Ana De Mendoza De La Cerda: Política española

Ana de Mendoza de la Cerda y de Silva y Álvarez de Toledo, nada en Cifuentes o 29 de xuño de 1540 e finada en Pastrana o 2 de febreiro de 1592, foi unha nobre española que tivo os títulos de II duquesa de Francavilla, II princesa de Mélito, II condesa de Aliano e II marquesa de Algecilla por dereito propio, así como princesa de Éboli, duquesa de Estremera, duquesa de Pastrana e marquesa de Diano, polo seu matrimonio con Ruy Gómez de Silva, nobre portugués e valido do rei Filipe II de España, polo que é coñecida coloquialmente como a Princesa de Éboli.

Infotaula de personaAna de Mendoza de la Cerda
Ana De Mendoza De La Cerda: Traxectoria, Matrimonio e fillos, Na ficción
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Ana de Mendoza de la Cerda, princesa de Éboli, condesa de Mélito y duquesa de Pastrana Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1540 Editar o valor em Wikidata
Cifuentes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de febreiro de 1592 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Pastrana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuke of Francavilla (en) Traducir
Príncipe de Éboli (pt) Traducir
Princesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Mendoza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeRui Gomes da Silva, príncipe de Éboli (1553 (Gregoriano)–)
FillosAna Gómez de Silva y de Mendoza (pt) Traducir, Diego de Silva y Mendoza Editar o valor em Wikidata
PaisDiego Hurtado de Mendoza y de la Cerda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Doña Catalina de Silva y Andrade, Condesa de Cifuentes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Ana De Mendoza De La Cerda: Traxectoria, Matrimonio e fillos, Na ficción Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3342242

Traxectoria

Primeiros anos

Ana de Mendoza pertencía a unha das familias castelás máis poderosas da súa época: a casa de Mendoza. Foi a filla única do primeiro dos dous matrimonios que tivo Diego Hurtado de Mendoza y de la Cerda, I duque de Francavilla e I príncipe de Mélito e vicerrei de Aragón, e a súa primeira esposa María Catalina de Silva y Álvarez de Toledo, filla dos condes de Cifuentes.

Á idade de doce anos, en 1553, Ana asinou as capitulacións de voda con Ruy Gómez de Silva, por recomendación do príncipe Filipe, futuro Filipe II de España. O seu home era príncipe de Éboli, denominación da cidade localizada no reino de Nápoles, e ministro do rei. Os compromisos de Ruy motivaron a súa presenza en Inglaterra, polo que nos cinco primeiros anos de matrimonio os cónxuxes apenas estiveron tres meses xuntos.

Foi unha das mulleres de máis talento da súa época, e foi considerada unha das damas máis fermosas da corte española. Entre as teorías sobre a causa da perda do seu ollo dereito, a máis aceptada é a que asegura que a princesa foi danada pola punta dun florete manexado por un paxe durante a súa infancia. Con todo, este dato non é claro; quizais non fose chosca senón estrábica, aínda que hai poucos datos que mencionen ese defecto físico. En calquera caso, o seu defecto non quitaba beleza ao seu rostro; o seu carácter altivo e o seu amor polo luxo convertéronse na súa mellor etiqueta de presentación, e exerceu unha grande influencia na corte.

Conflito con Tareixa de Xesús

Ana De Mendoza De La Cerda: Traxectoria, Matrimonio e fillos, Na ficción 
Tareixa de Xesús tivo varios enfrontamentos coa princesa consorte de Éboli.

Ana solicitou xunto co seu home dous conventos da orde relixiosa das carmelitas descalzas en Pastrana.

Entorpeceu os traballos porque quería que se construísen segundo os seus ditados, o que provocou numerosos conflitos con monxas, frades, e sobre todo con Tareixa de Xesús, fundadora das carmelitas descalzas. Ruy Gómez de Silva puxo paz, mais cando este faleceu volveron os problemas, xa que a princesa quería ser monxa e que todas as súas criadas tamén o fosen. Foille concedido con desgana por Tareixa de Xesús e localizouse nunha cela austera. Pronto cansou da cela e foi a unha casa no horto do convento coas súas criadas. Alí tería armarios para gardar vestidos e xoias, ademais de ter comunicación directa coa rúa e poder saír a vontade. Ante isto, por mandato de Tareixa, todas as monxas marcharon do convento e abandonaron Pastrana, deixando soa a Ana. Esta volveu de novo ao seu palacio de Madrid, non sen antes publicar unha biografía terxiversada de Tareixa, o que produciu o alzamento de escándalo da Inquisición, que prohibiu a obra durante dez anos.

Trala morte de Ruy Gómez de Silva

Trala repentina morte de Ruy Gómez de Silva en 1573, Ana viuse obrigada a manexar o seu amplo patrimonio e durante o resto da súa vida tivo unha existencia problemática.

