demais casos está atribuído ao Tribunal Supremo.

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza, con categoría de maxistrado do Tribunal Supremo, exerce a representación do poder xudicial en Galicia.

O seu actual presidente é José María Gómez y Díaz-Castroverde.

Lista de presidentes

Planta do Tribunal Superior de Xustiza

Sala do Civil e Penal: un presidente e cinco maxistrados. Sala do Contencioso-Administrativo: un presidente e dezaoito maxistrados (véxase BOE do 10/06/2010, inclúense as dúas prazas creadas polo Real decreto 819/2010,que serán efectivas cando o determine o Ministerio de Xustiza). Sala do Social: un presidente e dezasete maxistrados. O presidente do Tribunal o é tamén da Sala do Civil e Penal. A Sala do Contencioso-Administrativo está organizada actualmente en catro seccións; tamén está organizada en catro seccións a Sala do Social.

Sede

Tribunal Superior De Xustiza De Galicia: Lista de presidentes, Planta do Tribunal Superior de Xustiza, Sede 
Vista xeral do Pazo de Xustiza da cidade da Coruña, onde está instalado o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia está instalado no Pazo de Xustiza da Coruña, na Praza de Galicia. O edificio, de estilo modernista con influencia neoclásica foi construído entre os anos 1926 e 1929 seguindo planos do arquitecto Antonio Palacios.

Notas

Tags:

Tribunal Superior De Xustiza De Galicia Lista de presidentesTribunal Superior De Xustiza De Galicia Planta do Tribunal Superior de XustizaTribunal Superior De Xustiza De Galicia SedeTribunal Superior De Xustiza De Galicia NotasTribunal Superior De Xustiza De GaliciaA CoruñaAdministración de xustiza galega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Camiño de SantiagoAdolf HitlerPortugalDoenza de Paget de mamaLeninO PorriñoPosición aconchegadaEditorial GalaxiaJude BellinghamShinovaPardo de CelaLisboaEspañaViacrucisOldhamÁngel CarracedoPaulino PereiroSonDeSeuFerroAtlánticaContactRicardo BeirasReino de GaliciaFernando Salgado GarcíaBandeira de GaliciaGabriel RufiánMario CaneiroAndoriñaPatricia VázquezAvenida da Liberdade (Lisboa)Miguel SolísAC-211SénecaXurxo AyánSéculos EscurosAs aves na cultura popular galegaMeigaHelsingin JalkapalloklubiNacho CastañoMiguel Ángel Zabalza BerazaXabier DíazCarles PuigdemontUcraínaLingua casteláFoca monxeMommy Dead and DearestJackson PollockVox populiBrasilRefraneiro galego sobre o mes de maioAguia imperial ibéricaVilalba, Vilalba, VilalbaLista de ósos do esqueleto humanoFerrer BassaHorteláPedro SánchezJoan Manuel SerratAires da miña terraRoko (actriz)Historia de GaliciaMondoñedoFentoSete SabiosMáquina comecartosCopia por contactoJosé Manuel Rodríguez PuenteTradescantia fluminensisPonte 25 de AbrilLesakaLista de programas de Televisión EspañolaO porco de péMar MediterráneoJesús Vázquez AlmuíñaPablo MartinezLedicia Costas🡆 More