Abegondo: Concello da comarca da Coruña, na provincia da Coruña

Abegondo é un concello da provincia e comarca da Coruña.

Está no partido xudicial de Betanzos e forma parte do consorcio das Mariñas e da área metropolitana da Coruña. Limita con Cambre, Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Mesía, Ordes e Carral. Abegondo ocupa 87,9 km2 de terreo, que se reparte en 19 parroquias.

Modelo:Xeografía políticaAbegondo
Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 43°13′39″N 8°17′18″O / 43.2275, -8.28838°17′18″O / 43.2275, -8.2883
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
CapitalSan Marco Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación5.584 (2023) Editar o valor em Wikidata (66,63 hab./km²)
Xentilicioabegondés, abegondesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie83,8 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude700 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Antonio Santiso Miramontes (2009–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Abegondo Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15318 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15001 Editar o valor em Wikidata

Páxina webabegondo.es Editar o valor em Wikidata

En 2017 tiña unha poboación de 5467 persoas. O norte do concello é o máis poboado.

A metade norte do concello delimítano o río Barcés e o Mero. Vai subindo de altitude cara ao sur, pasando dos 100 aos 400 metros de altitude en Vizoño. Boa parte das augas do encoro de Cecebre están nas súas parroquias do norte: Orto e Crendes. O encoro e as ribeiras do ríos Barcés e Mero están declarados como espazo natural ZEC encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto de ancoraxe na AP-9 en Folgoso foi declarado de interese xeolóxico polo perfil estratigráfico da serie de Ordes que mostra. Abegondo forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo.

Entre o patrimonio destacan os castros e mámoas e o posible paso da calzada romana Vía XX per loca marítima por Vizoño, as minarías de ouro no Barcés, a Torre Figueroa e as Torres de Peito Bordel do século XII, o pazo de Quiroga do XVII ou os Cruceiros Bonitos. Dúas variantes do Camiño Inglés, seguen os Camiños Reais e pasan por Abegondo desde A Coruña e Ferrol. Os abegondeses Antonio de Parga e Juan Armada foron ministros nos reinados de Fernando VII e Afonso XIII.

En Mabegondo están o Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo e a cidade deportiva do Deportivo da Coruña.

O xentilicio local é «abegondés»/«abegondesa»

Xeografía

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
As dezanove parroquias do concello

Situación

A súa superficie é de 83,9 km². Sitúase a 23 km ao sueste da capital provincial. Conta con 19 parroquias e limita cos concellos de Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Mesía, Ordes, Carral e Cambre. A capital é San Marco.

Orografía

A altitude media sitúase nos 198 m, pero o punto máis elevado atópase no Castro Maior con 477 m. Forma parte das Mariñas dos Frades, unha comarca natural integrada ademais polos concellos de Culleredo e Cambre.

Hidrografía

Abegondo delimítano os ríos Mero e o Barcés, e o Gobia descorre polo seu interior. En Abegondo está o encoro de Cecebre, que abastece de auga potable á cidade da Coruña; e o encoro de Beche, en Folgoso. O encoro de Cecebre fórmao o río Mero e ocupa unhas 275 ha., parte abranguendo os concellos de Betanzos, Cambre e Carral. Construíuse no val conformado pola confluencia do Barcés e o Mero, val de relevo suave.

Clima

Recóllense 1169 mm./ano de precipitacións, e a temperatura media é de 12,3 °C.

Demografía

No 2017 a poboación do concello era de 5467 habitantes, dos cales 2698 eran homes e 2769 mulleres. A densidade da poboación no territorio en 2017 foi de 65,16 persoas/km2. En 2004 houbo 3.314 parcelas edificadas, que case na súa totalidade se empregan como vivendas residenciais. Do total de edificacións, 1168 foron construídas antes de 1950, 1662 construíronse entre 1950 e o 2000, e 598 desde o ano 2000.

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura
Evolución da poboación de Abegondo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7376 7604 7776 8238 8890 8202 7335 6302 5912 5448 5467 5451 5480 5594 5694 5772 5761 5732 5756
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2014 5585 habitantes
Menores de 15 anos 642 (11,49 %)
Entre 15 e 64 anos 3347 (59,93 %)
Maiores de 65 anos 1596 (28,58 %)

Historia

Do calcolítico ao Imperio Romano

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Croa do Castro Maior de Vizoño, que se atopa na Tarroeira.

O número de xacementos arqueolóxicos mostran que o municipio, como o resto da comarca, estivo densamente poboado desde o calcolítico á idade de Bronce, xa que se conservan castros en todo o territorio. Destacan algúns como o castro Maior, ou Coto da Cerca, e os túmulos preto deles en Vizoño.

Xacementos como o castro de Abegondo mostran un "desbordamento" na construción fóra do castro. Iso reflicte o proceso de residir fóra do recinto amurallado que se deu no período de transición do século I a.c. ao século III d.c. O resultado foron asentamentos abertos galaico-romanos.

O itinerario romano chamado Vía XX per loca marítima foi unha das vías que conectou Bracara Augusta con Astorga antes do século III. Esta vía puido pasar polo actual territorio de Vizoño. Se fose así, habería unha mansión na ruta "per loca marítima" chamada Atricondo, posiblemente preto de Castromaior en Vizoño, e que sería unha parada das vías romanas e un punto termal.

Na época prerromana puido haber minería de ouro nas augas do Barcés desde a Aquelabanda ata Abegondo.

Do medievo á idade moderna

Igrexa de Santaia de Abegondo.
Igrexa de Santirso de Mabegondo.

