Padroádego De Protección Á Muller

O Padroádego de Protección á Muller (en castelán: Patronato de Protección a la Mujer) foi unha institución pública de reformas escolares en España creada en 1941 e dependente do Ministerio de Xustiza, caracterizada polas extremas vulneracións dos Dereitos Humanos cometidas contra nenas e mozas encerradas nos seus centros como parte da represión franquista perpetuada ata a Transición.

Durante o franquismo, esta institución tiña centros de detención de carácter pechado xeralmente rexentados por ordes relixiosas que podían encerrar a mozas "caídas ou en risco de caer". As mozas podían ingresar nestes centros tras as redadas policiais en prostíbulos, por "conduta inmoral", denuncias de familiares e particulares, a petición das autoridades civís e relixiosas colaboradoras ou a petición da propia interesada ou dos seus pais.

Padroádego de Protección á Muller
Tipoorganización
Data de fundación1931
Data de disolución1984
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

O padroádego estruturábase nunha Xunta Nacional cuxa presidenta de honra era Carmen Polo, a muller de Franco, e cincuenta Xuntas Provinciais. O vicepresidente da Xunta de Pontevedra foi varios anos Cándido Conde Pumpido Ferreiro ata seu traslado a Madrid.

Historia

En 1902, un Real Decreto do 11 de xullo creou o Padroádego Real para a Represión da Trata de Brancas no Ministerio de Xustiza, que foi reformado posteriormente en 1904 e logo no1909. Coa chegada da II República, reorganizouse en 1931 co nome de "Patronato de Protección a la Mujer" e disolveuse en 1935, encomendándolle as súas competencias ao Consello Superior de Protección de Menores. Por Decreto do 6 de novembro de 1941 volveuse crear o Padroádego de Protección da Muller que desapareceu definitivamente en 1984, cando se traspasou ás comunidades autónomas as súas competencias en materia de protección da muller.

Foi a escritora Consuelo García del Cid Guerra a que sacou á luz a historia dos abusos, torturas, roubos de bebés e violacións dos dereitos humanos cometidos polo Padroádego de Protección da Muller co seu ensaio "Las desterradas hijas de Eva" (2012). A autora pasou por reformatorios franquistas dependentes do Padroádego. En maio de 2023, a escritora falou no Parlamento de Cataluña sobre o Padroádego, solicitando unha comisión específica de investigación ao respecto e o perdón público das congregacións relixiosas que operaban nos centros da institución.

A investigadora en historia contemporánea Carmen Guillén Lorente fixo a súa tese de doutoramento sobre o padroádego El Patronato de Protección a la Mujer: prostitución, moralidad e intervenciíon estatal durante el franquismo (2018), e segue dando a coñecer esta institución e a represión que sufriron as mulleres durante o franquismo.

Funcións

Segundo o artigo 4 do Decreto do 6 de novembro de 1941, a finalidade do Padroádego era a dignidade moral da muller, especialmente das mozas, impedir a súa explotación, apartalas do vicio e educalas de acordo coas ensinanzas da relixión católica. Porén, esa educación era en realidade mínima ou inexistente.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Consuelo García del Cid Guerra (2012): Las desterradas hijas de Eva. Algon Ed. ISBN: 978-84-938407-9-2
  • Consuelo García del Cid Guerra (2015): Ruega por nosotras. Algon Ed. ISBN: 978-84-944025-7-9
  • Consuelo García del Cid Guerra (2021): Las insurrectas del Patronato de Protección a la Mujer. Anantes Ed. ISBN: 978-84-122441-7-5
  • Marta García y María Palau (2023): Indignas hijas de su Patria - Crónicas del Patronato de Protección a la Mujer en el País Valencià. Institución Alfons el Magnànim - Centre Valencià d'Estudis i d'Investigació. ISBN: 978-84-1156-008-5.

Novelada

  • Montse Alabarta Gomis (2023): Margaritas Blancas: Mujeres Invisibles. Letra Minúscula Ed. ISBN: 978-84-197051-1-2

Tags:

Padroádego De Protección Á Muller HistoriaPadroádego De Protección Á Muller FunciónsPadroádego De Protección Á Muller NotasPadroádego De Protección Á Muller Véxase taménPadroádego De Protección Á MullerDereitos humanosEspañaLingua casteláMinisterio de Xustiza (España)Represión franquistaTransición española

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Primeira guerra mundialAranésMarçal MolinéAP-9Sete Sabios de GreciaBidueiroUnión EuropeaFesta dos maiosSilledaLisímaco de AlexandríaSuso de ToroJoselu MatoKarlos ArguiñanoPedro FeijooBarónBillardaHenrique MonteagudoMártires de CarralLista de presidentes da República PortuguesaDavid VillaXabier DeiveCohesiónAguacateA vogal temática e a conxugaciónCélula procariotaMonomitoArte posmodernaAntónio de Oliveira SalazarRefraneiro galego sobre o mes de maioNova narrativa galegaJorge BermelloSete SabiosCarlos CasaresMegasaAlberto Núñez FeijóoFranciaANancho NovoRegulamento xeral de protección de datosArqueasSecretaría Xeral de Política LingüísticaLista de WikipediasMorañaA PontenovaDepartamento de ApurímacPoloniaAquí no hay quien vivaDisoluciónMomia de ManchesterGalván en SaorPere AragonèsPerífrases verbais galegasCáceresAlejandra PizarnikZíngaroRaúl Soutelo VázquezManuel RivasColocación do pronome átono en galegoCinema pornográficoGalicia estremeiraLingua éuscaraCeleste CaeiroRúa das Rodas (Santiago de Compostela)Francisco Castro VelosoPili PampínRocío LeiraGonzalo LouzaoDía do LibroRío Ulla25 de abrilSantiago de CompostelaFragas do EumeTonhito de PoiLucía Veiga🡆 More