O Peruleiro, Visma, A Coruña: Lugar da parroquia de Visma, no concello da Coruña

O Peruleiro é un barrio da parroquia de Visma, situado na zona occidental da Coruña.

Antes da anexión do concello de Oza polo da Coruña, este lugar atopábase no límite entre ámbolos dous concellos. O Camiño do Peruleiro foi historicamente a principal vía de acceso á Coruña dende San Pedro de Visma.

O Peruleiro
O Peruleiro, Visma, A Coruña: Historia, Etimoloxía, Lugares e parroquias
Avenida do Peruleiro.
ParroquiaVisma
ConcelloA Coruña
Coordenadas43°22′01″N 8°25′20″O / 43.36698, -8.422158°25′20″O / 43.36698, -8.42215
editar datos en Wikidata ]
O Peruleiro, Visma, A Coruña: Historia, Etimoloxía, Lugares e parroquias
Situación do Peruleiro no concello da Coruña.

Historia

Na división en barrios da Coruña de 1839, O Peruleiro estaba incluído no barrio 13.º.

O Peruleiro dá nome á avenida principal, que cruza o barrio. O antigo camiño do Peruleiro foi bautizado en 1931 como rúa de Pablo Iglesias, prolongación da rúa da Cidade Xardín. En 1937, a corporación franquista restituíu o nome anterior.

Etimoloxía

O topónimo "peruleiro" só aparece neste lugar e a súa etimoloxía é discutida. O dicionario de Eladio Rodríguez González dá a palabra o significado de "sitio elevado", mais nun documento de 1726 aparece denomidado Peroleiro, o que podería indicar que procede do nome dun veciño chamado "Pedro Leiro".

Lugares e parroquias

Lugares de Visma

Lugares da parroquia de Visma no concello da Coruña

O Barral | Bens | As Bouzas | Cal de Moreiras | O Camiño do Pinar | O Coidal | Comeanda | A Costa | A Eira Vella | Entrecasas | Figueiras | Gatón | A Gramela | Labañou | Loureiro | Mazaído | Monte de San Pedro | Nostián | Pardiñas | A Pedra da Barca | As Pedreiras | Penamoa | O Peruleiro | O Portiño | Porto de San Pedro | O Río | Os Rosales | San Pedro de Visma | San Roque de Fóra | Seavella

Parroquias da Coruña

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

O Peruleiro, Visma, A Coruña HistoriaO Peruleiro, Visma, A Coruña EtimoloxíaO Peruleiro, Visma, A Coruña Lugares e parroquiasO Peruleiro, Visma, A Coruña NotasO Peruleiro, Visma, A Coruña Véxase taménO Peruleiro, Visma, A CoruñaA CoruñaConcello de OzaVisma, A Coruña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

2018Hiato (gramática)San PetersburgoAlexánder Doval ExpósitoManuel Pérez Martínez ArenasCésar Luis MenottiXabi AlonsoMártires de CarralCristiano RonaldoLabios (xenitais)Pilar García NegroChantadaLucian FreudDonicelaAnselmo López CarreiraA EstradaCanle (comunicación)Acción Social (Mondoñedo)Licenza MITPosición do misioneiro invertidaRosario Porto OrtegaPokémon MiniA Ponte Maceira, Portor, NegreiraZlatan IbrahimovićPedro SánchezPotaPíntega comúnJavier IruretaEspañaKuala LumpurOperación Uvas da IraPartido Popular de GaliciaEstadio Municipal de BalaídosHesbuláTeresa RabalFentoAWStatsCrime de honraViana do BoloMoinanteProvinciaEl LuísAlbaceteGuerra da Independencia españolaARupiàCinema pornográficoBubalinosPierce BrosnanFrancisco AsoreyAltiplano de Siberia CentralSitio webNacho CastañoWenceslao Fernández de la Vega PasarínVigoBrahim DíazLista de programas de Televisión EspañolaÁnxel CasalTristán UlloaAna de Mendoza de la CerdaGalipediaReal Club Celta de VigoGaio (ave)Sexo analNoruegaArkanoJuliette BinocheXabier DíazBetanzosBoyanka Kostova (grupo musical)José Antonio Martín PallínGalicia AgrariaJuan Díaz PorlierJosé Antonio Vázquez Taín🡆 More