Ponte Caldelas: Concello da comarca de Pontevedra, na provincia de Pontevedra

08°30′08″O / 42.38889, -8.50222

Ponte Caldelas (do latín Pontem (de) Calidellas, '(a ponte por onde pasa o camiño a "Calidellas", á súa vez diminutivo de "aquas calidas" 'augas cálidas, termais', ou sexa 'augas quentiñas'. 'A ponte que pola que vai o camiño a "Calidellas" ') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. En 2021 tiña 5.548 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontecaldelán.

Ponte Caldelas
Logo de Ponte Caldelas
Escudo de Ponte Caldelas
Ponte Caldelas: Xeografía, Demografía, Historia
Casa do Concello.
Ponte Caldelas: Xeografía, Demografía, Historia
Situación
Xentiliciopontecaldelán
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Pontevedra
Poboación5.553 hab. (2023)
Área87,0 km²
Densidade63,83 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Capital do concelloPonte Caldelas
Política (2023 )
AlcaldeAndrés Díaz Sobral (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 8
Eleccións municipais en Ponte Caldelas
Uso do galego (2011)
Galegofalantes53,24%
Na rede
http://www.pontecaldelas.org/
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

O municipio sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrado nunha comarca natural que se estende polos contrafortes occidentais da serra do Suído. É terra de mananciais e ríos coma o Oitavén ou o Verdugo, de abruptas serras como A Fracha ou a Castrelada e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.

Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos. Estes son produto dunha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.

As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.

A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas. Entre estes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal. Ao atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, coñecidas polas súas propiedades.

No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, se una co río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo.

Clima

O clima de Ponte Caldelas é un clima de transición que posúe algún trazo do clima do interior galego. As temperaturas no inverno son frías, cunha media de 7 °C, xeadas e neves moi habituais nos cumes e menos ocasionais aínda que presentes nos vales. No verán o termómetro mantense morno, cunha media duns 18 °C. As precipitacións achéganse aos 1.950 mm anuais. Entre novembro e marzo hai chuvias intensas, mais a seca estival propia das Rías Baixas queda moi atenuada. A elevada pluviosidade é por causa da posición frontal da serra fronte ao avance das borrascas atlánticas.

Demografía

Está encadrado no Partido Xudicial de Pontevedra, pero foi capital dun partido xudicial propio, disolto na década de 1960 cos concellos da Lama e de Ponte Sampaio.

Non foi un concello que perdese demasiada poboación grazas á emigración das montañas cara a capital municipal que foi pouca pero constante. O saldo é normalmente negativo, aínda que se combinan ben a capital municipal (que medra moi intensamente) e as outras parroquias (cunha poboación oscilante duns anos a outros).

Censo total 2015 5.540 habitantes
Menores de 15 anos 699 (12.62 %)
Entre 15 e 64 anos 3.441 (62.11 %)
Maiores de 65 anos 1.400 (25.27 %)
Ponte Caldelas: Xeografía, Demografía, Historia

Historia

Ponte Caldelas: Xeografía, Demografía, Historia 
Detalle petróglifo da Laxe das Cruces

Idade Antiga

Pouco se sabe da orixe da vila, aínda que non son poucos quen a atribúen a unha fundación romana. Aínda alguén quere ver nos gregos ós primeiros poboadores do municipio, malia non constaren probas fidedignas.

Idade Media

En 1126 o rei Afonso VII deulle o título de "Moi Leal". Conta a tradición tamén que a famosa raíña Lupa, quen perseguiu os discípulos do Apóstolo Santiago, foi natural desta vila ou residiu nela. No século XIX recibiu o tratamento de "Vila".

Estas terras foron patrimonio da catedral de Santiago de Compostela, e Xelmírez deulles privilexios e franquías. No pasado, o actual termo de Ponte Caldelas pertencía nunha metade á antiga provincia de Santiago (arciprestado do Morrazo), e na outra á de Tui (arciprestado de Soutomaior).

Idade Moderna e Contemporánea

Na Guerra da Independencia española o mariscal Soult foi derrotado nas inmediacións de Ponte Caldelas ao pasar cun exército de 20.000 homes. Desde entón agregouse ao escudo do concello, que formaba a ponte sarmentado, unha cruz en honra das vítimas desta batalla, librada en 1809 na ponte que lle dá nome, de finais do século XVI.

En 1822 pasou formar parte da nova provincia de Vigo e en 1833, finalmente, á de Pontevedra.

