7 De Outubro: Data

O 7 de outubro é o 280º día do ano do calendario gregoriano (281 nos anos bisestos).

<< Outubro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
2024
Todos os días
6 de outubro
 
7 de outubro
 
8 de outubro

Quedan 85 días para finalizar o ano.

Acontecementos

7 De Outubro: Acontecementos, Nacementos, Mortes 
Batalla de Lepanto
  • -539: O exército de Ciro II de Persia entra en Babilonia.
  • 1072: Sancho II o Forte, rei de Castela, é asasinado xunto ás murallas de Zamora por Bellido Dolfos.
  • 1407: O decano da facultade de medicina de París, Johannes Leporis, realiza na persoa do bispo de Arras a primeira disección coñecida.
  • 1558: Filipe II de España impón a censura previa para o que se publique ou se introduza en España.
  • 1571: Batalla de Lepanto, na que o poder marítimo dos turcos foi abatido pola Liga Santa: España, Roma e Venecia, so mando de Xoán de Austria.
  • 1625: O duque de Medina-Sidonia, gobernador de Andalucía, repele un ataque inglés por mar contra a cidade de Cádiz.
  • 1736: Augusto III, duque de Saxonia, funda a Orde de San Henrique.
  • 1737: Un furacán causa a morte dunhas 300 000 persoas no golfo de Bengala.
  • 1813: O exército anglo-luso-español, baixo o mando do Duque de Wellington penetra en Francia na persecución do exército francés e dá fin á guerra da independencia.
  • 1841: Repélese a sublevación dun rexemento encabezado polos xenerais Concha e León, que asalta o Palacio Real para apoderarse da raíña Isabel II. Os rebeldes foron vencidos.
  • 1872: Comenza un grande incendio que en dous días devasta máis de 8 quilómetros cadrados, destrúe 17 450 edificios de Chicago e causa a morte de 200 persoas.
  • 1877: Arxentina: o doutor Adolfo Alsina e o xeneral Bartolomé Mitre, adversarios políticos, dan unha aperta publicamente na Praza de Maio.
  • 1879: Asínase en Viena o Tratado de dobre alianza entre Alemaña e Austria.
  • 1881: María Castells e Vallespí é a primeira muller que obtén o doutoramento en medicina.
  • 1886: Abolición da escravitude en Cuba.
  • 1903: O norteamericano Samuel Pierpont Langley fracasa na súa tentativa de facer voa-lo seu avión ao lanzalo cunha catapulta fixada nun pontón.
  • 1904: George Heath gaña na primeira carreira de automóbiles, celebrada en Westburg, Long Island (EUA), cun "Panhard".
  • 1904: Un tratado franco-español sobre Marrocos garante a soberanía española sobre o Rif e recoñece a Francia o dereito de "vixiar e asistir" o sultán.
  • 1904: Chega o vapor inglés Nol Argomant, con máis de 100 turistas a Palma.
  • 1904: A frota rusa do mar Báltico leva áncoras de Libau.
  • 1908: A anexión de Creta a Grecia, ameazou cun conflito armado con Turquía.
  • 1908: Nota do goberno austro-húngaro a Turquía sobre a anexión de Bosnia.
  • 1909: Estréase en Moscova a ópera O galo de ouro, de Rimskii-Korsakov.
  • 1909: Nunha entrevista, o xeneral D'Amade afirma que os españois ameazan a Francia en Marrocos. Ao sabelo o presidente do Consello, faino pasar á reserva.
  • 1912: Inaugurase as obras do porto de Valparaíso.
  • 1915: O rei Constantino I de Grecia forma novo goberno.
  • 1916: O presidente da República de México, Venustiano Carranza, prohibe as corridas de touros.
  • 1916: O quinto empréstito de guerra alemán achega dez mil millóns e medio de marcos.
  • 1916: Tropas alemás e austríacas conquistan Kronstadt (Brasov), en Romanía.
  • 1917: O xeneral xefe do arsenal de Cádiz queda cesado ao escapar un submarino alemán que estaba retido no mesmo porto.
  • 1920: O secretario xeral da Sociedade de Nacións convoca os estados asociados á conferencia de Barcelona.
  • 1921: Walter Rathenau fixa co ministro francés as prestacións que a industria alemá debe realizar como parte das reparacións de guerra.
  • 1924: Numerosas tropas concentráronse en Veracruz, co obxecto de saír na persecución dos continxentes de bandidos que aterrorizan a rexión.
  • 1925: A bailarina estadounidense Josephine Baker debuta na Revista negra no music-hall dos Campos Elisios.
  • 1926: Un decreto lei converte o partido fascista no partido único de Italia.
  • 1928: Comeza en Berlín a primeira exposición aeronáutica internacional de despois da guerra.
  • 1933: André Malraux publica A condición humana.
  • 1934: Réndese a Generalitat de Cataluña ás tropas do capitán xeneral da IV División militar, Domingo Batet, tras a rebelión do día anterior.
  • 1935: Fúndase a Federación para a protección dos escritores alemáns, presidida por Thomas Mann.
  • 1936: Apróbase o Estatuto de Autonomía do País Vasco.
  • 1936: Chega a Moscova o embaixador de España na URSS, Marcelino Pascua.
