Yitzhak Rabin

Yitzhak Rabin ou Isaac Rabin ( יִצְחָק רַבִּין en hebreo ), nado en Xerusalén o 1 de marzo de 1922 e finado en Tel Aviv o 4 de novembro de 1995, foi un político e militar israelí.

Foi o quinto primeiro ministro de Israel entre 1974 e 1977 e de novo entre 1992 e o seu asasinato en 1995, perpetrado por Yigal Amir.

Yitzhak Rabin
Yitzhak Rabin
Nacemento1 de marzo de 1922
Lugar de nacementoXerusalén
Falecemento4 de novembro de 1995
Lugar de falecementoTel Aviv
Causaferida por arma de fogo
SoterradoMonte Herzl
NacionalidadeIsrael
EtniaPobo xudeu
Relixiónxudaísmo
Alma máterKadoorie Agricultural High School
Ocupacióndiplomático, oficial e político
PaiNehemiah Rabin
NaiRosa Cohen
CónxuxeLeah Rabin
FillosDalia Rabin-Pelossof e Yuval Rabin
IrmánsRahel Rabin
PremiosRonald Reagan Freedom Award, Premio Nobel da Paz, Premio Félix Houphouët-Boigny, Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, honorary doctor of Ben-Gurion University, doutor honoris causa pola Universidade Bar-Ilan e honorary doctor of the University of Miami
Na rede
Musicbrainz: 84371139-aa91-4596-ac78-f7f99cdbcaf2 Discogs: 1202216 WikiTree: Rabin-92 Find a Grave: 4924 Editar o valor em Wikidata
Yitzhak Rabin
editar datos en Wikidata ]
Yitzhak Rabin
Yitzhak Rabin

Traxectoria

Nado no seo dunha familia sionista, seu pai, Nehemiah era un xudeu americano de orixe ucraína que viñera a Palestina para loitar na Lexión Xudía durante a primeira guerra mundial coa misión de botar os turcos de Israel e súa nai, Rosa, xudía de orixe rusa foi unha das primeiras integrantes da organización paramilitar Haganah. Aínda que nado en Xerusalén, a familia residiu primeiro en Haifa e desde 1923 en Tel Aviv . Yitzhak identificouse co sionismo e o socialismo dende a súa mocidade, estudou na escola agrícola Kaduri de Galilea, onde se graduou con distinción, pouco despois en 1941 entrou na Palmach, a forza de elite da Haganah, dirixida por Igal Alon. A súa primeira acción foi cortar as liñas de teléfono no Líbano , entón en mans do goberno de Vichy. Ascendeu rapidamente e xa rematada a guerra, en outubro de 1945 dirixiu unha operación para liberar a refuxiados xudeus do campo de detención de Atlite. Durante a guerra de independencia mandou un rexemento, trala creación do Estado de Israel mantense na carreira militar, e chega a xefe de Estado Maior durante a guerra dos seis días. Deixou o exército en 1968, nomeado embaixador en Italia e nos Estados Unidos. En 1973 entra no Knesset co Partido Laborista e asume o ministerio de traballo, o 2 de xuño de 1974 foi designado líder do partido e sucede a Golda Meir como primeiro ministro, foi o primeiro sabra (nado en Israel) en acceder ao posto. Durante o seu segundo mandato xogou un papel destacado nos Acordos de Oslo, que crearon a Autoridade Palestina e acabou por recoñecer á OLP o 9 de setembro de 1993 logo de Arafat renunciar á violencia. En 1994 recibiu o Premio Nobel da Paz con Shimon Peres e Yasser Arafat.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Yitzhak Rabin TraxectoriaYitzhak Rabin NotasYitzhak Rabin Véxase taménYitzhak Rabin1 de marzo192219741977199219954 de novembroTel AvivXerusalén

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carles PuigdemontFracción continua xeneralizadaRepública Popular da ChinaA Pobra do CaramiñalGalizaPadroádego de Protección da MullerPartido dos Socialistas de GaliciaAnxo ArcaApéndice vermiformeWashington, D.C.Relación sexual humanaC (linguaxe de programación)Muhammad AliTom CruiseEconomía de GaliciaZendayaGuerra de VietnamColombiaPosición do misioneiroAccidente de ChernóbilStephane LasmeEmma WatsonChristian BaleCatherine Zeta-JonesXavier Estévez Ferreiro2022Estado IslámicoPremios Mestre MateoReal Club Celta de VigoGame Boy LightAmievaPorto da LúaAction Directe26 de abril6 de abril6 de outubroNicolás MaduroTeixugoCallitriche brutiaCataluñaPadre CasaresDaniel BasteiroBurgosManuel Curros EnríquezOs ÁnxelesPedrafita do CebreiroJuan Carlos Rodríguez CebriánRakel WinchesterDaniel de la TorreA Cortella, Cedrón, LáncaraRafael NadalAlemañaCantabriaEthel VázquezParísGheada8 de marzoPascua cristiáRoko (actriz)TuiAbraham PérezCarlos NegroReal Sporting de XixónRastro17 de maioAlcaldes da CoruñaCosta do MarfilThe ArtistRock alternativoDisolventes volátiles (inhalantes)MetilaminaIgnacio Rivera QuintanaFátima IglesiasPonte de RandePrepucio do clítorisLista de nomes masculinos en galego🡆 More