As primeiras referencias escritas ás igrexas cristiás que se crearon a partir das parroquias suevas do concello son do século IX. O "documento de Tructino" do 880, con Afonso II ao poder, fai referencia a dúas das igrexas de Abegondo: "sca. eulaliain auigondo cum sua villa et scm. tirsum in auegondo" (Santaia de Abegondo e San Tirso de Mabegondo) e cítanse como dentro do mesmo commisso ou comitatus (un "condado") de Némitos (ou Nendos), que foi o similar á comarca das Mariñas do século IX. Unha carta de doazón de Sobrado de 887, a "karta donationis quam fecit Sisnandus (sponse sue) domne Eldontie de uillis et de hominibus et de habere", cita "[...] iste sunt: in Nemitos, [...], Heletes cognomento Limenioni, Crendes, [...]”, mencionando ás igrexas de Limiñón ("o lugar de Heletes propiedade de Lemen") e Crendes. Escritos dos séculos X ao XI citan a outras vilas de Abegondo e ás súas igrexas. Escritos do mosteiro de Cis citan "[...] per archam inter Carraes et Cularagondo [....] per petram qui dividit inter Presidiu, et Iohancium et Iohancium et Villar, [...] per ipsam aquam usque ad Merum et inde per Merum usque ad Liminum [...]” mencionando a Cullergondo, o Vilar de Meangos e o paso do Mero por Limiñón. Documentos de Celanova de 934 mencionan "[...] in Nemitos Mavegondo", a Mabegondo; e noutro documento de Sobrado de 959 citan a Meangos "[...] in territorio Nemitos, uilla Melangus cum [...]". Un escrito de Santiago de 1020 cita a dúas igrexas nos lugares de Orto de San Román e Seixurra dicindo "[...] ad illos saxeos qui stant in ripa Mero inter Sanctum Romanum et Sexurriam et [...]". En 1044 cítase a Xuanzo dicindo "a villa que uocitant Iohanzu, territorio Nemitos, secus fluuium Mero [...]". Así é que no século XIII a meirande parte das igrexas parroquiais actuais estarían construídas e vertebrando a poboación desta área da comarca. As confrarías relixiosas, establecidas para representar ás 26 freguesías desta zona de Nendos pasou de ser 1 soa en 1594 a 18 en 1630-1650, unha menos que no século XXI.

En 1528, con Carlos I a "xurisdición real de Betanzos", que previamente estivo unida á da cidade da Coruña, posuía "partidos" que hoxe se corresponden case por completo ás actuais parroquias da parte leste do actual concello. Nese período, con Carlos V, entre a nobreza de Betanzos estaba entre os "rexedores do concello" Fernán Reimóndez de Figueroa, da casa e torre de Figueroa e que tiña moitas propiedades en Figueroa, Crendes, Folgoso, Meangos, Limión, Sarandóns, entre outros lugares.

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
A Torre Peito de Bordel, que loce os escudo coas cinco follas de figueiras.

Baltasar Pardo de Figueroa e Lupidana da casa dos Figueroa, e gobernador xeral de Tucumán e cabaleiro da armada de Santiago, recibiu o título de marqués de Figueroa no ano 1675 da man de Carlos III. Así, esta familia da parroquia homónima recibiu o recoñecemento da realeza pola participación na Guerra de Francia e no Perú en 1639. Os seus antecesores tiveran unha historia ligada a Figueroa e o pazo, así como a cidade de Betanzos e á orde de Santiago. O seu pai, Ares Pardo de Figueroa, fora señor da torre de Figueroa e da casa de Pardo de Cela, así como capitán da garda do vicerrei de Nápoles, gobernador de armas na Coruña e Capitán xeneral do Reino de Galicia. Na literatura a liñaxe dos Figueroa cítase na lenda do tributo das cen doncelas e colócaos na loita cos mouros na Torre de Peito Bordel. A lenda cita como os cabaleiros de Figueroa rescatan ás cen doncelas empregando pólas de figueiras con cinco follas.

Os Quiroga foron señores do couto e xurisdición de Santirso de Mabegondo, Crendes e Santa María e San Vicente de Vigo, entre outras. Diego de Quiroga e Reimóndez foi quen o construíu no século XVII o Pazo de Quiroga en Mabegondo.

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
O camiño inglés de Santiago á beira do río Mero, entre Limiñón e Cos.

Dúas das variantes do camiño de Santiago teñen o seu paso polo concello: desde a Coruña pasando por Sarandós e desde Ferrol pasando de Limiñón a Viós. Este camiño seguiría os "camiños reais" que comunicaron as dúas cidades con Compostela desde o medievo.

Idade moderna e contemporánea

Na primeira división territorial de Galiza en provincias as parroquias do concello pertenceron a varias. Máis da metade estiveron dentro da provincia de Betanzos, como foron Presedo, Cullergondo, Figueroa, Mabegondo ou Crendes. Outras como Sarandós, Montouto ou Folgoso, estiveron sempre dentro da provincia de Santiago.

O Concello de Abegondo constituíse como tal en 1836, formado dende entón coa actual agrupación territorial de parroquias en cada "partido" trala aprobación do decreto estatal de división territorial de 1835 para a Deputación Provincial da Coruña.

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Casa do Concello en San Marco.

