O estrabismo ou heterotropía é a desviación do aliñamento dun ollo en relación ao outro.
Isto impide fixar a mirada de ambos ollos no mesmo punto do espazo, o que ocasiona unha visión binocular incorrecta que pode afectar adversamente a percepción da profundidade.
Estrabismo | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Persoa que padece estrabismo. | |
MedlinePlus | 001004 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Cando o estrabismo é conxénito ou se desenvolve durante a infancia, pode causar ambliopía, patoloxía na cal non existe un correcto desenvolvemento das estruturas neurolóxicas responsábeis da visión, motivo polo cal, cando se chega á idade adulta e pese corrixirse a patoloxía que deu orixe á ambliopía (estrabismo, vicio de refracción, etc.) a visión co ollo ambliope é insuficiente, e non pudendo ser corrixida con tratamento ningún. A ambliopía é reversíbel durante a infancia e ocasionalmente na adolescencia con medidas terapéuticas adecuadas, que no caso do estrabismo adoitan ser o tratamento con parches e eventualmente o uso de lentes.
Birollo, estrábico, meco, resgo, trusgo e vesgo son as denominacións dunha persoa que padece estrabismo.
Distínguense diversos tipos de estrabismo:
Xeralmente non hai unha causa clara. Normalmente un dos ollos adoita ter visión moito máis reducida desde o nacemento (como nunha catarata conxénita) ou os dous ollos poden ter diferentes propiedades ópticas; por exemplo, un ollo pode ser apreciablemente máis miope ou máis astigmático ca o outro, ou pode simplemente ter miopía, hipermetropía ou astigmatismo. Poden tamén existir lesións anatómicas nos nervios ou nos músculos. Tamén, calquera tipo de doenza que ocasione unha diminución de visión nalgún dos ollos pode provocar estrabismo.
O estrabismo padéceo entre o 3 % e o 5 % dos nenos (afecta ambos os sexos por igual) e adoita existir algunha historia familiar.
Os ollos do paciente con estrabismo deberían examinarse o máis axiña posible. A meta está en impedir a ambliopía ("ollo preguiceiro") e permitir o bo desenvolvemento da visión binocular. Ningún neno é demasiado novo para ser examinado e o coidado temperán pode impedir problemas que máis tarde non se poden corrixir. O tratamento ha ser máis efectivo canto antes se comece. Logo dos sete anos, as probabilidades son máis pobres.
As probas de estrabismo consisten nun exame xeral; probas de reflexión de luz na córnea e probas de cobertura. Nas probas de cobertura tápase cada ollo para detectar cal é o estrábico. Se o ollo examinado é o que padece o estrabismo fixará a ollada cando se cubra o "ollo bo". Se é o "ollo bo", non haberá cambios na fixación, posto que xa está fixo. Os servizos sanitarios de atención primaria teñen protocolos de manexo e detección precoz das anomalías visuais en cativos que deberían ser capaces de detectar o estrabismo en fases precoces, de xeito que se permita abordar un tratamento eficaz no menor prazo posible.
O estrabismo pódese tratar con cirurxía, lentes ou prismas ópticos, oclusións con parches ou exercicios oculares. Os obxectivos cos nenos son lograr un aspecto normal nos ollos, pero cunha boa visión en cada ollo (con ou sen a corrección óptica), unha boa visión binocular e percepción de profundidade. Se un adulto ten un estrabismo desde a infancia que non se tratou, diminúe (pero non se elimina) a porcentaxe de éxito na recuperación da ambliopía e da estereopse. Para un adulto, a meta pode ser simplemente estética.
O tratamento consiste en accións tendentes á mellora da visión (intentar combater a ambliopía) e mediante lentes e oclusións e, ás veces, cirurxía sobre os músculos do ollo.
As lentes, con ou sen oclusión, son adoito o primeiro tratamento, maiormente para as esotropías acomodativas, onde a acomodación xoga un papel decisivo. Se despois disto aínda existe unha desviación dos ollos residual, cumprirá recorrer á cirurxía. As lentes afectan a posición ao cambiar a reacción da persoa ao enfoque. Os prismas cambian a dirección da luz e, xa que logo, as imaxes, o que provoca o cambio na posición do ollo.
A oclusión é a terapia máis importante para os nenos que teñen unha diminución da visión (ambliopía). Ponse un parche sobre o ollo normal ("bo"), para forzar o uso do torto ("pobre" ou ambliope) co obxecto de que a súa visión mellore e se igualen. Xeralmente, a cirurxía para o aliñamento demórase ata que a visión do ollo ambliope se restableza e se estabilice.
A cirurxía úsase para acurtar, alongar ou cambiar a posición dun ou máis músculos do ollo con eficacia, permitindo o aliñamento correcto de ambos os ollos. A cirurxía para o estrabismo tende ao fortalecemento dalgúns músculos do ollo e á debilitación doutros, para cambiar a súa forza efectiva sobre o globo ocular e lograr o aliñamento. Ás veces, un efecto de debilitación pode realizarse sen a cirurxía convencional, mediante a inxección dunha medicación composta por toxina botulínica que paraliza o músculo.
A cirurxía de estrabismo é un procedemento relativamente seguro, pero pode ter algúns riscos, como calquera cirurxía e anestesia. Con frecuencia cómpre máis dunha intervención para obter o mellor aliñamento dos ollos, e normalmente hai que seguir levando lentes.
O tratamento precoz do estrabismo na infancia pode reducir as posibilidades de desenvolver ambliopía e problemas de percepción da profundidade. As lentes prismáticas utilízanse para evitar que se produza a visión dobre (diplopía). Así e todo, isto non cura a doenza.
En adultos con aliñamento visual normal, o comezo do estrabismo normalmente provoca diplopía. É recomendable realizar unha visita ao Wiki Galegooftalmólogo para revisar a saúde ocular e ao optometrista (especialista da visión) para revisar a saúde visual, durante o primeiro ano de vida e outra entre os tres e os seis anos de idade. Nun estrabismo, a vixilancia e o control débense estender ata a adolescencia, aínda que a situación estética sexa normal.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Estrabismo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.