Rede Natura 2000

A Rede Natura 2000 é o proxecto de conservación de hábitats naturais e de especies raras ou en risco de extinción da Unión Europea.

A rede creouse para protexer hábitats e especies coñecendo que a cantidade de especies animais en perigo de extinción ou en retroceso eran arredor do 25% do total de especies existentes. No 2017 esta rede compoñíase de 27 mil espazos e 1 millón de km2 protexidos, chegando a ser o 18,4% do territorio terrestre e o 6% do espazo mariño da Unión Europea. Con iso, é a maior rede coordinada de espazos naturais protexidos do planeta.

Rede Natura 2000
As Illas Cíes, o espazo natural declarado como ZEPA en 1988 e agora dentro da Rede Natura 2000.

A Rede Natura componse de zonas especial de conservación (ZEC) e de zonas de especial protección para as aves (ZEPA). Inicialmente, logo de ser propostos polos gobernos rexionais, decláranse lugares de importancia comunitaria (LIC) que a Unión Europea avalía e acepta. Unha vez que esa avaliación inicial remata os gobernos locais proceden a lexislar e converter os lugares de importancia comunitaria en zonas de especial conservación.

Os espazos da Rede Natura están en estados iniciais de planificación da súa conservación e son polo xeral de áreas protexidas pequenas e con alta presión agrícola, de medios de transporte ou urbanización. Os espazos varían tanto en extensión que van só da protección dunha árbore, como o espazo Kačja smreka esloveno ata rexión como a de 97 millóns de ha. de Groenlandia. A Rede Natura non pretende só illar aos espazos da sociedade senón darlle outro valor produtivo ao contorno, desde o aproveitamento de terras tradicional ata o turismo só que son de xeito sustentable para o contorno natural, e evitar riscos derivados dun mal asentamento das poboacións no territorio como son as inundacións ou as secas.

Historia da Rede Natura 2000

O Consello da Unión Europea creou a Rede Natura 2000 en 1992 coa aprobación do decreto 92/43/CEE e coa intención de conservar os hábitats que pola súa pola súa flora e fauna teñen un interese de conservación da biodiversidade. Amparados por esa nova lei, declaráronse dentro da rede aqueles espazos da Directiva de Aves que se creara en 1979 e a nova Directiva de Hábitats de 1992. Esta iniciativa xorde da necesidade de cumprir os obxectivos da lei de 1979 para a conservación de aves e do compromiso adquirido no Convenio sobre da Diversidade Biolóxica das Nacións Unidas no Cumio da Terra dentro da Conferencia de Río de Xaneiro en 1992, evento que a Unión Europea fomentou e no que se comprometeu a preservar a biodiversidade do continente.

O tratado de constitución da Unión Europea xa incluíra o obxectivo común de conservar e protexer o medio natural. Coa aprobación da lei DC 92/43/CEE inicia o proxecto que denomina Natura 2000 para protexer ou restablecer o estado de conservación de zonas que designa como de interese.

A Rede Natura 2000

Asignación dos espazos

A Directiva Hábitat 92/43/CEE europea establece que os membros da unión deben entregar unha Lista Nacional de lugares (pLIC), onde se especifican os espazos naturais e o motivo de interese para a súa conservación e protección. Esa lista é avaliada por unha comisión europea específica e aqueles lugares que se valoran positivamente reciben a mención de lugares de importancia comunitaria (LIC, en inglés SAC de Special Areas of Conservation). Os gobernos locais, en sucesivos procedementos, deben declarar e xestionar eses espazos LIC declarándoos e converténdoos en zonas especial de conservación (ZEC, ou SPA do inglés Special Protection Areas).

Aos espazos ZEC súmanselle as zonas de especial protección para as aves (ZEPA), formando ambas a Rede Natura 2000.

Rexións

A Rede Natura considera de interese de conservación ata 230 tipos hábitats. A grandes rexións que nas que se clasifican os espazos protexidos na Rede Natura son:

  • Rexións bioxeográficas:
  • Rexións Mariñas:
    • Mariña Atlántica
    • Mariña Mediterránea
    • Mariña Mar Negro
    • Mariña Macaronésica
    • Mariña Mar Báltico

As rexións mariñas introducíronse a partir da aprobación en 2010 do plano estratéxico de conservación de 2011 a 2020. Enfocouse en 11 estados e marcou como obxectivo a conservación do 10% das augas mariñas, cando para os espazos terrestres se estableceu no 17%.

Especies protexidas pola Directiva Hábitat

Rede Natura 2000 
Sinalización da Rede Natura 2000 na Enseada de San Simón.

O programa de conservación considera unha lista de 1.000 especies con diferente interese de conservación: 587 especies vexetais, 324 de fauna, e 195 especies de aves, e outros taxons. Delimitáronse as áreas considerando esas especies do seguinte xeito:

  • Designáronse como áreas conservación principais aquelas nas que arredor de 900 desas especies estaban presentes.
  • Designáronse como áreas en estrito réxime de protección aquelas que habitan arredor de 400 especies con alto interese de preservación.
  • Designáronse como áreas nas que os estados teñen que velar dun xeito estrito e ver a compatibilidade da preservación coa de explotación dos recursos dese espazo natural.