Durante a ditadura franquista Abegondo foi un dos puntos loxísticos e de actuación das guerrillas contra a ditadura que actuaban entre a Coruña, Ordes e Betanzos. Nos días de 19 e 20 de xullo de 1936 a veciñanza, iniciando a resistencia, requisaron armas en lugares como a Torre de Figueroa. Logo nese ano os franquistas actuaron contra deles, en lugares como Presedo, Limiñón e Viós ao consideralas puntos de resistencia ou ter sido puntos de acollida desa "guerrilla". En outubro de 1936 hai constancia dun xornaleiro da CNT "paseado" e asasinado. Os guerrilleiros no concello desde 1944 actuaron en apoio ou con accións contra a ditadura. En 1947 guerrilleiros que apoiaban ao grupo de resistencia “Enrique Líster" asasinaron ao párroco de Viós, por ser este un firme defensor do franquismo. Poucos días despois, en 1947 guerrilleiros do grupo "Santiago Álvarez" atentaron contra a Garda Civil nun salón de bailes propiedade dun anterior alcalde do concello e asasinaron a dous gardas, escapando despois ao monte da Groba que hai preto. Na noite do 21 de xullo de 1948 a casa consistorial ardeu, quedando queimando o edificio e os seus arquivos ao completo. Só horas previas ao incendio, un guerrilleiros asaltaron unha casa atrás da igrexa de Beldoña e pedíronlles a cea. Os donos conseguiron avisar a Garda Civil e ao chegar á casa comezaron a confrontación cos guerrilleiros. Estes conseguen escapar polo Castro en Mabegondo e ao pouco arde a casa consistorial, co que puido ser provocado polos guerrilleiros.

O abastecemento de auga da cidade da Coruña na década de 1960 estaba suplido polas presas da Telva e de Cañás. En 1967 considerouse a construción dun encoro para duplicar a subministración a cidade co que se comezou a planificar a súa construción no Mero. O plano aprobouse en 1972 e construíuse entre o 1974-1976 dirixido polo enxeñeiro Luciano Yordi. A presa construíuse en Cecebre e anegou os vales do Mero e o Barcés en Orto e Crendes.

Cultura

Toponimia

Abegondo é un topónimo de orixe xermánica. O topónimo está composto por abe- 'auga' e -gondo 'terra' (outros autores indican que se compón de ave- e -gondo). Amais da propia parroquia de Abegondo, que dá nome ao concello, tamén as de Cullergondo e Mabegondo teñen esa mesma orixe xermánica con remate en -gondo.

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Os xacementos do concello son de épocas que van desde o calcolítico, neolítico, idade de bronce ata o período romano e medieval. Os xacementos identificados no concello son:

Nome Parroquia Lugar Tipo Idade
Castro de Abegondo Abegondo Castro Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Cova dos Mouros/Covas de Bea Abegondo San Marco Explotación mineira Romana
Castro de Brea Abegondo Brea Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Castro de Cerneda Cerneda Garabatos Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Castro de Cos Cos O Barral de Abaixo Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Túmulo de Vilar Crendes Vilar Asentamento fortificado Neolítico-Idade de Bronce
Castro de Vilar Crendes Vilar Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Castro de Areosa Cullergondo Areosa Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Os Ullos Folgoso San Bartolomé Restos de cerámica e un lítico Idade de Bronce - Ferro e Romana
Túmulo 3 de San Bartolomé Folgoso San Bartolomé Mámoa Neolítico - Idade de Bronce
Túmulo 5 do Monte de San Bartolomé Folgoso San Bartolomé Enterramento tumulario Neolítico - Idade de Bronce
Casarío de San Bartolomé Folgoso San Bartolomé Restos dun casarío e cerámica Do calcolítico, Bronce e medievo
Castro de Leiro Leiro O Loureiro Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Túmulo 1 e 2 da Granxa de Abegondo Limiñón Gobia Enterramento tumulario Neolítico - Idade de Bronce
Castro de Mabegondo ou Castro de Santiso Mabegondo O Castro Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Túmulo de Truz Mabegondo A Covela Enterramento tumulario Neolítico - Idade de Bronce
Castro de Meangos Meangos A Igrexa Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
A Medorra Meangos Axilda Enterramento tumulario Neolítico - Idade de Bronce
Castro de Figueroa ou Chan do Castro Figueroa/Montouto Figueroa Pequeno/Santín Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Castro de Orto Orto Orto de Arriba Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Castro de Presedo ou Agra dos Castros Presedo Brandián Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Castro de Bordelle ou Monte do Castro Sarandós Bordelle Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Monte Lourido ou Covas dos Mouros Sarandós Aquelabanda Asentamento fortificado e minaría Idade de Ferro - Romana
Túmulo do 1 ao 12 do Abelar Vizoño A Malata Enterramento tumulario Neolítico - Idade de Bronce
Túmulo da Brea Vizoño A Ribela Enterramento tumulario Neolítico -Idade de Bronce
Túmulo do Coruxeo Vizoño Adrán Enterramento tumulario Neolítico - Idade de Bronce
Castro Maior ou Coto da Cerca Vizoño A Torreira Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Túmulo 1 de Carpeáns Vizoño Travesa Enterramento tumulario Neolítico - Idade de Bronce
Túmulo 2 de Carpeáns Vizoño A Braña Enterramento tumulario Neolítico - Idade de Bronce
Castro de Vizoño Vizoño Castro Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Achado de Vorducedo Pequeno Vizoño A Igrexa Industria lítica Neolítico (III milenio)
Túmulo de Vorducedo Pequeno Vizoño A Igrexa Enterramento tumulario Neolítico - Idade de Bronce
Castro Grande de Alcaiana Vizoño Vorducedo e a Malata Asentamento fortificado Idade de Ferro - Romana
Túmulo do Campo Vizoño A Malata Enterramento tumulario Neolítico - Idade de Bronce
Calzada Alcaiana Vizoño Vorducedo Pequeno Calzada da Vía XX Romana