Grazas aos seus influentes apelidos conseguiu unha posición desafogada para os seus fillos. A súa filla máis vella, Ana, casou con Alonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga, VII duque de Medina Sidonia; o seguinte, Rodrigo, herdou o ducado de Pastrana; Diego foi duque de Francavilla, vicerrei de Portugal e marqués de Allenquer. Ao seu fillo Fernando, ante a posibilidade de chegar a cardeal, fixérono entrar en relixión, mais escolleu ser franciscano e cambiou o seu nome polo de frei Pedro González de Mendoza (como o seu tataravó o Gran Cardeal Mendoza), e chegou a ser arcebispo.

A corte de Filipe II e as súas intrigas

Debido á posición de Ana de Mendoza na corte española, mantiña relacións próximas co entón príncipe e logo rei Filipe II, o que animou a catalogala como amante do rei, principalmente durante o matrimonio deste coa moza Isabel de Valois, da cal foi amiga.

O que si parece seguro é que, unha vez viúva, en 1573, sostivo relacións con Antonio Pérez, secretario do rei. Antonio tiña a mesma idade ca ela e non se sabe realmente se o seu foi simplemente unha cuestión de amor, de política ou de busca dun apoio que lle faltaba dende que finara o seu marido. Estas relacións foroon descubertas por Juan de Escobedo, secretario de Xoán de Austria, fillo natural do rei Carlos I de España, quen ademais mantiña contactos cos rebeldes dos Países Baixos españois. Antonio Pérez, temeroso de que revelase o segredo, denunciouno ante o rei de graves manexos políticos e Escobedo apareceu morto a estocadas, do que a opinión pública acusou a Pérez; porén, pasou un ano ata que o rei dispuxo a súa detención.

Os motivos da intriga que levaron ao asasinato de Escobedo e á caída da princesa non son claros. Parece probable, xunto á posible revelación da relación amorosa entre Ana e Antonio Pérez, tamén a existencia doutros motivos, como unha intriga complexa de ambos sobre a sucesión ao trono vacante de Portugal e contra Xoán de Austria no seu intento de casar con María I de Escocia, da casa de Estuardo.

O encerro

Ana De Mendoza De La Cerda: Traxectoria, Matrimonio e fillos, Na ficción 
Placa conmemorativa
Ana De Mendoza De La Cerda: Traxectoria, Matrimonio e fillos, Na ficción 
Palacio Ducal de Pastrana, lugar do encerro da princesa viúva de Éboli.

A princesa de Mélito e viúva do príncipe de Éboli foi encerrada por orde do rei Filipe II de España en 1579, primeiro no Torreón de Pinto, logo na fortaleza de Santorcaz e privada da tutela dos seus fillos e da administración dos seus bens, para ser trasladada en 1581 ao seu Palacio Ducal de Pastrana, onde estivo acompañada e atendida pola súa filla máis nova, Ana de Silva (chamada Ana como a filla máis vella da Princesa, que tivo dúas fillas do mesmo nome, logo fíxose monxe) e tres criadas.

É moi coñecido no palacio o balcón enreixado que dá á praza da Hora, chamada así porque era onde se permitía á princesa asomarse unha hora ao día. Trala fuga de Antonio Pérez a Aragón en 1590, Filipe II mandou poner reixas en portas e xanelas do Palacio Ducal.

Non está tampouco moi claro a causa da actitude cruel de Filipe II con Ana, quen nas súas cartas chamaba "primo" ao monarca e pedíalle nunha delas "que a protexese como cabaleiro". Filipe II referíase a ela como "a hembra". É salientable que, mentres que a actitude de Filipe cara a Ana era dura e desproporcionada, sempre protexeu e cuidou dos fillos desta e do seu antigo amigo Ruy Gómez de Silva. Filipe II nomeou un administrador dos seus bens e máis adiante levou as contas ao seu fillo frei Pedro ante a ausencia dos seus irmáns.

Faleceu en devandita localidade en 1592. Ana e Ruy están enterrados xuntos na Colexiata de Pastrana.

Matrimonio e fillos

Durante o período do seu matrimonio, a vida de Ana foi estable. Con Ruy Gómez de Silva tivo dez fillos:

  • Diego (ca. 1558-1563), morto de neno.
  • Ana de Silva y Mendoza (1560-1610), esposa de Alonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga, VII duque de Medina Sidonia.
  • Ruy II Gómez de Silva y Mendoza, II duque de Pastrana (1562-1596), quen casou con Ana de Portugal y Borja.
  • Pedro de Silva y Mendoza (ca. 1563), morto de neno.
  • Diego de Silva y Mendoza, III duque de Francavilla e I marqués de Alenquer (1564-1630). Matrimonios: Luisa de Cárdenas e María Ana Sarmiento Villandrano de Ulloa, condesa de Salinas.
  • Ruy de Silva y Mendoza, I marqués de la Eliseda (1565- 1616). Matrimonios: Ana de Aguilar, Jerónima Fernández de Fillar e Antonia Manrique de Lara, XI condesa de Castañeda.
  • Fernando de Silva y Mendoza, logo frei Pedro González de Mendoza, (1570-1639), arcebispo de Zaragoza.
  • María de Mendoza e María de Silva (ca. 1570), xemelgas, mortas de nenas.
  • Ana de Silva y Mendoza (1573-1614), foi a última filla do matrimonio e quen acompañou á súa nai nos anos de encerro.

