Guerra Do Yom Kippur

A guerra do Yom Kippur, tamén coñecida como a guerra árabe-israelí de 1973 foi un conflito armado entre Israel e a coalición formada por Exipto e Siria.

A guerra comezou cando Exipto e Siria lanzaron o 6 de outubro (día do Yom Kippur) de 1973 un ataque conxunto no Sinaí e nos Altos do Golán, territorios que foran conquistados por Israel durante a guerra dos seis días, seis anos antes.

Guerra Do Yom Kippur
A guerra nos Altos do Golán.
Guerra Do Yom Kippur
A guerra no Sinaí.

Os exipcios e sirios avanzaron durante as primeiras 24-48 horas, en parte por estar o exército israelí desmobilizado pola festividade, pero na segunda semana da guerra, os sirios foron expulsados dos Altos do Golán. No Sinaí, os israelís cruzan a canal de Suez e rodean ao exército exipcio no Sinaí. A ameaza soviética de tomar partido polos árabes fai que os Estados Unidos convenzan a Israel de asinar un alto o fogo o 24 de outubro. Unha das consecuencias deste conflito foi a crise do petróleo, xa que os países árabes decidiron deixar de subministrar petróleo aos Estados Unidos e aos países que apoiaban a Israel.

A guerra deixou 2655 mortos no bando israelí e 8528 no bando árabe.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

19736 de outubroAltos do GolánExiptoGuerra dos seis díasIsraelPenínsula do SinaíSiriaYom Kippur

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

David BeckhamXavi HernándezO PorriñoReino UnidoAgustín Fernández PazDistritos de PortugalMiguel de CervantesCarballedo, Cerdedo-CotobadeRomariz, Riós, RiósÁcido dipicolínicoHarry StylesLedicia CostasDiáspora galegaLisboaBubela1868Alexandre BóvedaTeixugoLista de ósos do esqueleto humanoAlfonso RuedaLeopoldo RubidoXosé Neira VilasMamen MendizábalThibaut CourtoisCarlomagnoGalileo GalileiO Barco de ValdeorrasEva CárdenasLista de emperadores romanosBucetaAntónio de Oliveira SalazarCuruxa comúnDavid MellaRicardo BeirasSupermanBenito MussoliniWikiMucha e NuchaArantzaEditorial GalaxiaAntónio de SpínolaMíster EspañaCatedral de Santiago de CompostelaNacho VegasDe NinghuresTereixa ConstenlaProxyDoenza de Paget de mamaEduardo PondalLista de voces dos animaisMiro CasabellaMiguel Ángel Zabalza BerazaPrestigeMario CaneiroCarlos SoberaGalería de imaxes de arañas de GaliciaXiros idiomáticos galegosHans ZimmerMaría Jesús MonteroRoko (actriz)O comparativo galegoItxu DíazCohesiónAna RomaníVincent van GoghFerrer BassaLugoÁlvaro CunqueiroLista de paísesBerrogüettoAires da miña terraRosario Porto OrtegaBloque Nacionalista GalegoSete Sabios🡆 More