Antía Cal: Pedagoga galega

Antía Cal Vázquez, nada na Habana o 18 de abril de 1923 e finada en Meira (Moaña) o 30 de marzo de 2022, foi unha pedagoga galega.

Co seu home, Antón Beiras García, fundou na década dos 60, en Vigo, a Escola Rosalía de Castro, dirixida por ela, onde puxo en práctica as novas técnicas recomendadas pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), os métodos do suízo Johann Heinrich Pestalozzi e outros recursos propios do movemento contemporáneo da Escola Nova europea. Na escola Rosalía de Castro dedícaselle unha atención especial á lingua e cultura galegas.

Infotaula de personaAntía Cal
Antía Cal: Traxectoria, Obra escrita, Recoñecementos
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1923 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte30 de marzo de 2022 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Meira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpedagoga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAntón Beiras García
FillosBeatriz Beiras Cal, Antón Beiras Cal, Hixinio Beiras Cal, Antía Beiras Cal Editar o valor em Wikidata
ParentesXosé Manuel Beiras (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Antía Cal: Traxectoria, Obra escrita, Recoñecementos Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Antía naceu na emigración cubana. Foi unha dos tres fillos (con Armando e Pepe) de Vicenta Vázquez e Xosé Cal Reigosa, naturais de Muras (Provincia de Lugo). A súa familia era a do Mesón, e a ela coñecíana como Tita do Mesón. Na Habana asistiu ao Plantel Concepción Arenal do Centro Galego.

Aos nove anos de idade (en 1932), regresou a Galiza, no buque Cristóbal Colón, coa nai e irmáns, á casa dos avós maternos, nó lugar muresán das Aguias. O pai quedou a traballar na Habana, nunha casa de empeños da súa propiedade. Os rapaces foron estudar o bacharelato ao colexio mixto Dequidt da Coruña.

En 1939 trasladáronse a Santiago de Compostela, alí estudou comercio, que era a vontade do proxenitor. Fixo tamén maxisterio e despois matriculouse na Universidade, onde fixo Filosofía e Letras. Nese tempo coincidiu en Muras co lingüista Anibal Otero. Licenciouse en 1945.

O día de San Pedro de 1947 casou co oftalmólogo Antón Beiras García, galeguista, ao que coñecera en 1944 nunha librería, irmán de Manuel Beiras. Foron a vivir a Vigo, ao Edificio Sanchón, onde Antón tiña a consulta. Tiveron catro fillos entre 1949 e 1957: Hixinio, Antía, Antón e Bea.

A raíz do estrabismo dunha das fillas do matrimonio, a partir de 1954 decidiron facer viaxes por Europa, para buscar unha solución e facer investigación sobre esta enfermidade ocular. Nunha desas viaxes pararon en Xenebra, alí leu no xornal que nun edificio estaban ordenando o legado do pedagogo Johann Heinrich Pestalozzi, por quen Antía tiña especial admiración grazas á súa loita a prol da educación das mulleres, e alí acudiu durante dez días. Un profesor dese centro púxoa en contacto cunha alumna súa que estaba en París, na UNESCO.

Fixeron gran amizade con Roderick Price Mann, xefe do Cable Inglés en Vigo, que os axudou nos novos proxectos profesionais. Desde ese momento comezaron a facerse máis intensos os seus contactos cos círculos da pedagoxía europea. Mandaron ós seus fillos a estudar a educación primaria ao Reino Unido. Estas visións e experiencias impulsaron a Antía Cal a fundar a Escola Rosalía de Castro.

Escola Rosalía de Castro

En 1961 fundou en Vigo a Escola Rosalía de Castro, onde puxo en práctica as novas técnicas pedagóxicas recomendadas pola UNESCO, cun ensino completamente bilingüe castelán-inglés e con aulas que levaban os nomes de Rosalía de Castro, Bertrand Russell, Alexandre Bóveda, Marie Curie, Carlos Maside, Maria Montessori, Castelao, Eduardo Pondal, Luís de Camões, mariñeiros ou labregos. En setembro, que foi cando comezou o curso, a escola tiña tres profesores e 38 alumnos e localizábase na céntrica rúa Pizarro. Ao ano trasladaríase á Gran Vía e en 1976 á parroquia de Bembrive.

