Píntega Común: Anfibio común en Europa

A píntega común ou salamántiga (Salamandra salamandra) é un anfibio urodelo común en Europa con preferencia por hábitats acuáticos de media e alta montaña, ecoloxicamente pouco alterados.

Píntega común
Píntega Común: Localización e características, A píntega na cultura popular galega, Notas
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Caudata
Familia: Salamandridae
Xénero: Salamandra
Especie: S. salamandra
Nome binomial
Salamandra salamandra
(Linnaeus, 1758)
Distribución en Europa
Distribución en Europa

Distribución en Europa
Sinonimia
  • Lacerta salamandra Linnaeus, 1758

Ao longo do territorio galego recibe tamén os nomes vulgares de salamanca, pinchorra, sacabeira, sapagueira, sacarrancha ou saramaganta.

Localización e características

Normalmente sae do seu acocho cando o tempo é frío e húmido. Adoita ser vista nos camiños, ás veces agóchase baixo as pedras. A súa lonxitude é de 20 cm como máximo.

É doado recoñecelas pola cor da pel, negra con pintas amarelas. Para evitar seren atacadas por outros animais, a súa pel contén pequenas cantidades de substancias tóxicas (pezoña).

A píntega ou salamántiga común ten unha subespecie de seu en Galicia, a Salamandra salamandra gallaica.

O imaxinario tradicional esaxera o carácter pezoñento da píntega, pero non só en Galicia. Xa na Idade Media, Hugo de San Víctor escribe -supostamente- o texto De bestiis et aliis rebus . Neste tratado asegúrase que o veleno da píntega era o máis forte de tódolos animais pezoñosos: mentres que estes poden ferir máis ou menos á xente, unha píntega pode matar a varios homes.

Se te morde a salamántiga, que che fagan logo a cama

Crese que a píntega pode transmitir un aire particular, tanto por contacto como polo seu bafo. Incluso abonda con miralo, e só con iso xa pode provocar dores de cabeza e vertixes. Algúns din que o brazo ou perna que chegue a tocar a píntega pode terminar apodrecendo.

Provoca un proído intenso, contra o que se poden aplicar numerosos remedios tradicionais. Algún destes inclúen utilizar o propio animal, e así, en Ponte Caldelas, por exemplo, hai que coller unha píntega, queimala e aplicar a cinsa na zona infectada. En Oímbra hai que cravar o animal nun pau e este nunha árbore: segundo morre a píntega, vai desaparecendo a pezoña. Outro remedio consiste en matar unha, enterrala en area grosa e colocar tres pedras sobre o corpo; á vez que se fai isto, cóbrese a lesión cunha camisa e rézanse algunhas oracións, e ó quitar a camisa estará curada.

No Irixo enchen unha cunca de barro con aceite de oliva e meten dentro unha corda de esparto. Cando esta está ben embebida de aceite, rodéase con ela a lesión e rézase un ensalmo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, 422-423.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Píntega Común Localización e característicasPíntega Común A píntega na cultura popular galegaPíntega Común NotasPíntega Común Véxase taménPíntega ComúnAnfibioEuropaMontañaUrodelo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lince (zooloxía)RonaldinhoToxo arnalPosición aconchegadaSérgio TannusTereixa NavazaMonforte de LemosMonomitoParáfraseInterstellar (filme)Trevo brancoCarlos de Matos GomesGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Manuel MurguíaCeroChantadaLista de prefixos e sufixosAgustina de AragónRonaldoCosta da MorteNaguib MahfuzJosé Luis Rodríguez ZapateroXabier DeiveImperio BritánicoOs vellos non deben de namorarseVacalouraJulio IglesiasFillas de CassandraÁlvaro MorataIraqReal Club Celta de VigoFermin MuguruzaMasturbaciónGame Boy ColorLista de voces dos animaisRúa das Rodas (Santiago de Compostela)DodroReconquistaLucía VeigaEspañaMartín SarmientoSuso de ToroFiúnchoLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingToniña comúnÁ lus do candilBruce DickinsonAlexandre BóvedaLabregos do tempo dos SputniksReal Academia GalegaZeca AfonsoAriadna Fernández GonzálezCaralloXogo da chaveFingeringCarbohidratoIsabel RiscoJulia OteroXogo de apostaJosé López CamposCunnilingusThe Good DoctorAmiantoVichelocregoSonia MéndezMemorias dun neno labregoRoko (actriz)Os vixilantes do CamiñoFrancisco FumegaNikola TeslaDodecágonoEmma CouceiroArgimiro Marnotes Fernández2015Galaicos🡆 More