Cultura

Toponimia

Probablemente, o municipio recibiu o seu nome pola antiga ponte sobre o río Verdugo, combinado co dos seus mananciais termais sulfuroso-sódicos ("caldas", do latín calida, calidae, quente). Aínda así, unha parte da xente do concello distingue entre Caldelas (núcleo principal) e Ponte Caldelas (municipio).

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

Ponte Caldelas: Xeografía, Demografía, Historia 
Calvario da Insua

No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado. Destacan os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón. Tamén existen petróglifos na parroquia de Forzáns.

A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas é barroca do século XVII, modificada posteriormente. Destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González Perdiz, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do calvario de Barbudo.

A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, mais conserva desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben.

Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun "Viacrucis" de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro. Desde a Capela do Sagrado Corazón (ou do Casteliño), de finais do século XIX, pode contemplarse unha panorámica da vila.

Hai pazos e casas grandes en Tourón (Pazo do Pombal), Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.

Patrimonio natural

Flora

O bosque caducifolio é o de maior presenza no municipio, sobre todo nos vales dos pequenos ríos. Os cumes dos montes adoitan ter matogueiras e algunhas pequenas árbores. De todos modos, as árbores perennes fixéronse sitio con eucaliptais e piñeirais. As ribeiras do río Verdugo só están densamente poboadas ata o núcleo principal. A partir de entón, debido ao abrupto do terreo, hai matogueiras e plantas herbáceas. Outros bosques importantes son os de bidueiros e castiñeiros.

Fauna
    Terrestre

A fauna posúe especies coma o xabaril, o raposo, o coello e pequenas aves rapaces. O lobo ou a perdiz son outras especies de menor presenza pero aínda relevante.

Nos cumes das montañas abundan pequenos animais e réptiles como serpes pequenas ou lagartos.

    Acuática

Como capital da troita que é, no río Verdugo abondan exemplares deste peixe. Outras especies que hai nestes cursos son os anfibios como a píntega ou a ra.

Ecosistemas e patrimonio natural

Os cumes de serras, coma os da Fracha ou os da Castrelada, destacan polas vistas de ata as tres rías pontevedresas (ría de Arousa, ría de Vigo e ría de Pontevedra). Outros lugares importantes son os pasos da Fraga ou os cumes dos montes do leste do concello, con neve nos invernos. O miradoiro do Castreliño é un lugar para divisar case toda a superficie do concello.

No núcleo urbano destaca a praia fluvial da Calzada, moi concorrida no verán.

Parques e xardíns urbanos

A vila de Ponte Caldelas posúe un importante parque central formado pola Alameda e a praza de España. As principais áreas verdes da localidade son o Paseo Manuel Cordo Boullosa e o Paseo do Río, ás beiras do río Verdugo, que rematan na praia fluvial antes citada.

Política

Dende 2003 ata 2015 o alcalde do concello foi Perfecto Rodríguez Muíños, do PPdeG. Dende 1979 a 2003 o rexedor foi o seu pai, Fidel Rodríguez Toubes, do mesmo partido.

Dende as eleccións municipais do 2015 o alcalde do concello é Andrés Díaz Sobral, á fronte dun goberno formado polo PSdeG, a AVP e o BNG.

Resultados das últimas eleccións de cada ámbito:

Partido Votos %
PPdeG 872 42,95%
PSdeG-PSOE 448 22,06%
AGE 158 7,78%
BNG 157 7,73%
Podemos 101 4,97%
UPyD 77 3,79%
Outros 173 8,52%
Partido Votos %
PPdeG 2095 61,79%
PSdeG-PSOE 754 22,24%
BNG 371 10,94%
EU-IU 66 1,94%
UPyD 29 0,85%
EQUO 15 0,44%
Outros 25 0,70%

Emprego

O sector primario foi dende sempre motor da economía local. Porén, os sectores secundario e terciario subiron notablemente. A súa explotación está limitada aos arredores do casco urbano.

Sector secundario

O polígono industrial do Campiño foi ampliado recentemente co nome de Parque Empresarial da Reigosa. Moitas empresas están instaladas na antiga superficie e outras, en proceso de asentamento na ampliación. Noutros puntos do concello tamén se sitúan algunhas naves. Manuel Cordo Boullosa, fundador da petrolífera portuguesa Sonap, era fillo de Manuel Cordo Martínez e Leocadia Boullosa Muñoz, da parroquia de Caritel.