O seu proxecto educativo baseábase nas seguintes premisas: coeducación; dispoñibilidade lingüística na idade cero co establecemento dunha segunda lingua; psicoloxía evolutiva; intervención e participación de alumnado-profesorado-sociedade; coxestión e responsabilidade compartida; sumo tacto respecto das uniformidades; a escola como fábrica de pensamentos, razoamentos, creación e flexibilidade; áreas interdisciplinarias no estudo da ciencia e traballo en equipo.

O 1 de abril de 1968 Antía Cal enviuvou. Desde 1969 foi periodicamente a Barcelona e entrou en contacto coas Escolas de Verán Rosa Sensat, creadas por Rosa Sensat i Vila (1873-1961), núcleo de renovación pedagóxica, traballando coa pedagoga Pilar Benejam. O aprendido alí e a relación establecida con ese centro axudoulle a mellorar a preparación dos mestres e mestras do seu propio colexio. A Escola Rosalía de Castro foi pioneira na introdución da lingua galega no ensino.

Obra escrita

Escribiu en 1955 O libro dos nenos. Enciclopedia pro neno galego que gañou o Premio do Lar Gallego de Caracas en 1958 e permaneceu inédito ata 2018, cando o publicou a Deputación de Lugo. Así mesmo, foi coautora de O arte para os nenos, inédito, tamén, durante anos, ata que o publicou Laiovento en 2017. En 1973 dirixiu un libro escrito polos alumnos da súa escola: Os nosos poemas.

Antía Cal: Traxectoria, Obra escrita, Recoñecementos 
En 2013, no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.
  • Este camiño que fixemos xuntos. Autobiografía. Editorial Galaxia, 2006.
  • O arte e a súa historia. Xunto co seu marido Antón Beiras. Edicións Laiovento, 2017.
  • O libro dos nenos, Deputación de Lugo, 2018.

Recoñecementos

  • Orde civil de Afonso X O Sabio coa categoría de Encomenda con Placa no ano 2022.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Vídeos externos
Antía Cal: Traxectoria, Obra escrita, Recoñecementos  Galegos. Antía Cal (2014). TVG.

Ligazóns externas

Tags:

Antía Cal TraxectoriaAntía Cal Obra escritaAntía Cal RecoñecementosAntía Cal Galería de imaxesAntía Cal NotasAntía Cal Véxase taménAntía Cal18 de abril1923202230 de marzoA HabanaAntón Beiras GarcíaCultura de GaliciaJohann Heinrich PestalozziLingua galegaMeira, MoañaMoañaPedagoxíaUNESCOVigo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Cabo Norte, NoruegaPampallínHard GZAccidente de ChernóbilJuan Jacobo Durán LorigaPaís VascoArxentinaHans ZimmerAguia imperial ibéricaAna TurpinRede privada virtualO CarballiñoBubelaCamilo Díaz BaliñoMerloSanta CompañaAntonio López FerreiroRefraneiro galego sobre o mes de maioJackson PollockSuízaShōgunVila Nova de CerveiraXosé Manuel PiñeiroDelfínidosJava (linguaxe de programación)MLeitzaEstadio Municipal de RiazorAna Luísa BouzaHeraldo de ViveroRoberto Vidal BolañoLista de nomes femininos en galegoPoesíaIKEAContactorEmilio Aragón BermúdezQuenllaTraxe galegoYouTubeFernando Salgado VarelaPobo palestinoBucetaSelección de fútbol de GaliciaLareiraGoizuetaFesta dos maiosInstagramBeraAbrilOTANDaniel de la TorreGeorgia O'KeeffeXeración do 36Antón Villar PonteCristiano RonaldoCarlos NegroDodroItxu DíazCalorPalmaAmancio OrtegaAgustín Fernández PazSílvia OrriolsMarmelo (doce)Sabela (Operación Triunfo)AsteraceaeJosé Luís Valladares FernándezPosicións sexuaisRusiaJorge LorenzoNightmare Alley (filme de 2021)VichelocregoArroazFernando Alonso🡆 More