Josep 'Pep' Guardiola i Sala, nado en Santpedor (Barcelona) o 18 de xaneiro de 1971, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español, que dirixe o Manchester City dende 2016.
Amplamente considerado como un dos mellores adestradores de tódolos tempos, é o segundo técnico con máis títulos da historia, cun total de 38, só por detrás de Alex Ferguson. Entre as súas conquistas conta con tres Ligas de Campións da UEFA, tres ligas españolas de Primeira División, tres Bundesligas alemás, cinco Premier Leagues inglesas. É ademais o único adestrador con catro Copas Mundiais de Clubs e o único en ter gañado en dúas ocasións o triplete de liga, copa e máxima competición europea (unha co FC Barcelona e outra co Manchester City).
Como futbolista xogaba de centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira deportiva no Barcelona, co que gañou seis ligas e unha Copa de Europa entre outros títulos. Foi internacional coa selección española, coa que participou no Mundial de 1994 e na Eurocopa de 2000, ademais de gañar a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992.
Xogaba de centrocampista e o seu primeiro equipo foi o Fútbol Club Barcelona. Coa selección de fútbol de España disputou os Xogos Olímpicos de 1992, o Mundial de 1994 en Estados Unidos e a Eurocopa en 2000. Comezou adestrando ao FC Barcelona B, na súa primeira campaña no filial do club Catalán, onde lograría o ascenso de categoría. O 8 de maio de 2008 foi designado pola xunta directiva para adestrar ao Fútbol Club Barcelona para a tempada 2008/2009, en substitución de Frank Rijkaard, club co que acadou un fito histórico ao facer un sexteto coa consecución da Liga española, a Copa do Rei a Copa da Champions League, a Supercopa de España a Supercopa de Europa e o Mundial de Clubs.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pep Guardiola |
Predecesor: Frank Rijkaard | Adestrador do FC Barcelona 2008–2012 | Sucesor: Tito Vilanova |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Pep Guardiola, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.