Haganah

A Haganah (hebreo: Defensa, הגנה) foi unha organización paramilitar xudía que actuou en Palestina entre 1920 e 1948, durante o mandato británico.

Coa constitución do Estado de Israel a Haganah constituíu a base do exército israelí.

Haganah
Logo
Haganah
Tipoorganización paramilitar
IdeoloxíaSionismo
Data de fundación15 de xuño de 1920
Data de disolución28 de maio de 1948
PaísYishuv
Na rede
https://irgon-haagana.co.il
editar datos en Wikidata ]

Orixe

A HaShomer, milicia que se fundou en 1909, foi o antecesor da Haganah, era un pequeno grupo de inmigrantes xudeus que vixiaban os asentamentos xudeus por unha cota anual, nunca superaron os 100 membros.
Tralas revoltas árabes de 1920 e 1921 constitúese a Haganah para gardar os kibbutzs e facer fronte aos ataques árabes. Ata 1929 as unidades da Haganah tiñan unha organización local e estaban mal armadas, consistían sobre todo en granxeiros que vixiaban os seus asentamentos por quendas. Pero logo da revoltas árabes de 1929, que deixaron 133 xudeus mortos e a expulsión dos xudeus de Hebrón, entran na Haganah case todos os homes dos asentamentos, e moitos das cidades, e se adquiren armas no estranxeiro. En 1936 conta con 10.000 membros activos e 40.000 reservistas. Na Gran Revolta árabe (1936-1939) participa activamente para protexer os intereses británicos e para frear a insurxencia árabe: aínda que a administración británica non a recoñeceu oficialmente, o exército británicos cooperou activamente con ela para formar a policía xudía dos asentamentos e as forzas auxiliares xudías. En 1937, os dirixentes máis dereitistas da Haganah formaron o Irgun Zvai-Leumi, caracterizado polos seus métodos de combate clandestino.
Trala revolta os británicos restrinxiron a inmigración xudía a Palestina: en resposta, Haganah organiza unha rede de inmigración ilegal e demostracións contra dos británicos.

Segunda guerra mundial

Nos primeiros anos da segunda guerra mundial, reanudouse a cooperación entre os británicos e a Haganah polo temor a un avance dos alemáns e italianos no Norte de África, pero trala desfeita de Rommel en El Alamein (1942), os británicos deixan de apoiar á Haganah. En 1943 os británicos crean a Brigada Xudía, a primeira unidade militar xudía que serviu na guerra.
Mentres a Haganah crea o 19 de maio de 1941 a Palmach, unha unidade de elite

Despois da guerra

Despois da guerra, a Haganah realizou operacións antibritánicas en Paletina e continuou a organizar a inmigración ilegal. O 28 de maio de 1948 o Haganah desaparece ao se crear as Forzas de Defensa israelís.

Membros famosos

Tags:

Haganah OrixeHaganah Segunda guerra mundialHaganah Despois da guerraHaganah Membros famososHaganah19201948IsraelPalestinaReino Unido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BarónGoogleA Pobra do CaramiñalEva Iglesias MiguénsManuel González González (músico)MeteoGaliciaPolieno (química)Cota lácteaFiúnchoAdejeApolonio de AtenasIrene FerrerasSecretaría Xeral de Política LingüísticaAntonio López DíazManuel MurguíaIbai LlanosJosé Antonio Primo de RiveraInés ReyYouTubeLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingBipartito galegoAmeixa (molusco)Longa distancia RenfeIuri GagarinAires da miña terraAlfonso Basterra CamporroO Pedrouzo, Arca, O PinoA Mesa pola Normalización LingüísticaArcos, CuntisLingua galegaVictoria Núñez LópezNeolíticoRío Grande de XuviaPRECRocco SiffrediTEmilia Pardo BazánCamilo Díaz BaliñoLista de castelos de PortugalDigital object identifierAntonio MingoteVincent van GoghBoyanka Kostova (grupo musical)Xabier P. DoCampoXabarín ClubRafael NadalMoreira (árbore)Luis Mateo DíezSexo oralRaúl Soutelo VázquezPremio Nacional de Literatura de EspañaLista das aves de GaliciaLa Voz de GaliciaRacing Club de FerrolPaulo CarrilMCatedral de Santiago de CompostelaGrupo RompenteJosé López CamposEstados Unidos de AméricaFosfatidilcolinaLista de programas de Televisión EspañolaInterstellar (filme)Johann Sebastian BachAmorodeiraRibadeoNigel Williams-GossTereixa NavazaSabela (Operación Triunfo)Xavi HernándezXoán Manuel Ramos RodríguezPablo Carpintero Arias🡆 More