A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa pola Normalización Lingüística, MNL, é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.

A Mesa pola Normalización Lingüística
Logo
A Mesa Pola Normalización Lingüística
Tipoasociación cultural
Propósitonormalización lingüística
Área de operaciónGalicia
Data de fundaciónabril de 1986
Fundador(es)Associaçom Galega da Língua, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Federación de Asociacións Culturais Galegas
Presidente/a
Marcos Maceira (2014-) Editar o valor em Wikidata
Avelino Pousa Antelo|Avelino Pousa Antelo]] (-) Editar o valor em Wikidata
Eventos/ActividadesCorrelingua, Liña do galego, Abertos ao galego e Pipocas
Organización subsidiariaFundación Vía Galego
Organización relacionadaPlataforma Queremos Galego! e Vía Galega
Localización
EnderezoRúa García Prieto 7, 15706
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://www.amesa.gal/
Facebook: amesanl Twitter: amesanl Instagram: amesanl Telegram: amesanl Youtube: UCMjjDkrTRYU-mRfps4g6M7w Flickr: amesanl Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da Língua. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.

A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é o historiador e xestor cultural Marcos Maceira, que sucedeu a Carlos Callón o 26 de abril de 2014. Segundo datos da propia organización contaba en 2008 con 3300 socios .

En agosto de 2012 falecía o seu presidente de honra Avelino Pousa Antelo.

Actividade

A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.

A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.

Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou aos tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. O caso ten pechada a fronte xudicial.

Carlos Callón foi denunciado por Antonio Fraga Mandián, ex xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego.

En xaneiro de 2013 Carlos Callón foi absolto da falta por inxurias. O 10 de maio de 2013 repetiuse o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña.

No 2017 A Mesa realizou unha campaña chamada "Sentido Común" para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para reclamar que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego no ámbito socioeconómico.

Presidentes da Mesa

Recoñecementos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

A Mesa Pola Normalización Lingüística TraxectoriaA Mesa Pola Normalización Lingüística ActividadeA Mesa Pola Normalización Lingüística Presidentes da MesaA Mesa Pola Normalización Lingüística RecoñecementosA Mesa Pola Normalización Lingüística NotasA Mesa Pola Normalización Lingüística Véxase taménA Mesa Pola Normalización LingüísticaLingua galegaNormalización lingüística

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pink FloydKarlos ArguiñanoApolonio de AtenasNoelia ReyIker MuniainToxo arnalAlcaldes da CoruñaReino UnidoFederico TrilloPerífrases verbais galegasGame Boy ColorMaruca do MediterráneoZeca AfonsoCinema pornográficoPornografíaRuta da pentosa fosfatoShinovaAliança CatalanaO sabor das margaridasPimpín comúnIgnacio GarrigaLista de presidentes da República PortuguesaOs pronomes persoais galegosGuillermo Alonso BarciaPrimeira división española de fútbolHarry PotterOs ÁnxelesReino de GaliciaJoe BidenMaría do Socorro Ortega RomeroAWStatsIsabel RiscoXestaJ. R. R. TolkienCoprofiliaSetaISBNDepartamento de ApurímacToledoLingua inglesaSalamancaXosé Luís Mosquera CambaConflito das EncrobasXosé Luís Méndez FerrínPetróglifoChubby CheckerDesviación típicaNancho NovoLince (zooloxía)2015WiiIbai LlanosRefraneiro galego sobre o mes de maioOcéano ÍndicoDolores del Río Sánchez-GranadosAmador Víctor GonzálezDiurno (Renfe)Á lus do candilIslandiaFentoEmma WatsonDiego Rivas RegoDodecágonoNiceto Alcalá-ZamoraLola ÍndigoMarcos MaceiraCouto MixtoPoloniaProvincia de OurenseCatedral de Santiago de CompostelaAmorodoTeoContactorSete Sabios da Fraga de BambúXosé Luís Bernal🡆 More