Patrimonio arquitectónico

O patrimonio arquitectónico civil do concello a destacar é:

  • Castelo de Beldoña. Este castelo amparouno unha lei de 1949 e declarouse como ben de interese cultural en 1985 e 1995.
  • Torres de Bordel. Este pazo tardiomedieval é do século XV e está en Bordel. Conta cunha construción, unha torre arruinada, que dataría do século XII. O resto fórmano dúas torres unidas por un corpo central. É de estilo gótico e nel aprécianse reformas e ampliacións dos dous séculos seguintes. Atrás das torres hai un amplo xardín. Os muros de cantería e cachotaría de granito locen un escudo cadrado na fachada principal, en referencia a liñaxe dos Figueroa e Andrade. O cen doncelas fai referencia a este pazo citando que as doncelas foran encerradas nel para seren enviadas ao Califato de Córdoba. Segundo a lenda, nas inmediacións deste pazo teríanse acontecido a batalla dos irmáns Figueroa para salvar ás súas irmás e demais doncelas.
Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Torre da Cerca.
  • Torre da Cerca. Este pazo está na Cerca, Cullergondo, e fórmano tres naves en "U", deixando un patio central, e unha capela. O seu escudo na fachada loce as armas dos Gaioso, Puga e Moscoso. Esta torre amparouna unha lei de 1949 e declarouse como ben de interese cultural en 1985 e 1995.
Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Torre de Figueroa, coa súa capela apegada á torre.
  • Torre e pazo de Figueroa. Esta edificación militar pertence á familia nobre do Marquesado de Figueroa e atópase na Praza, en Figueroa. Conta cunha torre central e un pazo e capela anexos. A torre construíuse no século XII e foi reformada no XVII; segundo un gravado no 1621 grazas ao cabaleiro Ares Pardo de Figueroa, da orde de Santiago. O seu pazo anexo foi construído no século XV. O escudo que loce a torre é de cinco follas de figueira e nos muros aparecen as armas dos Gaioso, os Puga, os Freixomil e os Moscosos e inscricións mencionando os Figueroa. O cen doncelas versa que en 791 os antecesores dos Figueroa foron protagonistas do asalto á torre de Bordel para liberar a cen doncelas, entre as cales estaban as súas irmás. O uso de polas de figueira para liberar as doncelas dos mouros sería a orixe do símbolo familiar. Esta torre amparouna unha lei de 1949 e declarouse como ben de interese cultural en 1985 e 1995.
  • Castelo de Porcas. Esta fortificación do medievo está derruída e sitúase entre as Covas e Guilliade en Limiñón. Quedan restos de 20 metros de altura deste forte cun foxo de ata 8 metros ao seu arredor. Este castelo amparouno unha lei de 1949 e declarouse como ben de interese cultural en 1985 e 1995.
Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Pazo dos Quiroga.
  • Pazo dos Quiroga ou Torres de San Tirso. Este pazo atópase na Torre en Mabegondo. É un pazo de planta cadrada e de dous andares, cun patio interior, con dúas torres laterais contra a fachada de tres andares. As torres están telladas a catro augas e o resto do pazo a dúas. Posúe unha unha fachada barroca con parellas de columnas dóricas a modo de arco triunfal, con escudos en ambas torres e balcóns no piso intermedio. Loce escudos de armas dos Quiroga, Reimóndez, Capoa e Somoza nas dúas torres. Foi construído por Diego de Quiroga e Reimóndez, Cabaleiro da Orde de Santiago e capitán de infantaría, no século XVII.
  • Casa de Suárez. Este pazo plateresco e do século XVI e atópase na Igrexa, en Cos. A súa porta ten un arco con bóvedas grandes e sobre del ten o escudo da fidalguía dos Figueroa.
  • Pazo de Orto. Este pazo do século XVIII atópase en Orto de Arriba, Orto, á beira do encoro de Cecebre. Conserva unha torre cun tellado de catro augas, de forma cúbica e xunguida ao alongado pazo con tellado de dúas augas. Na súa parte traseira conta con escaleiras de balaústre de madeira. O portón de entrada está rematado co escudo dos Andrade. Conserva un coidado xardín centenario na súa parte traseira; con magnolios, tileiros ou cedros. Un dos seus donos foi Xoaquín Freire de Andrade e Saavedra, que actuou en Londres como representante da Xunta Suprema do Reino de Galicia na Guerra da Independencia cos franceses.
  • Pazo de Crendes. Esta casa barroca construíuse no século XVIII en Tras da Igrexa, Crendes. A súa fachada é ben alongada co que está dividida en dúas partes, e conta con escaleiras de acceso por unha delas. Foi doado á congregación das irmás de Cristo Rei para unha fundación benéfico-docente.
  • Pazo de Pastoriza ou Pazo dos Pardo de Andrade. Atópase na Pastoriza, Mabegondo, preto do pazo dos Quiroga. É un pazo rectangular que se construíu no século XVIII, e que é de tella a catro augas e que ten unha capela anexa comunicada por un pasadizo pétreo. Destaca pola súa grande chaminea e a porta de fundición que pecha o seu terreo.
Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Pazo de Macenda.
  • Pazo de Macenda. Este pazo barroco sitúase na Torre, Crendes, e emprégase como residencial. É un pazo de tres corpos a distintas alturas, o central máis elevado e coa entrada principal. A cuberta do pazo é de tella árabe a catro augas. Ao entrar no pazo, que está rodeado totalmente de muralla, atópanse as casas de servizo e unha capela. A capela é sinxela e atópase preto do portón da propiedade. O xardín rodea ao pazo e ten árbores froiteiras e plataneiras. O escudo do pazo é do século XVIII e loce símbolos dos Ribadeneyra, Enríquez, Mosquera e Novoa.
Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Ponte de Beldoña, sobre do Mero.
  • Pazo da Chan ou Casa Grande. Este pazo ou casarío é de labranza e está na Chan, en Vilacova. A planta deste casarío forma unha "L". O seu terreo ten un muro de cantería e cachotaría rodeándoa. Contou con dous escudos. Un deles esa agora no Pazo de Sigrás e loce as figuras dos Ares de Barreira, Luaces, os Parga e os Montenegro.
  • Ponte de Beldoña. Esta ponte cruza o río Mero a altura de Beldoña, Mabegondo. Por ela pasou o antigo Camiño Real de peregrinación, que unía Betanzos con Compostela, e arestora pasa a variante ferrolá do camiño de Santiago. É dun estilo semellante ao romano e a súa orixe é do século II, mais ten trazas da arquitectura dos séculos III e IV. Restaurouse no século XIV.
  • Casa de Filipe II. Esta casa do século XVI atópase na Calle en Sarandós e nela descansou uns días o rei Filipe II en 1554. Viña á Coruña para embarcarse cara a Inglaterra cando ía celebrar os esponsais con María Tudor. Esta casa conserva dous escudos pétreos na súa fachada. Un é o da familia de Fernando González de Barral e Soutomaior e Catarina Sánchez de Boado e o outro é un escudo da realeza de Castela e o cálice do Reino de Galicia, e que se puxo como recordatorio do paso de Filipe II.
  • Convento de Sarandós. Construción clerical sita no lugar da Calle en Sarandós coñecida tamén como Priorato de Santa María de Sarandós pertencente ao mosteiro de San Martín Pinario en Santiago de Compostela, afectada pola desamortización de Mendizábal, pasou a mans particulares. Tramitado o expediente en 1821, a venda do edificio rematábase en pública poxa e adquiríao don José do Villar e Riobó. O edificio existente na actualidade foi construído no século XV e foi ampliado a principios do século XX cunha nova fachada principal cara á estrada de Carral a Montouto.
  • Casas de Ponte. Estas dúas construcións, que ao parecer datan do século XVI, áchanse na parroquia de Cos e suponse que eran empregadas para vivenda das familias de peóns e actividades agrarias e gandeiras dos señores do lugar.

