Guerra De Suez

A Crise de Suez, tamén coñecida como a Guerra de Suez ou a Guerra de 1956 (en árabe أزمة السويس - العدوان الثلاثي; en hebreo מבצע קדש), foi unha guerra librada en territorio exipcio en 1956. O conflito situou a Exipto contra Israel, o Reino Unido, e Francia.

Crise de Suez A Guerra do Sinaí
Guerra De Suez
Data: Outubro de 1956 – marzo de 1957
Lugar: Exipto, (zona do Sinaí e do Canle de Suez)
Conflito: Guerra fría, conflito árabe-israelí
Resultado: Alto o fogo da ONU.
Ocupación do Sinaí pola UNEF. Desastre político para o Reino Unido.
Combatentes
Guerra De Suez Israel
Guerra De Suez Reino Unido
Guerra De Suez Francia
Guerra De Suez Exipto
Efectos
Mortes: 197 israelís
56 británicos
10 franceses
Mortes: 650
Feridos: 91 británicos
43 franceses
Feridos: 2900

Durante a época colonial británica, a Canle de Suez tiña sido importante no Oriente Medio, así como para a penetración en África e no mantemento do control sobre a India. Por esta razón os británicos consideraban importante manter a canle fora do control exipcio. Así, en 1875, Isma'il Pasha, baixo a presión da débeda externa, vendeu a súa franxa da canle ó Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, e a Convención de Constantinopla (1888) declarou a canle zona neutral baixo protección británica.

O Reino Unido gañou control sobre a canle co Tratado anglo-exipcio de 1936. De todos xeitos, en 1951 Exipto declarou nulo este tratado, e en 1954 o Reino Unido aceptou retiralo.

O Reino Unido obxectou fortemente a nacionalización do líder exipcio Gamal Abdel Nasser da Suez Canal Company o 26 de xullo de 1956. Nesta época, dous terzos do petróleo europeo eran importados a través da canle.

A alianza militar entre o Reino Unido, Francia e Israel era unha lonxeva alianza de conveniencia; as nacións europeas tiñan intereses económicos e comerciais na canle, mentres que Israel quería reabrir a canle para a pesca e para rematar coas incursións dos fedayin apoiados por Exipto e dos golpes relámpago.

Cando a Unión Soviética ameazou con intervir en beneficio de Exipto, o Secretario de estado de Asuntos Exteriores do Canadá Lester B. Pearson temeu unha longa guerra e propuxo un plan para separar as forzas rivais mediante o establecemento de forzas das Nacións Unidas entre elas para actuar como 'escudos humanos'.

Véxase tamén

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

System of a DownO comparativo galegoFalange EspañolaCayetana Álvarez de ToledoVerbos galegos ser, estar e irBucetaOs pronomes persoais galegosPotaXogo da chaveWikiHarvey WeinsteinForcareiJosé Manuel Rodríguez PuentePortadaEduardo PondalO incerto señor Don HamletCatedral de Santiago de CompostelaPalmaQuenllaCarballoMarcelo Rebelo de SousaIsabel II do Reino UnidoGrândola, Vila MorenaBojan KrkićSerés, Serés, CastroverdeEstadio de TammelaEl Correo GallegoFoca monxeIgnacio Rivera QuintanaContactorDiego Rivas RegoMichael JacksonXosé Manuel PiñeiroMexacánÁlbum de la CaridadDaniel de la TorreCarlomagnoManuel Otero MartínezEnsaio (literatura)Ramiro CarregalPunta Umbría1868Lista de estacións de tren de GaliciaAsteraceaeVichelocregoManuel MaríaDodecágonoPablo EscobarFC Ilves (feminino)GoogleJavier CasqueiroLista de voces dos animaisMark Lewis JonesIndiaHLA-DMSalvador IllaProvincias de EspañaOrdesXosé Luís BernalO divino saineteFollas novasMario CaneiroTito ValdésLista de ríos de GaliciaBeteluArroazParadigmas dos verbos irregulares galegosCataluñaTelevisión de GaliciaYolanda CastañoC🡆 More