  • 1937: O autoproclamado Goberno do xeneral golpista Francisco Franco institúe por decreto o Servizo Social da muller.
  • 1939: Estréase en Barcelona a película Carmen la de Triana, interpretada por Imperio Argentina e Rafael Rivelles.
  • 1939: As emisoras de radio españolas quedarán suxeitas a censura.
  • 1940: Ernest Hemingway publica a obra Por quen dobran as campás.
  • 1942: As tropas xaponesas evacúan as illas Aleutianas.
  • 1944: Dumbarton, dos Estados Unidos, reúne os representantes dos Estados Unidos, URSS, Gran Bretaña e a China nunha conferencia para establecer as bases da ONU e do Consello de Seguridade.
  • 1945: O xintoísmo deixa de ser a relixión do estado do Xapón.
  • 1947: O primeiro ministro británico Attlee destitúe once dos seus ministros.
  • 1948: Estréase en Minnesota o Círculo de xiz caucasiano, obra de Bertolt Brecht.
  • 1948: Joaquín Ruiz-Giménez Cortés, nomeado embaixador de España ante a Santa Sé.
  • 1949: Proclamación da República Democrática Alemá na zona de ocupación soviética, polo Consello do Pobo.
  • 1950: O sha Reza Pahlevi inaugura en Teherán o primeiro Senado da historia de Irán.
  • 1950: 30 000 soldados chineses invaden o Tíbet e toman o control da política exterior até que se asine o tratado chinés-tibetano.
  • 1952: Estréase en Barcelona a película Amaya, dirixida por Luis Marquina, e protagonizada por Susana Canales e Julio Peña.
  • 1953: O coñecido cirurxián estadounidense Eugene Muron Bricker comunica a substitución con éxito da vexiga urinaria por un anaco de intestino delgado.
  • 1956: Golda Meir, ministra de Asuntos Exteriores de Israel, declara que, ante a incapacidade da ONU, o seu país devolverá golpe por golpe.
  • 1957: Inauguración da central térmica de Escombreras.
  • 1958: O presidente paquistaní, Iskander Mirza, declara a lei marcial suspendendo a constitución e a asembleas parlamentarias como resposta ás malas colleitas e á corrupción.
  • 1959: O Lunik III obtén as primeiras fotografías do lado oculto da Lúa.
  • 1965: Implántase o estado de sitio en Portugal para combater a folga de servizos públicos.
  • 1967: Primeiro concerto oficial da orquestra Ciutat de Barcelona, dirixida por Antoni Ros-Marbà.
  • 1969: O presidente brasileiro Garrastazu Medici é designado xefe de Estado.
  • 1975: A guerra civil do Líbano redobra a súa violencia no Beirut.
  • 1975: O presidente mexicano, Luis Echeverría Álvarez, ratifica a súa petición de que España sexa expulsada da ONU.
  • 1977: Máis de 100 000 vascos maniféstanse a favor da autonomía de Euskadi.
  • 1978: Decrétase o alto o fogo en Beirut.
  • 1980: O grupo catalán Comediants estrea na sala Olimpia, de Madrid, Sol, solet.
  • 1982: Os deputados suecos elixen a Olof Palme xefe do Goberno.
  • 1985: Un comando palestino secuestra o transatlántico italiano "Achille Lauro" e entréganse ao día seguinte despois de matar un pasaxeiro.
  • 1985: Graves enfrontamentos raciais no suburbio londiniense de Tottenham.
  • 1986: O Papa Xoán Paulo II remata a súa estadía en Lión (Francia) despois de facer xa tres viaxes a este país no seu pontificado.
  • 1989: O Partido Democrático de Botswana, no poder dende a independencia en 1966, gaña amplamente as eleccións lexislativas.
  • 1989: O presidente arxentino, Carlos Menem, firma os decretos que indultan os procesados por delitos cometidos na ditadura.
  • 1989: A celebración do corenta aniversario da fundación da RDA acompáñase das maiores manifestacións de protesta dende o 17 de xuño de 1953.
  • 1990: O Partido Socialista de Austria gaña as eleccións parlamentarias.
  • 1990: Os estadounidenses Joseph E. Murray e E. Donnall Thomas obteñen o Premio Nobel de Medicina.
  • 1991: Croacia e Eslovenia convértense en repúblicas independentes ao separarse de Iugoslavia, tras concluír a moratoria de tres meses prevista nos acordos de Brioni.
  • 1992: Abimael Guzmán, dirixente de Sendeiro Luminoso, queda condenado a cadea perpetua polo tribunal peruano.
  • 1993: Acórdase a cesión da xestión do 15 % do IRPF ás comunidades autónomas.
  • 1993: Outorgado o Premio Nobel de Literatura á escritora estadounidense Toni Morrison.
  • 1999: Os Reis inauguran o Gran Teatro do Liceo de Barcelona, reconstruído tralo incendio de 1994 que o deixou calcinado.
  • 2002: Un mozo de trece anos convértese na oitava vítima, en catro días, dun francotirador que actúa nos arredores de Washington.
  • 2003: Os "pais" da Constitución española conmemoran o 25 aniversario da Carta Magna cunha petición de consenso para acometer posibles reformas.
  • 2003: A poetisa sevillana Julia Uceda gaña o Premio Nacional de Poesía.
  • 2003: Unha matanza entre etnias rivais causa 65 mortos nunha aldea do noroeste da República Democrática do Congo.