O patrimonio medieval e moderno civil rexistrado no concello é:

Nome Parroquia Lugar Tipo Idade
Castelo Abegondo Torrente Asentamento fortificado Medievo
Castelo ou Castro Meangos Souto Asentamento fortificado Medievo
Castelo de Porcas Limiñón As Covas-Guilliade Castelo Medievo
Ponte de Beldoña Mabegondo Beldoña Vía Medievo
Castelo de Beldoña Mabegondo Beldoña Castelo Medievo
Pazo dos Quiroga ou Torre de Santirso Mabegondo A Igrexa Pazo Século XVII
Pazo de Pastoriza ou dos Pardo de Andrade Mabegondo O Souto do Val Casarío Século XVIII
A Torre Leiro Torre Asentamento fortificado derruído Medievo
Torre e pazo de Figueroa Figueroa A Torre Torre e pazo Medievo-Moderno
Cruz da Beira ou Monte dos Matos Sarandós Cruz de Beira Asentamento fortificado Medievo
Torre de Peito Bordel Sarandós Bordel Torre e pazo Tardomedieval-Moderno
Pazo de Barral ou Casa de Filipe II Sarandós Sarandós Casarío Século XVI
Torre ou Redondo Vilacova Currás Asentamento fortificado Medievo
Torre de Cerca Cullergondo A Cerca Asentamento fortificado Medievo
Minas de Tintín Vizoño Castromaior Explotación mineira Sen determinar
Pazo de Folgoso ou de Borreiros Abegondo Borreiros Casarío Sen determinar
Casa de Suárez Cos A Igrexa Casarío Século XVI
Pazo de Macenda Abegondo A Torre de Macenda/Macenda Pazo Moderno
Pazo na Aldea de Abaixo de Folgoso Folgoso Aldea de Abaixo Pazo Século XVII
Pazo de Orto Orto Orto de Arriba Pazo Século XVIII
Pazo e capela da Chán en Vilacoba Vilacova A Chan Pazo Moderno

Patrimonio relixioso

Entre o patrimonio relixioso a destacar están os seguintes elementos:

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Convento de Sarandós na Calle, coa casa reitoral de Sarandós ao seu fondo.
  • Convento de Sarandós: esta construción clerical data do século XV e está na Calle, Sarandós, pero a construción orixinal foi ampliada cunha nova fachada cara a estrada de Carral a Montouto a inicios do século XX. A construción é rectangular de dúas alturas e con balcóns de ferro forxado na súa fachada principal. Coñécese como "o convento" pois antes nese lugar houbera un servizo de hospital levado a cabo pola orde relixiosa de San Bieito dirixida dende o mosteiro de San Martíño Pinario. Don Gómez de Barral, rexedor de Santiago de Compostela no ano 1547, puido ter establecido nese lugar de Sarandós un priorado, e sábese que estivo presente ata o século XVIII. Entre 1821 e 1836 coa desamortización de Mendizábal o lugar tería pasado das mans do clero a particulares e volto ao clero. A construción do actual edificio levaríase a cabo coa volta da propiedade ao clero.
Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Cruceiro Bonito de Abegondo.

