O Futbol Club Barcelona B é un club de fútbol catalán, da cidade de Barcelona.
Fundouse en 1970 mediante a fusión do CD Condal e o Atlètic Catalunya e xoga actualmente na Segunda División B de España. Trátase do primeiro equipo filial do Futbol Club Barcelona.
Barcelona B | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Futbol Club Barcelona B | |||
Alcume(s) | Blaugranes, Barça Atlètic; Barça B | |||
Fundación | 1970 | |||
Estadio | Mini Estadi, Barcelona, España | |||
Inauguración | 24 de setembro de 1982 | |||
Capacidade | 15.276 | |||
Adestrador | Francesc Xavier García Pimienta | |||
Liga | Segunda División B | |||
Segunda división B | 1º (2ªB - Grupo 3) | |||
Vestimenta | Nike | |||
Patrocinador | Rakuten | |||
Na rede | ||||
http://www.fcbarcelona.com/web/castellano/futbol/futbol_base/futbol_base.html | ||||
| ||||
Polo Barça B pasaron os mellores xogadores que chegaron ao FC Barcelona procedentes da canteira barcelonista, como Guardiola, Víctor Valdés, Andrés Iniesta, Puyol, Xavi ou Leo Messi.
Inicialmente denominado CF Barcelona Atlético, foi fundado en 1970, baixo a presidencia de Agustí Montal Jr., froito da fusión e integración definitiva ao FC Barcelona do Club Deportivo Condal e do Atlètic Catalunya, dous clubs cataláns que a finais dos anos 60 asociáronse ao Futbol Club Barcelona.
O Barcelona Atlético creouse para que os mozos xogadores formados nas categorías inferiores da canteira barcelonista puidesen completar a súa formación competindo ante xogadores profesionais. En 1974 cambiou o seu nome a FC Barcelona Atlètic. En 1991 renomeuouse a FC Barcelona B por imperativo da RFEF. En 2008 recuperou o nome de FC Barcelona Atlètic e en 2010, coa chegada do presidente Rosell, mudou de novo a súa denominación a FC Barcelona B.
O estadio do Barcelona Atlètic é o Mini Estadi, con capacidade para 15.276 espectadores e cunhas dimensións de 103 x 65 metros. Está situado xunto ó Camp Nou, estadio no que xoga o FC Barcelona.
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1970/71 | 3ª | 4º |
1971/72 | 3ª | 19º |
1972/73 | Rexional | 1º |
1973/74 | 3ª | 1º |
1974/75 | 2ª | 10º |
1975/76 | 2ª | 6º |
1976/77 | 2ª | 20º |
1977/78 | 2ªB | 5º |
1978/79 | 2ªB | 4º |
1979/80 | 2ªB | 14º |
1980/81 | 2ªB | 3º |
1981/82 | 2ªB | 1º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1982/83 | 2ª | 11º |
1983/84 | 2ª | 7º |
1984/85 | 2ª | 9º |
1985/86 | 2ª | 13º |
1986/87 | 2ª | 13º |
1987/88 | 2ª | 8º |
1988/89 | 2ª | 17º |
1989/90 | 2ªB | 2º |
1990/91 | 2ªB | 1º |
1991/92 | 2ª | 6º |
1992/93 | 2ª | 8º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1993/94 | 2ª | 8º |
1994/95 | 2ª | 6º |
1995/96 | 2ª | 14º |
1996/97 | 2ª | 19º |
1997/98 | 2ªB | 1º |
1998/99 | 2ª | 20º |
1999/00 | 2ªB | 11º |
2000/01 | 2ªB | 9º |
2001/02 | 2ªB | 1º |
2002/03 | 2ªB | 2º |
2003/04 | 2ªB | 8º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2004/05 | 2ªB | 11º |
2005/06 | 2ªB | 6º |
2006/07 | 2ªB | 19º |
2007/08 | 3ª | 1º |
2008/09 | 2ªB | 5º |
2009/10 | 2ªB | 2º |
2010/11 | 2ª | 3º |
2011/12 | 2ª | 8º |
2012/13 | 2ª | 9º |
2013/14 | 2ª | 3º |
2014/15 | 2ª | — |
Xogadores históricos destacados foron, entre outros, Sergio Busquets, Cesc Fàbregas, Bojan Krkić, Pedro Rodríguez Ledesma ou Víctor Valdés.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Actualizado a 1 de setembro de 2010.
|
|
This article uses material from the Wikipedia Galego article Fútbol Club Barcelona B, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.