Nacementos

7 De Outubro: Acontecementos, Nacementos, Mortes 
Desmond Tutu

Mortes

7 De Outubro: Acontecementos, Nacementos, Mortes 
Ramón Tojo Pérez

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: Nosa Señora Virxe do Rosario (Patroa da Coruña). San Marcos (Papa); Xulia e Xustina (Virxes); Elano, Serxio, Baco, Leopardino, Nabor, Marcelo e Apuleio (Mártires); Gustavo, Augusto e Canoco (Abades); Paladio, Rigaldo, Cuarto e Eleuterio (Bispos); Adalxio e Igaldo (Eremitas).

Os 366 días do ano

Tags:

7 De Outubro Acontecementos7 De Outubro Nacementos7 De Outubro Mortes7 De Outubro Festas e celebracións7 De Outubro Outros7 De OutubroAno (astronomía)Ano bisestoCalendario gregorianoDía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MorañaPablo Carpintero AriasYouTubeProvincia da CoruñaClub Deportivo ArenteiroSete SabiosMexacánRosario DúrcalDaniel Castro GarcíaPRECAlexandre BóvedaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2020Longa distancia RenfeLingua casteláHistoria de ArmeniaLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingSonia FerrerGala Murguía de CastroTrevo brancoTeoría de gruposAlfabeto galegoStanley KubrickAlba ManceboBloque Nacionalista GalegoJosé María CanedaRochoXurxo de CapadociaO pensadorUnión EuropeaÁlex FidalgoMiguel Anxo BastosEsvásticaFrancisco de QuevedoMagnesioPablo PicassoÁ lus do candilGatipedroMeigaHelsingin JalkapalloklubiMiguel Ángel MuñozMaría LadoLista de voces dos animaisLapa (molusco)Alfonso RuedaMarilar AleixandreManuel Curros EnríquezAmeixa (molusco)María JamardoColocación do pronome átono en galegoAna TurpinFillas de CassandraGrupo EroskiViveiroAgustina de AragónC++PoloniaXabarín ClubGalego-portuguésRaúl Soutelo VázquezHindemburg Melão Jr.ReconquistaPremio Nacional de Literatura de EspañaValenciaSete Sabios da Fraga de BambúJorge Cuña CasasbellasLeón, EspañaXosé Neira VilasManuel AzañaMPep GuardiolaAmérica-GaliciaDía do LibroAs Pontes de García RodríguezLingua éuscaraAndorraEspañaRede privada virtual🡆 More