As igrexas, ermidas, capelas e conventos do concello son:

Nome Parroquia Lugar Estado
Santaia de Abegondo Abegondo O Adro Conservada
San Xián de Cabanas Cabanas O Igrexario Conservada
San Salvador de Cerneda Cerneda A Calva Conservada
Santo Estevo de Cos Cos A Igrexa Conservada
San Pedro de Crendes Crendes Tras da Igrexa Conservada
Santa María de Cullergondo Cullergondo A Cerca Conservada
San Miguel de Figueroa Figueroa A Igrexa Conservada
Santa Dorotea de Folgoso Folgoso Cancela-A Igrexa Conservada
Santaia de Leiro Leiro A Igrexa Conservada
San Salvador de Limiñón Limiñón O Souto Conservada
San Tirso de Mabegondo Mabegondo A Igrexa Conservada
Santiago de Meangos Meangos O Castro Conservada
Santa Cristina de Montouto Montouto Campo do Monte Conservada
San Martiño de Orto Orto Orto Conservada
Santa María de Presedo Presedo Campo da Nosa Señora da Saleta Conservada
Santa María de Sarandós Sarandós Fontán Conservada
Santuario de San Paio de Vilacova Vilacova San Paio Conservada
San Salvador de Viós Viós Pousada Conservada
San Pedro de Vizoño Vizoño A Fraga Conservada
Ermida da Quinta Angustia Vizoño Fondo da Aldea Conservada
Casa reitoral de Santaia de Abegondo Abegondo O Adro Conservada
Casa reitoral de San Xián de Cabanas Cabanas O Igrexario Conservada
Casa reitoral de Crendes Crendes Tras da Igrexa Conservada
Casa reitoral de Santa María de Cullergondo Cullergondo A Cerca Conservada
Casa reitoral de Santa María de Sarandós Sarandós O Rueiro Conservada
Casa reitoral de San Pedro de Vizoño Vizoño Os Currás Conservada
Capela de San Marco Abegondo San Marco Conservada
Ermida de Santo Antonio Mabegondo O Cruceiro Conservada
Ermida de Santo Antonio de Beldoña Mabegondo Beldoña Conservada
Capela de San Xoán Sarandós A Calle-Aquelanda Conservada
Capela Nosa Señora de Cancelada Abegondo Cancelada Abandonada
Capela de San Xoán Cullergondo A Cerca Conservada
Capela de Santo André Crendes O Vilar Abandonada
Capela de San Amaro Figueroa San Amaro Abandonada
Capela de San Salvador Limiñón O Igrexario Abandonada
Capela de Santo André Meangos O Couto Abandonada
Capela da Virxe da Madalena Meangos O Souto Abandonada
Capela de San Bertolameu Montouto San Bertolameu Abandonada
Capela de Santa Ana Orto Orto de Arriba Abandonada
Capela da Nosa Señora de Guadalupe Orto Guexe Abandonada
Capela de San Martiño de Orto Orto Agra da Igrexa Abandonada
Capela de San Román Orto San Román Abandonada
Capela de Santa Catarina Sarandós Ponte de Sarandós Abandonada
Capela de San Pedro Sarandós Bordelle Abandonada
Capela da Concepción Vilacova A Chan Conservada

Escolas, centros sociais, bibliotecas e museos

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Escola Infantil "Pasiños", en Mabegondo.

Escolas

No concello hai os seguintes centros educativos:

  • Escola infantil Pasiños: escola preescolar para idades entre 0 e 3 anos e que se atopa na Ferrería, Mabegondo.
  • CEIP San Marcos: escola de educación infantil e primaria que se atopa na Agra de Abegondo.
  • IES de Viós: escola de educación secundaria que se atopa na Poceira, Viós.

Centros sociais, bibliotecas e museos

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Aula da Natureza, en Crendes.
  • Aula da Natureza de Crendes. Este centro de formación e educación ambiental está no Vilar, en Crendes. Conta cunha biblioteca e aula informática. Ten un miradoiro de aves do encoro e desde ela organízanse rutas polo LIC do encoro de Abegondo-Cecebre.
  • Sala multiusos de Mabegondo.
  • Outros centros sociais parroquiais distribuídos polo concello, case todos construídos reformando antigas escolas. Os centros que están en uso están no Adro en Abegondo, en Bordel, en Folgoso, en Figueroa na antiga Escola do Neno Xesús, en Limiñón, en Presedo, na Aquelabanda en Sarandós, en Meangos, en Xuanzo e en Vizoño., e en Cabanas, Cos, Leiro, Orto e Crendes.
  • Bibliotecas municipais na casa do Concello de Abegondo e nos centros sociais de Crendes e Limiñón.
  • Casa das Abellas. Centro privado de divulgación da apicultura no Francés, Meangos.

Investigación e innovación

Centro de Investigacións agrarias de Mabegondo

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
CIAM en Mabegondo
Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Panóramica do CIAM onde se aprecia moita da extensión que ocupa.

A Granxa Agrícola Experimental en Galicia creouse en 1888 en Monelos, A Coruña. Coa construción da Avenida da Vedra na década de 1960 este centro de tívose que mudar primeiro a Guísamo e logo faríao nos anos 1970 a Mabegondo. Ese novo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) agora depende da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia. Conta con 310 ha. en Mabegondo nas que se traballa na investigación de agricultura e gandería: en mecanismos de fertilización, fitoxenética e conservación de variedades autóctonas ou sanidade animal.