Na ficción

Na obra de Schiller Don Carlos, Infant von Spanien e na ópera de Verdi Don Carlos, hai unha personaxe chamada Princesa Eboli, baseada en Ana de Mendoza. É tamén o tema da novela de Kate O'Brien That Lady, e da adaptación ao cinema da novela de O'Brien, That Lady, dirixida por Terence Young e protagonizada por Olivia de Havilland. La Tuerta é unha obra de teatro interpretada no Bedlam Theatre como parte de The Edinburgh Fringe Festival en agosto de 2008.

En 2008 estreouse o filme La conjura de El Escorial, dirixido por Antonio del Real e que narraba, con relativa fidelidade, as intrigas de Antonio Pérez e a Princesa de Éboli. Esta última personaxe foi interpretada pola actriz británica Julia Ormond.

Ademais, para televisión, a personaxe foi interpretada pola actriz Marisa de Leza no episodio titulado La tumultuosa Princesa de Eboli, da serie Mujeres insólitas, e que se emitiu por TVE o 15 de febreiro de 1977. Para a serie Teresa de Jesús, dirixida por Josefina Molina e emitida en 1984, a actriz que encarnou en dous dos episodios a Princesa de Éboli foi Patricia Adriani. En 2010 estreouse unha miniserie de dous episodios titulada La princesa de Éboli en Antena 3, con Belén Rueda á fronte do elenco no papel da princesa.

En 2018, no episodio da serie Arthur titulado "The Princess Problem", Lydia presenta a personaxe a D.W. como exemplo de princesa discapacitada, dicindo que foi cegada na súa infancia nunha pelexa de espadas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alegre Carvajal, Esther (2014). "Ana de Mendoza y de la Cerda, princesa de Éboli, duquesa de Pastrana (Cifuentes, 1540-Pastrana, 1592". Damas de la Casa de Mendoza: Historias, leyendas y olvidos. Madrid: Polifemo. pp. 578–617. ISBN 978-84-16335-00-8. 
  • Ares, Nacho (2005). Éboli: secretos de la vida de Ana de Mendoza. Algaba. ISBN 84-961-0757-4. 
  • Fernández Álvarez, Manuel (2009). La princesa de Éboli. Espasa Calpe. ISBN 978-84-670-3034-1. 
  • Herrera Casado, Antonio (2000). La princesa de Éboli: una guía para descubrirla: un manual para seguir sus pasos por Castilla. Aache. ISBN 84-95179-39-3. 
  • O'Brien, Kate (1946; trad. de María José Rodellar, 1986). "That Lady" Esa Dama - La historia de la princesa de Éboli. Edhasa. ISBN 84-350-0525-9. 

Ligazóns externas

Tags:

Ana De Mendoza De La Cerda TraxectoriaAna De Mendoza De La Cerda Matrimonio e fillosAna De Mendoza De La Cerda Na ficciónAna De Mendoza De La Cerda NotasAna De Mendoza De La Cerda Véxase taménAna De Mendoza De La Cerda154015922 de febreiro29 de xuñoEspañaFilipe II de EspañaNobrezaPortugalReiTítulo nobiliarioValido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Grupo EroskiJacques-Louis DavidPartido Comunista pola República GalegaGalería de imaxes de arañas de GaliciaMario Vargas LlosaSemellanza (xeometría)GmailOcéanoJackie ChanRocco SiffrediMichelle ObamaValenciaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoLareiraPocholo Martínez-BordiúBud SpencerAnthony GiddensLionel MessiTomás IribarrenBragaSexoRibadeoEnciclopediaSulfato de cobre (II)Penélope CruzAlfonso SotoChâmoa Gomes de PombeiroAstrolabioTorre EiffelCatalán ribagorzanoLista de episodios de Dragon Ball Z KaiCourseraHuelvaRosalía de CastroO IrixoFlorentino PérezAntonio MachadoHermann Heinrich GossenFinados en 2024SalgueiroZendayaClase (bioloxía)AppleTalkÁcido desoxirribonucleicoJosé Luis Iglesias LagoRefreyÁngel Concheiro CoelloUS AirwaysRío ObiPosición do misioneiro invertidaTesalónicaToledoGalileo GalileiManuel MongeBarbitúricosBen AffleckRibadaviaAlcaldes da CoruñaAntigo ExiptoGalicia estremeiraEliseo SeoaneOs ÁnxelesBreaking BadSindicalismoProxyIndonesiaToxo arnalContactorISBNMisa (música)🡆 More