Considéranse como especies de interese cinco especies de grandes carnívoros e as especies da lista vermella de especies en perigo de extinción que desenvolveu a IUCN, tras un estudo de conservación de 6.000 especies en posible risco. Dende a aprobación da Directiva de Aves de 1979 se prestou interese de conservación de aves, e iso reflectiuse no inicio da rede en 1992 con prestar especial interese na súa conservación. Arguméntase que o desenvolvemento urbano e de transportes en Europa supón un risco elevado para a riqueza de aves en Europa, e que iso se reflicte en que o 43% das especies de aves está en decadencia ou en risco de extinción. As listas da rede natura consideran como de prioridade de conservación 193 especies de aves.

Xestión dos espazos

Os obxectivos da designación dos espazos na Rede Natura que se marcaron como obxectivo para o 2020 teñen son, por orde de importancia e prioridade, a:

  • Protección de especies e hábitats,
  • O mantemento e a restauración de ecosistemas,
  • Acadar unha agricultura e aproveitamento forestal sostible,
  • Chegar a un sistema de pesca sostible,
  • Acadar coa perda da biodiversidade global.

Acadar estes obxectivos é unha obriga das administracións que teñen competencia sobre dos territorios a conservar.

A Rede Natura 2000 en España e Galiza

España

En España hai 1.467 ZECs ocupando rexións bioxeográficas Atlánticas, Alpinas, Macaronésicas e Mediterráneas, e augas de rexións mariñas Atlánticas, Macaronesias e Mediterráneas. Supoñen unha zona de conservación do 27% do territorio, que son 210.000 km2 de medio terrestre e 72.500 km2 de mar. Os hábitats catalogados son 118 e a lista de especies de interese de conservación é de 263, das cales 125 son de conservación prioritaria. As zonas de especial protección das aves son 644 espazos. Segundo as directrices europeas, a rede estatal de conservación foi declarada como incompleta en 2011 e actualmente está no proceso de ampliación.

Galicia

A rede galega de espazos naturais, que ampara todos aqueles declarados por normativas autonómicas, estatais ou da Unión Europea ou convenios internacionais; supoñen o 12% da superficie do territorio galego. A rede galega ampara a costas e o medio mariño, lagoas e ríos, serras ou fragas. O fomento, a consolidación, a promoción e o control de actividades na Rede Natura no territorio galego correspóndelle á Goberno de Galicia. Porén, correspóndelle ao Goberno Español a realizar as propostas de LICs, e declarar os ZECs e ZEPAs cando os espazos considerados son áreas mariñas de soberanía e xurisdición estatal. A base reguladora dos espazos é a Lei 9/2001 da conservación da natureza. O goberno galego establece a través do "plan de ordenación de recursos naturais (PORN)" o xeito de aplicación da lei do 2001 e o regulamento de conservación da natureza do 2007 como se implementan os obxectivos da Rede Natura 2000 no territorio galego.

Galicia conta con 59 ZECs, que son 375.754,19 ha. (348.308,69 terrestres e 27.445,50 mariñas) e con 16 ZEPAs, que son 101.469,41 ha. (88.405,34 terrestre e 13.064,07 mariñas). Estas zonas están clasificadas a nivel bioxeográfico como de área litoral, zonas húmidas, corredores fluviais ou áreas de montaña. 55 do 59 ZECs están dentro da rexión bioxeográfica Atlántica, e os demais na Mediterránea.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Rede Natura 2000 Historia da Rede Natura 2000 A Rede Natura 2000 A en España e GalizaRede Natura 2000 NotasRede Natura 2000 Véxase taménRede Natura 2000

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ALisboaMitoloxía galegaCalcioMadridPanteón Real da Catedral de SantiagoIrene GonzálezFeliciano RolánOrdoño III de León9Couto MixtoMundial de Fútbol de 2018 - Grupo BBoyanka Kostova (grupo musical)Celso ParadaJosé Miñones (homónimos)Ricardo Varela SánchezAlemañaMaría I de EscociaMiñocaResistencia (libro)DonicelaNegreiraMáis alá!Historia da lingua galegaPartido Independentista PortorriqueñoLedicia CostasEl Correo GallegoFelipe Senén LópezManuel MaríaCemiterio de Santo Amaro da CoruñaRonnie Thompkins1994SaramagoMaría MariñoRomaIndiaAndorraXosé Luís BernalFerrolÁreas lingüísticas do galegoEstípite (arquitectura)BulgariaLe MondeJosé Pablo del Bado RivasFesta da ReconquistaCopa do Rei de fútbolLuís TorrasNatalia Puente PradoGalego-portuguésJesús Vázquez AlmuíñaLagarto arnalLinguas indoeuropeasHarvard University PressXabier DeiveAustriaLingua francesaInglaterraSalgueiroPanteón de Galegos IlustresAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoInternet Movie DatabaseAnselmo López CarreiraA fiestra valdeiraVogais da lingua galegaSantoalla do Monte, PetínAutismoHeorhiy NarbutO CarballiñoProduto interior brutoPontevedraTeixugoEscola de Frankfurt🡆 More