Sector terciario

O sector servizos desenvolveuse grazas ao sector do comercio, que medrou con notoriedade no núcleo urbano, e ao turismo. Ponte Caldelas non tivo saída ao exterior ata hai pouco. Os aloxamentos baséanse en casas rurais, moi numerosas en parroquias como Anceu. Bastantes restaurantes foron creados recentemente, tanto por influencias do Campiño (na zona da Reigosa), como en Caldelas, polo turismo.

Servizos

Educación

O concello conta con tres institucións, todas elas de carácter público e dependentes da Xunta de Galicia:

  • CEIP A Reigosa, na parroquia de Tourón
  • CEIP Manuel Cordo Boullosa, na rúa Concepción Arenal da área urbana de Pontecaldelas.
  • IES de Ponte Caldelas, na rúa Valdarrosa da área urbana de Pontecaldelas.

Sanidade

O concello conta cun centro de saúde público, na rúa Lepanto da área urbana de Pontecaldelas.

Comunicacións

A vila de Ponte Caldelas está a 16 km da capital provincial, desde a que se accede a través da estrada PO-532 (Pontevedra-A Cañiza).

Desde A Coruña, Compostela e Vigo chégase a Pontevedra pola AP-9 ou pola N-550.

O aeroporto de Peinador é o máis próximo, a uns 35 km.

Ademais, percorren o concello varias rutas de autobús regular. As principais son a que une A Lama con Pontevedra, pasando pola vila, e a que a une con Vigo polos concellos de Soutomaior e Redondela.

Festas

As festas patronais celébranse no último domingo de agosto. Tamén destacan a de San Vicente en xaneiro, coa chamada Romaría do Cocido, e a da Virxe das Dores en setembro, en Anceu, cunha tradicional danza á que se lle atribúe unha orixe celta.

Outra celebración gastronómica destacada é a Festa da Troita de Ponte Caldelas, creada en 1967. Ten lugar a última fin de semana de maio e inclúe un Concurso Internacional de Pesca Deportiva previo á degustación do prato.

Outras festas da parroquia son a romaría de San Vicente en Parada, a romaría da Virxe da Saúde en Rebordelo, a festa do Muíño, en Taboadelo, a festa dos Remedios en Vilarchán, a romaría de Cristo Rei en Xustáns e a festa de San Miguel en Contixe.


Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponte Caldelas

Anceu (Santo André) | Caritel (Santa María) | Castro Barbudo (Santa María) | Forzáns (San Fiz) | A Insua (Santa Mariña) | Ponte Caldelas (Santa Eulalia) | Taboadelo (Santiago) | Tourón (Santa María) | Xustáns (San Martiño)

Lugares de Ponte Caldelas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ponte Caldelas vexa: Lugares de Ponte Caldelas.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Ponte Caldelas XeografíaPonte Caldelas DemografíaPonte Caldelas HistoriaPonte Caldelas CulturaPonte Caldelas PolíticaPonte Caldelas EmpregoPonte Caldelas ServizosPonte Caldelas ComunicaciónsPonte Caldelas FestasPonte Caldelas Galería de imaxesPonte Caldelas ParroquiasPonte Caldelas Lugares de Ponte Caldelas NotasPonte Caldelas Véxase taménPonte CaldelasCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Nadia ComăneciAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoMiñocaSobreiraAlexandre BóvedaDeportivo da CoruñaPornografíaDaniel DigesCarlos NegroPink FloydAlmudena ChacónSexo analAna BelénChacho007 Casino RoyaleBatalla de CacheirasFrancisco Porto MellaPaulino PereiroAntón Alonso RíosA EstradaNacionalismo galegoDominio públicoLeninismoDidelphis marsupialisEstadio Municipal de BalaídosCarbohidratoAmazon Prime VideoGalegoRocco SiffrediEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Fillas de CassandraCalendario gregorianoÁreas lingüísticas do galegoSanta CompañaO Pino, O PinoEuskal Herria BilduCopia por contactoDragon BallP'ró que der e vierXílgaroToledoFerreiriño abelleiroAntónio de Oliveira SalazarO lapis do carpinteiroRamón María del Valle-InclánContactorLingua galegaMártires de CarralHistoria de Lugo23 de abrilJorge PeteiroFieito realCSSLista de países por superficieHorteláLourenzo Fernández PrietoMasculino e feminino en galegoNapoleón I de FranciaDua LipaVila de CrucesDía das Letras GalegasSéculos EscurosSonia FerrerAves acuáticasLista das aves de GaliciaPaulino PedretAntón Riveiro CoelloAbril na cultura popular galegaMaría do Socorro Ortega Romero🡆 More