Kiko Da Silva: Ilustrador galego

Francisco Javier da Silva Irago, coñecido artisticamente como Kiko Da Silva, nado en Vigo o 20 de xuño de 1979, é un autor de banda deseñada historietista, ilustrador e director editorial galego.

Infotaula de personaKiko da Silva
Kiko Da Silva: Traxectoria, Ilustracións, Outros
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPontevedra Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Educacióncampus de Pontevedra
Facultade de Belas Artes de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante de banda deseñada , artista de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webkikodasilva.blogspot.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: dasilvakiko Twitter: dasilvakiko Instagram: kikodasilva Bitraga: 3727 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Kiko Da Silva: Traxectoria, Ilustracións, Outros 
Presentación d´A Arte de trobar en Pontevedra, na Casa das Campás, o 20 de decembro de 2017. Na imaxe, Xaime Toxo, Manuel Bragado, Santiago Lopo e Kiko da Silva

Xa de novo, con 17 anos, acadou o premio Ourense de Banda Deseñada ó mellor autor afeccionado. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na facultade de Pontevedra.

En 2002 comezou a publicar a serie Fiz nos biosbardos no semanario infantil Golfiño, distribuído por La Voz de Galicia, con historietas autoconclusivas dunha páxina a cor. Fiz, o protagonista, era un cativo cunha estraña afección aos residuos orgánicos.

Dirixe a revista de historietas semestral BD Banda, ademais de publicar algunhas historietas. A publicación naceu promovida polo propio Da Silva e Cano Paz, e contou con apoio institucional do concello de Pontevedra a partir do segundo número. En 2007 a publicación profesionalizouse coa colaboración da Editorial Kalandraka, sendo relanzada cun novo número un e distribución estatal cunha dobre edición en galego e castelán.

Participa na revista de historietas infantís Mister K con dúas series fixas: "Clases con guasa" (peripecias de Guasa, un estudante lacazán e non moi intelixente) e "TurisTeo" (relacionada co mundo das viaxes e con Teo como "presentador" da serie). Tamén debuxaba con frecuencia historietas da sección de actualidade ou tema de portada. Logo de colaborar nesta publicación, pasou a publicar de xeito esporádico en El Jueves, co personaxe Emilio Eurista.

Dirixe a revista cómica Retranca e colabora habitualmente con La Voz de Galicia nas edicións locais de Pontevedra e Vigo, amais de ilustrar os monólogos de Róber Bodegas. No 2012 fundou a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada e ilustración de Galicia, coñecida como O Garaxe Hermético, na que traballa como mestre.

Kiko Da Silva: Traxectoria, Ilustracións, Outros 

Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 foi candidato na lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra. Repetiu candidatura nas de novembro do mesmo ano.

Ilustracións

No sector da literatura infantil, iniciouse en 1996 co libro Laia, a nena da illa (Xerais, 2006) ao que seguiu en 1998 co libro de Dolores Rial Fernández O cumpreanos do rei Pericón (Ir Indo) ou O pirata Xocas (Ir Indo). Posteriormente ilustrou varios libros para a editorial Kalandraka: A memoria das árbores (2000), Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis (2000), de Chema Heras, Moncho e a mancha (2002, escrito por el mesmo) ou Rato de Campo e rato de cidade (2004), no ano 2007 publica "Que contan as ovellas para durmir" (Galaxia) e en 2019 Orestes perde o sentido (Xerais).

Outros

  • En 2007 foi galardoado co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra polo "seu compromiso constante co galego, sendo un exemplo de normalidade no uso da nosa lingua desde o mundo da ilustración, do humor gráfico e da banda deseñada".
  • Tamén pintou un mural para unha biblioteca pública en Pontevedra.
  • En 2018 estaba traballando na realización da súa primeira novela gráfica, Baixo a sombra das pedras flotantes.
  • Gañador do premio Castelao 2014 coa obra O inferno do debuxante, publicada en 2016.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Kiko Da Silva TraxectoriaKiko Da Silva IlustraciónsKiko Da Silva OutrosKiko Da Silva NotasKiko Da Silva Véxase taménKiko Da Silva1979Banda deseñadaVigo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Juan TallónLista de programas de Televisión EspañolaPaulino PereiroDionisio de BizancioMarcos CalveiroIntersindical Nacional dos Traballadores GalegosEva CárdenasArturo Fernández (xornalista)ConxugaciónMonforte de LemosCogomeloCanle (enxeñaría)Mary Harris JonesLucía VeigaLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming1 de maioMaría SolarEspañaLuís Amado CarballoProvincia de OurenseJoan Prim i PratsBaby ReindeerPilar CernudaO Alto do Rodicio, As Chás, MacedaLista de nomes masculinos en galegoBidueiroJudas PriestLeopoldo RubidoRosalía de CastroA memoria da choivaGalicia na Idade ModernaOzzy OsbourneMasturbación coas mamasNicolás González CasaresCaso Asunta BasterraPerífrases verbais galegasOurenseAntigo RéximeWikipediaISBNAlbaceteJordi HurtadoNaomi WattsManuel Vázquez OuteiriñoAno Santo XacobeoMaruca do MediterráneoGatipedroGabriel García MárquezJulieta SerranoCangasEva Iglesias MiguénsDavid PearseEleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017Anxo AngueiraBulgariaOs posesivos galegosXunta Suprema do Reino de GaliciaComarcas de GaliciaBugalloPaulo CarrilCopa da CostaOrraca de Galicia, Castela e LeónJake GyllenhaalParadigmas dos verbos irregulares galegosOliver ReedIrmandiñosLU-539Paul AusterXosé Luís Méndez FerrínBrenda BlethynOllomol2014Pedro RieloTeresa RiberaViana do Bolo🡆 More