Etnografía

Festas e romarías

  • Festas da Nosa Señora da Saleta en Presedo, o día 19 de setembro.
  • Festas da Nosa Señora dos Remedios en Sarandós, o 4º domingo de setembro.
  • Romaría das cereixas en Vilacova, o 1º domingo de xullo.
  • Celébrase unha feira en San Marcos de Abegondo o 2º domingo de cada mes e unha extraordinaria o día 25 de abril por ser San Marcos.

Símbolos

Escudo

O escudo de Abegondo é de: de ouro, e sobre ondas de azur e prata, unha póla de figueira de cinco follas de sinople. O timbre é de coroa real pechada.

O escudo do concello recolle a lenda da orixe da liñaxe dos Figueroa, que ten o seu pazo ou Torre de Figueroa na localidade homónima do concello. A pola de figueira do heraldo desta, coas cinco polas, recordan a esta liñaxe. As augas representan ao encoro de Cecebre.

Espazos naturais

Abegondo está dentro dunha reserva da bioesfera na súa totalidade e conta con 355,24 ha. protexidas dentro da rede galega de espazos protexidos e da Rede Natura 2000.

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

A totalidade do concello de Abegondo está dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Dentro desta está dentro da parte menos altitude da costa Ártabra, mais onde a densidade de poboación é menor e a economía agrogandeira segue o sector de maior peso relativo.

Encoro de Cecebre e ribeiras do Mero e o Barcés

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
O río Barcés na ponte das Ribeiras onde lindan San Vicente de Vigo e Mabegondo.
Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Encoro de Abegondo-Cecebre en Orto.

O Encoro construíuse en 1976 no Mero, collendo ao seu maior afluente, o Barcés. A maior parte do encoro e boa parte destes dous ríos decorren por terras abegondesas. Desde 1999 foise catalogando e declarando como ZEPVN, ZEC ao encoro de Cecebre e as súas ribeiras. Nas terras abegondesas esta ZEC pasa por parte das parroquias de Orto, Crendes, Mabegondo, Figueroa, Limiñón e Cos. Inda que fóra da protección da ZEC, na cabeceira das ribeiras destes dous ríos destacan outros espazos naturais.

A ZEC ampara no concello ao encoro e a 3,8 km do Mero e 4,9 km do Barcés. Ademais das augas do encoro en Orto e Crendes, no encoro destaca o espazo da fraga, un bosque de ribeira que está preto do Pazo de Orto.

Ao encoro de Cecebre chega o río Mero despois tras pasar polas parroquias de Crendes e Mabegondo (dentro da ZEC). Nesta ribeira hai hábitats formados por salgueirais e ameneiros mergullados, así como outros hidrófitos, e outros de especies ripícolas, como chopos (Populus nigra) e carballos (Quercus robur). O rego Fontenlo e o Fontao desembocan no Mero e parte deles están dentro da ZEC. O Fontenlo pasa por Crendes e Beldoña e desemboca nunhas chairas de brañas. O Fontao pasa por Limiñón e Cos e ten para un lado unha chaira costaneira e para o outro lado do val é amplo e máis chan. En Vilacova, e fóra do ZEC pero con interese de conservación, o Mero ten un val ancho con varcias, moitas adicadas a agricultura.

O tramo abegondés da ribeira do Barcés discorre polas parroquias de Mabegondo, Abegondo e Figueroa. Namentres en Mabegondo e boa parte do seu paso por Abegondo as ribeiras do Barcés son amplas e teñen un uso agropecuario; en Beade, Damil, Muradelos, e a Ribeira de Figueroa teñen bosques de ribeira densos e conservados. Alí, as chairas do río son máis amplas e teñen unhas abas cunha caída media, máis importante. A vexetación desta zona é ripícola. En Sarandós, entre a Aquelabanda e o Rueiro, os meandros do Barcés forman unha insua. Está rodeada dunha chaira con abas de pouca pendente e con bosques de ribeira e especies ripícolas.

Aqueles espazos naturais descritos antes e que non foron incluídos dentro da ZEC Encoro Abegondo-Cecebre do concello foron declarados como zonas de interese local (ENIL) en 2015. Danlle protección aos hábitats de ribeira dos ríos Mero, Barcés, Gobia e o encoro de Beche.

Río Gobia

O río Gobia está só dentro do concello de Abegondo e é un afluente do Mero. O seu tramo final, chegando ao Mero, e ao paso por Meangos, Mabegondo, Cos e Limiñón; é un espazo natural catalogado. A beira oeste do seu val úsase para a agricultura e a leste como zona forestal. Entre as especies de árbores de ribeira que alí aparecen están os amieiros, os bidueiros e os salgueiros.

Ó seu paso por Meangos en Quintán e Coedo, que é xa a cabeceira do Gobia, a ribeira ten unha aba acusada que ocupa pouco terreo, con carballos e castiñeiros, e pastos e brañas de ribeira aproveitados para a agricultura. Cara a súa cabeceira, en Cabanas, as abas son pouco pendentes e as ribeiras amplas. Nesas brañas hai múltiples muíños.

Encoro de Beche e o rego de Roufrío

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Presa do encoro de Beche.

O Encoro de Beche, en Folgoso, é un encoro construído para o abastecemento de auga do concello e é un espazo natural de interese local. O alto do rego de Roufrío, no Couto, está no desaugadoiro do encoro e conserva vexetación ripícola e cun interese de conservación. A súa aba augas abaixo xa ten árbores introducidas, como piñeiros e eucaliptos. O Roufrío é un afluente do Mero. Este espazo natural é de 17 ha.

