Operación Uvas Da Ira

A Operación Uvas da Ira (en lingua hebrea: מבצע ענבי זעם) é o nome dado polas Forzas de Defensa Israelís a unha ofensiva militar de dezaseis días contra o Líbano en 1996, nun intento de rematar cos bombardeos de Hesbulá sobre o norte de Israel.

Operación Uvas da Ira
Parte de Conflito de Líbano do Sur (1982-2000)
Data 11 de abril de 199627 de abril de 1996
Lugar Líbano, norte de Israel
Resultado Alto o fogo contra obxectivos civís; moitas infraestruturas libanesas destruídas.
Belixerantes
Operación Uvas Da Ira Israel
Exército do Líbano do Sur
Hisbulá
Baixas
3 mortos. [1] 14 mortos. [2]

Hesbulá chamouna April War. Israel levou a cabo máis de 1.100 ataques aéreos e un bombardeo intensivo (unhas 25.132 bombas). Unha instalación da ONU foi tamén alcanzada polos bombardeos israelís causando a morte de 118 civís libaneses. Hesbulá fixo en total 639 ataques con foguetes a obxectivos do norte de Israel, particularmente ao pobo de Kiryat Shemona. As forzas de Hesbulá tamén participaron en numerosos enfrontamentos con forzas israelís e do Exército do Líbano do Sur. O conflito rematou o 27 de abril por un acordo de cesamento do fogo que prohibiu os ataques a civís.

Contexto histórico

    Artigo principal: Conflito libanés-israelí.

Logo de continuos ataques dende o sur do Líbano traspasando as fronteiras de Israel, o exército israelí invadiu o Líbano por segunda vez en 1982, dando comezo á Guerra do Líbano de 1982. Logo de tres meses ocupou a capital, Beirut. Ao longo dos seguintes tres anos, o exército israelí foi retirándose pouco a pouco, até estabelecer en 1985 o que chamou "Zona de Seguridade" en Líbano do Sur. A resistencia armada contra a ocupación israelí non rematou e en 1993 Israel respondeu cun ataque masivo contra o Líbano (Operación Responsabilidade) para interromper as accións de Hesbulá, a maior forza da resistencia. A campaña militar non tivo éxito e Hesbulá continuou a atacar obxectivos tanto no Líbano como no norte de Israel, incluíndo ás forzas armadas israelís, ao Exército de Líbano do Sur e áreas civís. O exército israelí bombardeou obxectivos a miúdo moi achegados a áreas civís, causando a miúdo a morte de moitos civís. En abril de 1996, Israel decidiu volver a tentar rematar con Hesbulá, e comezou a operación Uvas da Ira.

Casus Belli

O 30 de marzo, dous homes morreron por un mísil das Forzas de Defensa de Israel mentres traballaban nunha torre de auga en Yater, Líbano. Hesbulá respondeu co lanzamento de 20 mísiles ao norte de Israel e as autoridades militares israelís recoñeceron que o ataque fora un erro. O estoupido dunha bomba na beira dunha estrada que provocou a morte dun rapaz libanés de 14 anos e que feriu a outros tres na vila de Barashit foi a razón empregada por Hesbulá para disparar 30 mísiles a Israel o 9 de abril. As autoridades israelís anunciaron a operación Uvas da Ira o 11 de abril como unha serie de accións preventivas contra os bombardeos de Hesbulá, que feriran a seis civís israelís (Amnistía Internacional, 1996).

Alto o fogo

As hostilidades cesaron logo de acadar un acordo de alto o fogo líbano-israelí - un acordo escrito informal - baixo auspicio diplomático americano. O acordo foi anunciado ás 18:00 do 26 de abril de 1996, e pasou a ser efectivo ás 04:00 do 27 de abril.

Notas e referencias

Tags:

Operación Uvas Da Ira Contexto históricoOperación Uvas Da Ira Casus BelliOperación Uvas Da Ira Alto o fogoOperación Uvas Da Ira Notas e referenciasOperación Uvas Da Ira199627 de abrilHesbuláLingua hebreaLíbanoONU

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pablo ArangüenaWikipediaHorteláAlejandra MurguíaAkureyriCampo Municipal de Las LlanasJuan CorralO divino saineteIasir ArafatCristiano RonaldoLeymaSegoviaRúa das Rodas (Santiago de Compostela)CSSFragas do EumeXurxo GonzálezApóutegaModelo OSITereixa ConstenlaLista de cidades de IsraelAriadna GilLucas VázquezInstagramChorimaCarralCurmánJosé Luis Rodríguez ZapateroGame Boy Advance SPAsunta Basterra PortoAntón FraguasCádizRafael LouzánCantanteBieito RubidoMelgachoWikiLista de filmes con versión en galegoXosé FortesMuralla de LugoNoruegaRevolución galega de 1846HLA-DMRoberto SalgueiroPenélope CruzVladimir PutinMoinanteIsabel PantojaRaquel Sánchez-SilvaReino suevoC++Jennifer LopezJosé Luis ValladaresSalvador García-BodañoMontse DopicoMasturbación coas mamasAlexia PutellasEspañaRamiro CarregalPilar Vázquez CuestaLicenciado MolinaMarta Fernández-TapiasFran AlonsoDover (banda)LugoAna RomaníIris Gey LópezPeer-to-peerErros e TánatosNegueira de MuñizRamón Otero PedrayoRefraneiro galego sobre o viñoLareiraJosé Ernesto Díaz NoriegaAna María Fernández Martínez🡆 More