Razoamento

Enténdese por razoamento o acto de sacar conclusións e de aprender de maneira razoable uns feitos, establecendo conexións causais e lóxicas necesarias entre eles.

Podemos diferenciar dous tipos de razoamento:

Razoamento
Le Penseur de Auguste Rodin.

• O razoamento argumentativo en tanto actividade mental correspóndese coa actividade lingüística de argumentar. Noutras palabras, un argumento é a expresión lingüística dun razoamento.

• O razoamento lóxico é un proceso de lóxica mediante o cal, partindo dun ou máis xuízos, derívase a posibilidade ou a falsidade doutro xuízo distinto. O estudo dos argumentos corresponde á lóxica, de modo que a ela tamén lle corresponde indirectamente o estudo do razoamento. Polo xeral, os xuízos nos que se basea un razoamento expresan coñecementos xa adquiridos. É posible distinguir entre varios tipos de razoamento lóxico.

Razoamento argumentativo

Non só se basea nas premisas cunha única alternativa correcta, senón que é máis amplo en canto ás solucións, baseándose na experiencia e no contexto. Como exemplo para ilustrar este tipo de razoamento, podemos situarnos nun caso dunha clasificación de alimentos: o tipo informal faríao segundo os ordene no frigorífico. Neste razoamento xeneralízase para todos os elementos dun conxunto a propiedade observada nun número finito de casos. As premisas neste caso non conteñen unha conclusión concreta; de feito, a información que se extrae non é correcta, é discutible.

Razoamento lóxico

Razoamento lóxico é un proceso mental que implica a aplicación da lóxica. A partir deste tipo de razoamento, pode ser dun ou máis lugares para chegar a unha conclusión de que pode ser determinado como verdadeiro, falso ou posible. A partir dunhas premisas sacamos esa conclusión que normalmente é fiable, neste tipo de razoamento é case imposible debater sobre a conclusión. Un exemplo sería: no caso dunha clasificación de alimentos, o do tipo lóxico ordenaríaos por carnes, peixes, froita etc.

Outros tipos

  • Razoamentos dedutivos (conclusión referida a premisas avaliadas)
  • Razoamentos indutivos (conclusión con base en probabilidades)
  • Razoamentos non dedutivos (as premisas non dan por probable a conclusión)

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Primeira guerra mundialMiguel Ángel Zabalza BerazaFrancisco Fernández del RiegoPosición do coito lateralAníbal MalvarÁnxel CasalAldous HuxleyManuel Mayer von FurtwänglerAnne HecheCatedral de Santiago de CompostelaReino de GaliciaA vogal temática e a conxugaciónLista de presidentes da República PortuguesaMoucho comúnIrene FerrerasBurgosMúsica tradicional galegaRaquel AtanesFoliadaReconquistaOrlando BloomRosalía de CastroMalores VillanuevaArtur BordaloGinger RogersReal Club Celta de VigoWikipedia en kusaalAfonso X o SabioArcos, CuntisRefraneiro galego sobre o panMeigaA Pobra do CaramiñalPena de morteExeria (escritora)CohesiónSete SabiosPrimeira República GalegaIrene Vallejo MoreuIraqBillardaYolanda DíazLagarto arnalCeroTomiño (planta)ToledoBlogCeutaPavillón Multiúsos Fontes do SarJulia OteroContactorDepartamento de ApurímacGatipedroCharles DarwinAcrofiliaLista de programas de Televisión EspañolaOvo (alimento)Immanuel KantO lobo da xenteCando petan na porta pola noiteJosé Manuel Rodríguez PuenteMedalla da Folga de FameAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoJosé Antonio Primo de RiveraManuel Lugrís FreirePaleolíticoMarcos PereiroMasturbación coas mamasMartiño de DumioDeportivo da CoruñaVacalouraAntonio MingoteCAPTCHAMegasaSistema operativo🡆 More