Iniciativa Popular

A iniciativa popular, tamén coñecida como iniciativa cidadá refírese á posibilidade amparada na constitución de que as persoas presenten peticións, cargo de xustiza, avalada polas súas firmas, para que se tome a consideración política un determinado asunto público, como pode ser unha reforma dun estatuto ou dunha lei, ou mesmo unha emenda constitucional.

A iniciativa pode ser directa ou indirecta. Se é directa, a presentación da iniciativa desemboca nun referendo para aprobala ou rexeitala. No caso das iniciativas indirectas, a petición é tomada en consideración polo lexislativo, quen decide se se convoca ou non o correspondente referendo.

Nalgúns países, a iniciativa popular ten unha regulación específica que establece algunhas especialidades na súa tramitación.

Regulación por países

España

No artigo 87.3 da Constitución contémplase a posibilidade -regulada pola Lei Orgánica 3/1984- de que os cidadáns fagan propostas apoiadas por un mínimo de 500.000 firmas, propostas denominadas por lei ILPs (Iniciativas Lexislativas Populares). Con todo, estas iniciativas, teñen unha serie de limitacións:

  • Non poden reformar ningunha lei Orgánica, nin regular materia propia da lei Orgánica, o que exclúe o Código Penal, os Estatutos de Autonomía, a Lei Electoral, a do Defensor do Pobo, a do Tribunal Constitucional, a de Educación, a do Dereito de Reunión, a de Liberdade Sindical, a de Liberdade Relixiosa, a de Partidos Políticos etc.
  • Non poden reformar lei tributaria algunha, o que exclúe a Lei Xeral Tributaria, a Lei Reguladora das Facendas Locais, a Lei sobre o IRPF, a Lei do IVE etc.
  • Non poden reformar lei algunha de carácter internacional.
  • Partindo de devanditas iniciativas non pode elaborarse lei algunha referente á prerrogativa de graza, o indulto, que segundo o artigo 62.i da Constitución corresponde ao Rei, con arranxo á Lei.
  • Non poden reformar nin o Consello Económico e Social, nin os parámetros de redistribución da riqueza, nin a armonización entre rexións, nin a planificación da actividade económica; tampouco poden proporse os Orzamentos Xerais do Estado nin emendas a estes.
  • Ademais, segundo o artigo 166 da Constitución, só pode reformarse a Constitución polos apartados 1 e 2 do artigo 87, polo que a ILP queda excluída como vehículo para a reforma constitucional.

Ao longo do período democrático español iniciado en 1978, tan só nove ILP pasaron o filtro da Mesa do Congreso, mentres que unicamente unha Iniciativa Lexislativa Popular foi aprobada polo Pleno, relativa á modificación da Lei de Propiedade Horizontal.

Tamén cabe a posibilidade de presentar iniciativas lexislativas nos diferentes parlamentos autonómicos. Neste caso, os diversos Estatutos de autonomía recollerán as condicións esixidas para iso. Os posibles plebiscitos para a súa aprobación haberán de ser autorizados polo Goberno Central.

Algúns casos

En xuño do 2006 impulsada por Convivencia Cívica de Cataluña e Universitarios Liberal Demócratas perante o Parlamento de Cataluña, en defensa do bilingüismo na educación: educación en catalán e en castelán e non monolingüe exclusivamente en catalán. O lema central da campaña era: En castelán tamén?.

Para que esta iniciativa fose debatida no Pleno do Parlamento Autonómico era necesario que 50.000 cidadáns empadroados na Comunidade Autónoma de Cataluña desen o seu apoio explícito á proposta de lei mediante a súa firma. Despois de varios meses de recollida polas rúas de Cataluña e máis dun milleiro de mesas petitorias instaladas, finalmente foron entregadas as firmas de 57.000 cataláns. Tralo debate no Parlamento de Cataluña, do que marcharon a maioría de deputados dos partidos que conforman o Goberno Autonómico para non escoitaren aos promotores da Iniciativa, a proposición de lei foi rexeitada no seu trámite inicial.

Galicia

A iniciativa popular lexislativa acabaría converténdose na coñecida como Lei Valentín Paz-Andrade, unha vez foi aprobada por unanimidade no Parlamento galego en 2014. Logo de xuntar máis de 17.000 sinaturas no 2012; 15.000 son precisas segundo o Estatuto de Galicia de 1981 para presentar a iniciativa lexislativa popular; esta foi defendida no plenario do Parlamento de Galicia por Xosé Carlos Morell. Logo das conversas cos grupos políticos da cámara lexislativa galega estes apoiaron por unanimidade a Lei 1/2014, de 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coñecida popularmente polo nome do persoeiro Valentín Paz-Andrade, economista, xurista e escritor galego e que foi no seu tempo un defensor da unión entre as normas escritas galega e portuguesa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Iniciativa Popular Regulación por paísesIniciativa Popular Algúns casosIniciativa Popular GaliciaIniciativa Popular NotasIniciativa Popular Véxase taménIniciativa PopularConstituciónEstatutoLei

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mr. TAirbus A350Susana PedreiraSegunda República EspañolaGustave MoreauElectronic Numerical Integrator And ComputerMaría JamardoManchester City F.C.Cronoloxía da segunda guerra mundialGuerra civil españolaPadroádego de Protección da MullerSantuario do Bom Jesus do MonteIgrexa de San Carlo alle Quattro FontaneBetanzosReino UnidoColocación do pronome átono en galegoAlicúnManuel AntonioEstrasburgoFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)AllarizHorteláOs ÁnxelesEstado de emerxenciaSydney SweeneyThe InterviewXardaO BierzoPortugalJDeputación da CoruñaIndonesiaSegunda guerra mundialIndependentismoArturo Fernández (xornalista)Fillas de CassandraCaralloGotemburgoFrancisco Miguel Llanos TrápagaIdeoloxíaBud SpencerLista de WikipediasChantadaXosé Ramón Fernández-OxeaBenito KamelasNew DealRepública Popular da ChinaLista de deuses celtasReconquista de VigoManuel FragaUS AirwaysAntolín FaraldoFases da lúaPoloniaXacioA EstradaRaxáKaty PerryPocholo Martínez-BordiúCatedral de Santiago de CompostelaRoko (actriz)Ada NegriFonoteca 92MediaWikiHungríaAmancio OrtegaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoRobin WilliamsEl tiempo entre costuras (serie de televisión)Monforte de LemosPartido políticoCongresoDallas MavericksA morte na literatura popular galegaSemellanza (xeometría)🡆 More