Río Traveso no Abelar

Parte das ribeiras do río Traveso no Abelar, Vizoño, son un espazo natural de 52 ha. de interese local. A súa vexetación máis o norte é típica de bosque atlántico e a súa zona sur de pradarías e brañas, que se empregan para a agrogandeiría.

A carballeira da Chousa

Abegondo: Xeografía, Historia, Cultura 
Carballeira da Chousa.

Na Chousa en Figueroa, entre A Praza e Figueroa Pequeno, está a Carballeira do Marqués. Esta é unha arborada de carballos e castaños de elevados portes entre na cabeceira do rego de Figueiroa, afluente do Barcés. Ocupa unha área de 56 mil metros cadrados.

Ancoraxes na Lameira

As escavacións na construción da AP-9 ao seu paso pola Lameira en Folgoso supuxo rebaixar un talude. O sistema de rebaixamento do terreo e ancoraxe que se aplicou para evitar o seu derrube foi recoñecido outorgándolle a ese lugar a mención de punto de interese xeolóxico. O perfil xeolóxico que se observa pertence ao dominio xeolóxico da zona centro-ibérica e a unidade xeotectónica da serie de Ordes, con perfís estratigráficos que van do cámbrico ao cuaternario. Esas formacións que presenta son da oroxénese herciniana do macizo Ibérico.

Economía

A agricultura, a gandería e o sector forestal son os sectores económicos de maior peso no concello. Así é que en 2009 só o 7,8% do solo do concello está edificado e o 24,3% se adica a uso agrícola e o 63,7% a cultivo forestal. Domina a cría de gando vacún, o 17% da produción, e porcino, que é o 80% da produción e que usan o 0,7% do terreo agrícola. As industrias fóra do sector primario teñen menor peso no concello.

A proximidade a Betanzos e A Coruña permite que unha parte dos veciños se movan e traballen nesas cidades. Agás o 25,1% da poboación que non se despraza a diario, en 2011 o 61,3% da poboación empregou o vehículo para moverse, e só 0,12% vehículos públicos. A meirande parte dos desprazamentos son por motivos laborais e só 15,83% da poboación maior de 16 anos que traballa non precisa de se desprazar para o punto de traballo.

No concello había en 2016 3314 parcelas edificadas e o seu valor catastral medio foi de 23.808 €. Considerando só as vivendas para uso residencial o sei valor chega aos 73.658€. En 2009 a porcentaxe de cotizacións sobre prestacións foi do 13.95 % e nos cinco últimos anos a renda bruta por fogar incrementárase nun 74,8%. En 2013 as afiliacións á seguridade social supoñían o 53% da poboación.

Política

Eleccións municipais de 2019

Partidos políticos Concelleiros Diferenza escanos Votos Repartimento de escanos
PPdeG 9 +1 1.911
9 / 13
AxA 4 = 964
4 / 13
BNG 0 = 205
0 / 13
FORO VECIÑAL-ABEGONDO EN COMÚN 0 novo 161
0 / 13

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Abegondo

Abegondo (Santaia) | Cabanas (San Xián) | Cerneda (San Salvador) | Cos (Santo Estevo) | Crendes (San Pedro) | Cullergondo (Santa María) | Figueroa (San Miguel) | Folgoso (Santa Dorotea) | Leiro (Santaia) | Limiñón (San Salvador) | Mabegondo (San Tirso) | Meangos (Santiago) | Montouto (Santa Cristina) | Orto (San Martiño) | Presedo (Santa María) | Sarandós (Santa María) | Vilacova (San Tomé) | Viós (San Salvador) | Vizoño (San Pedro)

Lugares de Abegondo

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Abegondo XeografíaAbegondo HistoriaAbegondo CulturaAbegondo Espazos naturaisAbegondo EconomíaAbegondo PolíticaAbegondo Galería de imaxesAbegondo ParroquiasAbegondo Lugares de Abegondo NotasAbegondo Véxase taménAbegondoBergondoBetanzosCambreCarralComarca da CoruñaMesíaOrdesOza-CesurasPartido xudicial de BetanzosProvincia da Coruña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eva GonzálezRebeliom do InframundoManuel MurguíaRakel WinchesterTorre de HérculesAC-418Fernando EstesoIker MuniainAntón FraguasGrupo NósSantiago AbascalSegunda guerra mundialVladimir PutinTina TurnerHTMLPablo PicassoRefraneiro galego sobre o mes de maioPonteareasAna BotellaSíndrome do aceite tóxicoEduard del Castillo VelascoMemorias dun neno labregoBragaDolores IbárruriOliveira de VigoPosicións sexuaisMar MediterráneoComarcas de GaliciaAntonio Fernández PitaShishuo xinyuSusana FortesMaría Jesús MonteroXXX edición dos Premios GoyaA ira dos mansosA memoria da choivaDjalminhaLingua piemontesaForo (contrato)Javier CamuñasIker CasillasDistritos de PortugalCanle (comunicación)OTANJosé Castiñeira PardoSalvador García-BodañoLista de concellos da CoruñaProxyPaleolíticoAntonio Muñoz MolinaLa Voz de GaliciaQueiroaPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Candela PeñaRamiro CarregalEstragónGuillermo del ToroXogos OlímpicosLolita FloresOtelo Saraiva de CarvalhoCuruxa comúnPedro ChoscoWill SmithPedro MadrugaChristopher WalkenXabi AlonsoCarralLista de filmes con versión en galegoJulio Alén MontesCidade do VaticanoThe OffspringAna María Fernández MartínezIsmael RamosMoucho comúnPadre CasaresCoordenadas xeográficas🡆 More